Os dous últimos sábados estiven colaborando nas xornadas "Os camiños de Santiago como recurso didáctico".
Para rematar a actividade fixemos unha visita ás cubertas da Catedral. Desde alí pode verse como foi evolucionando a construción pasando por diversos estilos: románico, gótico, renacentista e barroco. Tamén poden contemplarse de xeito distinto outros edificios e rúas de Santiago.
Podedes ver información sobre as cubertas na páxina: http://www.catedraldesantiago.es
Deixo algunhas das fotos que sacamos. A ameaza de chuvia fíxonos temer que non poderíamos subir, pero hoube sorte e tal como nos repetía a coordinadora María Paz Gago, ata o remato non caeu nen unha pinga.
Unha visita recomendable.
domingo, 24 de octubre de 2010
viernes, 15 de octubre de 2010
Libro colaborativo LIM
No blog Actividades LIM propóñennos participar na construción colaborativa de unidades didácticas utilizando o programa LIM, creado por Fran Macías. Estas unidades publicaranse cunha licenza Creative Commons.
Pode facerse en calquera momento do curso, creando unidades didácticas apropiadas para a época: O Samaín, O Outono, Os Dereitos Humáns, O Día da Paz, Día da Muller Traballadora, A Semana da Prensa, O Día do Libro, Día Mundial da Saúde, Galicia, Europa, As Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente... As propostas para O Samaín deben entregarse antes do 25 de outubro e as dos dereitos humáns antes do 29 de novembro.
A organización deixa aberta a posibilidade de que propoñamos máis temas.
As actividades que se entreguen antes das datas propostas formarán parte do libro que se publicará en Actividades LIM, coa posibilidade de descargalo para usar sen conexión a internet.
Na seguinte presentación pode verse como participar. Animádevos!!!

Etiquetas:
Ferramentas,
Primaria,
Proxectos colaborativos
jueves, 14 de octubre de 2010
Curso: Elaboración de materiais didácticos dixitais para a ensinanza-aprendizaxe das ciencias sociais

O relator Dn. Marco Antonio López Grande, profesor de ensino secundario e gran experto en tic, abordou neste primeiro achegamento moitas e variadas posibilidades didácticas desta plataforma. Todo o profesorado traballou sen descanso e froito desa labor o curso creado para prácticas xa ten un abundante material. Desde aquí agradezo o seu interese.
Tamén quero agradecer a labor de Dn. José Luís Barreiro e todo o equipo de Santiago que conseguiron, despois de moitas horas de traballo, que para esta data estivera funcionando esta aula virtual.
Aproveito para poñer os novos enlaces da páxina do CFR de Lugo e da súa Aula virtual Mooodle:
- CFR de Lugo: http://www.edu.xunta.es/centros/cfrlugo/
- Aula virtual Moodle: http://www.edu.xunta.es/centros/cfrlugo/aulavirtual
Etiquetas:
Actividades de formación
lunes, 11 de octubre de 2010
Mapas culturais do Consello da Cultura
Desde a páxina do Consello da Cultura temos acceso a tres mapas que tratan diversos aspectos da cultura de Galicia:
- Mapa
de equipamentos culturais de Galicia, onde se recolle a situación de espazos culturais: museos, cines, teatros, salas de informática, galerías de arte... Pódese buscar por provincia, concello ou categoría.
- Roteiros, onde se expoñen unha serie de viaxes temáticos: a Xeneración Nós, Castelao en Pontevedra, Uxío Novoneira no Caurel, Curros Enríquez en Ourense... Ten un buscador que nos permite buscar os roteiros que se poden facer a pé ou en coche e roteiros con determinadas características: catedrais, ruinas romanas...
- As
escolas da emigración é un proxecto que pretende recuperar o legado educativo da emigaración rescatando testemuños dos emigrantes. Moitos deles enviaron diñeiro a Galicia co que puideron construírse escolas ou mellorar o equipamento das existentes. A maioría destas escolas están nas provincias de Lugo e Ourense.
Neste mapa podemos ver a situación destas escolas, o uso que na actualiadade se fai delas, a súa historia, coñecer os promotores...
Etiquetas:
Actividades culturais,
Galicia,
Mapas
jueves, 7 de octubre de 2010
Actividades para grupos escolares do Museo Provincial
O Museo Provincial acaba de publicar o catálogo de actividades escolares para o curso 2010/2011. Na guía temos un resumo das actividades programadas e os niveis educativos aos que van destinadas:
Para concertar unha visita ou solicitar calquera información pódese chamar ao teléfono 982242300 ou enviar mensaxe ao correo didactica@museolugo.org
Os responsables do museo piden que os grupos non superen os 30 alumnos e que as visitas se concerten polo menos 15 días antes.
Aquí podedes ver o folleto que distribúe o Museo:
1328 PROGRAMA Actividades Escolares-curso 2010 2011
- A muralla dos nenos (2º, 3º e 4º de primaria)
- A muralla no museo (5º e 6º de primaria e 1º de ESO)
- A arte do vestido (4º e 5º de primaria e 1º de ESO)
- Algo máis que ver un cadro (4º e 5º de primaria)
- Debuxa un conto: a escola de Doloriñas (educación infantil e 1º e 2º de primaria)
- Safari no museo (1º, 2º e 3º de primaria)
- Rutas literarias (ESO e bacharelato)
- Visita de iniciación ao museo (primaria, ESO e bacharelato)
- Visita á sección de prehistoria e arqueoloxía (3º ciclo de primaria, ESO e bacharelato)
- A romanización (ESO e bacharelato)
Para concertar unha visita ou solicitar calquera información pódese chamar ao teléfono 982242300 ou enviar mensaxe ao correo didactica@museolugo.org
Os responsables do museo piden que os grupos non superen os 30 alumnos e que as visitas se concerten polo menos 15 días antes.
Aquí podedes ver o folleto que distribúe o Museo:
1328 PROGRAMA Actividades Escolares-curso 2010 2011
domingo, 3 de octubre de 2010
Curso: Elaboración de materiais didácticos dixitais para a ensinanza-aprendizaxe das ciencias sociais

O curso será eminentemente práctico no que cada asistente dispoñerá dun ordenador e desenvolverase desde o 14 de outubro ata o 1 de decembro de 2010.
Na aula virtual Moodle do CFR de Lugo irase subindo información e materiais ao longo do desenvolvemento do curso.
O díptico do curso é o seguinte:
Elaboración de materiais didácticos dixitais para a ensinanza-aprendizaxe das ciencias sociais
Etiquetas:
Actividades de formación
miércoles, 29 de septiembre de 2010
Ensino da historia a través de Google Earth
É o título co que o ITE publicou en novembro do 2009, un monográfico dedicado ás aplicacións do Google Earth nas clases de historia. En cada un dos artigos describese brevemente a ferramenta empregada e proponse varias actividades para levar á aula.
Os artigos que compoñen este monográfico son:
Os artigos que compoñen este monográfico son:
- Mapas históricos, onde se explica o funcionamento da c
apa "Mapas históricos da colección Rumsey" para comparar as fronteiras actuais coas de séculos pasados ou observar transformacións nas cidades.
- Creación de mapas propios. Utilización das ferramentas polígono e rutas para delimitar zonas que ocupaban antigos reinos, conquistas, etc.
- Creación de rutas. Outra aplicación da ferramenta rutas para debuxar traxectorias de viaxes.
- Creación de construcións opacas ou fixas. De novo coa ferramenta rutas, esta vez para debuxar murallas desaparecidas.
- Reconstrución de Roma na antigüidade. Actividades coa capa "A antiga Roma en 3D".
- Observación da paisaxe lunar. Utilizando a ferramenta "Planetas" a as capas que proporcionan fotografías das misións á lúa.
lunes, 20 de septiembre de 2010
Realidade aumentada e Ciencias Sociais
Na web wwwhatsnew.com atopo esta presentación sobre realidade aumentada con fins educativos:

No mesmo artigo hai outras tres presentacións en castelán sobre realidade aumentada e un enlace a unha colección de 13 vídeos que mostran as súas aplicacións nos museos.
Xa teño entretemento para uns días!!!

Realidad Aumentada Con Fines Educativos
Na diapositiva 28 fala de Arsights, un programa que permite obter monumentos e edificios de Google Earth para velos nunha cámara web en realidade aumentada. Hai que descargar a aplicación, instalala e buscar no Google Earth algún monumento co logo de Arsights.View more presentations from Ramiro Lopera.
No mesmo artigo hai outras tres presentacións en castelán sobre realidade aumentada e un enlace a unha colección de 13 vídeos que mostran as súas aplicacións nos museos.
Xa teño entretemento para uns días!!!
jueves, 16 de septiembre de 2010
Grupos de traballo
Remato esta serie de artigos dedicados á formación en centros cos grupos de traballo. É a modalidade máis solicitada nos CFR. Permite a posibilidade de docencia externa por unha persoa que non estea destinada no centro sede.
A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado.
Para solicitar un grupo de traballo hai que ter en conta:
A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado.
Para solicitar un grupo de traballo hai que ter en conta:
- A solicitude de preinscrición pode presentarse entre os días 14 de setembro e 17 de decembro de 2010 segundo o modelo do Anexo I.
- Unha vez recibida a solicitude a Directora do CFR asignará o proxecto a un asesor ou asesora que se comunicará coa persoa coordinadora do grupo para preparar o proxecto conxuntamente segundo o Anexo III da convocatoria.
- A solicitude de participación (Anexo II) e o proxecto de traballo deberán presentarse no prazo de 20 días contados dende a recepción da solicitude de inscricion. Na solicitude de participación deben figurar os datos dos compoñentes do grupo e estará asinada polo coordinador/a , co Vº e prace do director/a do centro sede e informe da persoa asesora. O proxecto debe entregarse en formatos papel e informático.
- A duración do proxecto está entre 20 e 50 horas. Pódese dedicar á docencia impartida por persoas non destinadas no centro un máximo do 20% das horas solicitadas.
- O número de participantes será como mínimo 5 e como máximo 12, incluída a persoa coordinadora do grupo. Poden traballar en distintos centros, pero a lo menos os dous terzos do total dos compoñentes deben pertencer ao ámbito do CFR onde se solicita. Os participantes nun grupo de traballo non poden participar noutros grupos ou seminarios permanentes. Tampouco en proxectos de formación e asesoramento coa mesma temática e tamén nas convocatorias que a consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza como incompatibles.
- No proxecto incluirase unha proposta de orzamento, que non poderá superar os 1000 €. Debe estar desglosada nos apartados: a) docencia externa, b) material funxible e bibliografía e c) desprazamentos.
- Unha vez presentado o proxecto, a comisión de selección deberá reunirse nun prazo máximo de 30 días contados a partir do día seguinte á data na que se presentou a solicitude de preinscrición.
Etiquetas:
Actividades de formación
Seminarios permanentes
É unha modalidade de formación onde se prima a colaboración entre o profesorado do grupo, que debe facer o traballo sen docencia externa, coa única colaboración do/a asesor/a do CFR. Desenvolverá un aspecto concreto do labor docente: traballar, investigar e experimentar novas propostas didácticas desde a óptica da innovación educativa, organización escolar, elaborar materiais de aula e experimentar os aspectos tratados .
A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado.
Para solicitar un seminario permanente hai que ter en conta:
Acompañando a solicitude débese entregar o proxecto segundo o modelo do anexo II da convocatoria en soporte papel e informático e co visto e praze do director ou directora do centro donde se desenvolverán as reunións do seminario.
No proxecto incluirase unha proposta de orzamento, que non poderá superar os 600 €. Neste orzamento non se contemplarán os desprazamentos dos compoñentes do seminario.
A comisión de selección do CFR realizará a selección e aprobación dos proxectos de formación presentados no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao de finalización do prazo de presentación.
A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado.
Para solicitar un seminario permanente hai que ter en conta:

- A duración do seminario está entre 30 e 50 horas.
- O número de participantes será como mínimo 3 e como máximo 6. A lo menos os dous terzos do total dos compoñentes deben pertencer ao ámbito do CFR onde se solicita.
- Os participantes nun seminario permanente non poden participar noutros seminarios ou grupos de traballo. Tampouco en proxectos de formación e asesoramento coa mesma temática.
- A sede do seminario permanente será o centro dun dos membros pertencentes ao ámbito do centro de formación.
Acompañando a solicitude débese entregar o proxecto segundo o modelo do anexo II da convocatoria en soporte papel e informático e co visto e praze do director ou directora do centro donde se desenvolverán as reunións do seminario.
No proxecto incluirase unha proposta de orzamento, que non poderá superar os 600 €. Neste orzamento non se contemplarán os desprazamentos dos compoñentes do seminario.
A comisión de selección do CFR realizará a selección e aprobación dos proxectos de formación presentados no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao de finalización do prazo de presentación.
Etiquetas:
Actividades de formación
miércoles, 15 de septiembre de 2010
Proxectos de formación e asesoramento en centros
Esta modalidade de formación ten, en liñas xerais, como obxectivo fomentar o traballo colaborativo do profesorado partindo dos intereses da maioría do claustro en aspectos xerais dos ámbitos curricular, organizativo e de investigación educativa para fomentar a súa autonomía pedagóxica e organizativa. Preténdese que interveña a maioría do profesorado do centro coordinados pola xefatura de estudos ou persoa coordinadora da formación no centro contando coa colaboración do asesor ou asesora de referencia do Centro de Formación e Recursos. Debe contar co compromiso de implantación das melloras nas áreas ou aspectos traballados para propiciar o cambio e a innovación, polo que deberá estar informado o claustro.
A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado 2010-2011.
Para solicitar un Proxecto de Fomación en Centros hai que ter en conta:
A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado 2010-2011.

Para solicitar un Proxecto de Fomación en Centros hai que ter en conta:
- Antes do día 6 de outubro de 2010 hai que facer a preinscrición mediante o formulario do Anexo I para poder realizar, coa intervención do CFR a delimitación do tema e a elaboración do proxecto. Este formulario pode entregarse no CFR mediante correo electrónico, fax ou correo postal. Debe estar asinado polo xefe/a de estudos e o director/a do centro e co selo do centro.
- A duración do proxecto está entre 30 e 50 horas. Pódese dedicar á docencia impartida por persoas non destinadas no centro un máximo do 30% das horas solicitadas.
- Un centro que teña concedido un proxecto de formación non poderá participar, no mesmo curso escolar, noutro proxecto promovido pola Administración que desenvolva a mesma temática.
- O número de participantes será proporcional e representativo do claustro, e nunca menor de 10 persoas, agás en centros con menos de 20 profesores, nos que a comisión de selección poderá reducir de xeito extraordinario o número minimo de participantes.
- A solicitude de participación presentarase segundo o modelo do Anexo II acompañado da documentación complementaria antes do día 29 de outubro. Nesta solicitude debe ir a relación do profesorado comprometido no proxecto. Debe estar asinado polo xefe/a de estudos, Vº e prace do director/a do centro e co selo do centro.
- Acompañando a solicitude débese entregar o proxecto segundo o modelo do anexo III da convocatoria en soporte papel e informático e a certificación de que foi informado ao claustro.
- No proxecto incluirase unha proposta de orzamento, que non poderá superar os 1500€. Debe estar desglosada nos apartados: a) docencia externa, b) material funxible e bibliografía e c) desprazamentos. Deberase constar expresamente que non se recibiu nin se solicitará ningunha outra axuda económica.
- A Comisión de Selección do CFR realizará a selección e aprobación dos Proxectos de formación presentados no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao de finalización do prazo de presentación.
Etiquetas:
Actividades de formación
lunes, 13 de septiembre de 2010
Cursos organizados pola asesoría de Humanística no CFR de Lugo
Por un pequeniño problema de saúde levo unha temporada na que non escribo nada. Hoxe retomo este "traballo" lembrando as actividades de formación do profesorado que se desenvolverán no Centro de Formación e Recursos de Lugo dentro da modalidade de cursos e xornadas en próximos artigos resumirei as modalidades de Proxectos de Formación en Centros, Seminarios Permanentes e Grupos de Traballo.
No Plan Anual de Formación 2010-2011 podedes acceder á convocatoria de todas as modalidades de actividades formativ
as, plans e convocatorias ofertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para este curso. Dentro deste Plan de Formación do Profesorado as actividades que se levarán a cabo pola Área de Humanística que se desenvolverán no CFR de Lugo e nas que podedes facer a inscrición son:
Esta actividade desenvolverase no primeiro trimestre deste curso escolar e o prazo de inscrición remata o 22 de setembro.
Algunhos dos contidos que se traballarán ao longo deste curso xirarán arredor da presenta
ción e deseño de materiais didácticos de utilidade para o profesorado, traballo colaborativo e proceso de creación e xestión da plataforma Moodle: descrición, configuración, características, ferramentas de comunicación, ferramentas para o traballo con textos, gráficos, presentacións, actividades interactivas, inserción de webquest, traballos colaborativos como a creación de glosario de termos, bases de datos e creación dunha wiki na aula virtual, seguemento do traballo do alumnado, xestión dun curso...
Na medida en que se vaia deseñando o curso actualizarase a información do programa tanto aquí como na páxina web do CFR de Lugo.
Este curso desenvolverase no segundo trimestre deste curso escolar e o prazo de inscrición remata o 15 de decembro.
Os contidos a traballar desenvolveranse arredor da web 2.0: características, recursos didácticos e organización, ferramentas (cartográficas, ofimáticas e organizadores gráficos), marcadores sociais, blogs, wikis, redes sociais... Esta actividade xa se realizou no curso pasado e na aula virtual do CFR quedaron os materiais que aportou o profesorado docente.
No Plan Anual de Formación 2010-2011 podedes acceder á convocatoria de todas as modalidades de actividades formativ

Esta actividade desenvolverase no primeiro trimestre deste curso escolar e o prazo de inscrición remata o 22 de setembro.
Algunhos dos contidos que se traballarán ao longo deste curso xirarán arredor da presenta

Na medida en que se vaia deseñando o curso actualizarase a información do programa tanto aquí como na páxina web do CFR de Lugo.
Este curso desenvolverase no segundo trimestre deste curso escolar e o prazo de inscrición remata o 15 de decembro.
Os contidos a traballar desenvolveranse arredor da web 2.0: características, recursos didácticos e organización, ferramentas (cartográficas, ofimáticas e organizadores gráficos), marcadores sociais, blogs, wikis, redes sociais... Esta actividade xa se realizou no curso pasado e na aula virtual do CFR quedaron os materiais que aportou o profesorado docente.
Etiquetas:
Actividades de formación
domingo, 29 de agosto de 2010
Día do blog 2010
Hoxe celébrase o "III Encontro Virtual de bloggers polo Día Internacional do Blog 2010". Hai organizados unha serie de talleres, conversacións emitidas en vídeo e foros que tocan a maioría dos temas de interese que temos o profesorado aficionado aos blogs: sociedade e cultura dixitais, educación e tics, comunicación e medios sociais, microblogging, xestión do coñecemento...
Nesta páxina podedes ver detallado o programa de actividades. Coidado co horario: se non se indica outra cousa refírese ao arxentino e hai que sumar 5 horas.
Etiquetas:
Actividades de formación,
Blog
sábado, 28 de agosto de 2010
Plantillas de Google Docs para usar na clase
O profesor Juan José de Haro comparte no seu blog Educativa catro plantillas creadas coa folla de cálculo do Google Docs que poden facilitarnos algunhas tareas cotiás na aula. Fixen a tradución ao galego destas plantillas:
- Control de clase. Libreta do profesor.
Permite levar un control de notas de clase e faltas de asistencia. Calcula a media ponderada das notas de clase e ata catro controis. - Control de ausencias.
Permite anotar as faltas de asistencia e puntualidade, facendo un resumo trimestral delas. - Fichas de titoría.
Para anotar as entrevistas e incidencias co alumnado e as súas familias. - Calendario do curso 2010/2011
A tradución desta plantilla é de Alberto Armada. No calendario poden anotarse os acontecementos do curso. Neste artigo Juan José explica como utiliza un calendario compartido por toda a clase.
Etiquetas:
Ferramentas
sábado, 14 de agosto de 2010
Presentacións de Pere Marqués
Ao longo do mes de agosto o profesor da Universidade Autónoma de Barcelona Pere Marqués publicou varias presentacións interesantes para os centros que comezan co proxecto Abalar:
29 modelos didácticos para as aulas 2.0
Descrición de distintas formas de utilizar as TIC nunha aula con encerado dixital, lector de documentos e un ordenador por alumno ou alumna. Están clasificadas en actividades centradas nas explicacións do profesorado, traballo individual do alumnado, actividades guiadas e proxectos longos. Tamén da ideas de usos das TIC nas titorías, na dirección do centro e nas familias.
18 modelos didácticos para o encerado dixital
Actualización dos traballos desenvolvidos nos últimos anos por Pere Marqués e o grupo DIM.
13 modelos didácticos para o uso do libro de texto dixital
Describe as características dos libros de texto dixital e as súas posibles utilizacións nas aulas con encerado dixital ou cun ordenador por alumno ou alumna.

Proxecto Abalar,
TIC
miércoles, 11 de agosto de 2010
Castelos de area
Este mes sigo coas actividades artísticas na praia. Aquí poño unhos vídeos con castelos de area.
Neste outro vídeo o artista canadense Maurice Bernard explica como facer un castelo. Tamén fala do tipo de pintura que fai e das razóns polas que comezou a pintar.
Neste outro vídeo o artista canadense Maurice Bernard explica como facer un castelo. Tamén fala do tipo de pintura que fai e das razóns polas que comezou a pintar.
Etiquetas:
Arte
sábado, 7 de agosto de 2010
Arte coa area
Nestes días de verán nos que a maioría visitamos as nosas fermosas praias para descansar, ocurréseme déixarvos estes vídeos que ilustran algo distinto que se pode facer coa area.
A artista do primeiro vídeo é Kseniya Simonova, gañadora do concurso televisivo Ukranian's Got Talent no ano 2009. Os outros vídeos son da israelí Ilana Yahav. Buscando en Youtube podemos ver moitos máis vídeos deste tipo.

viernes, 30 de julio de 2010
Castro de Formigueiros (Samos)
No xornal local O Progreso do día 23 de xullo entérome que que o campo de traballo que organizaban a Consellería de Traballo e Benestar e a de Medio Rural e se viña celebrando os últimos catro veráns non se fará este ano "por falta de fondos dada la situación actual" segundo Gonzalo Meixide Camaselle, coordinador dos traballos. Seguirase co seu estudio a través do proxecto de recreación virtual do luga. Faranse tarefas de consolidación dos muros e completarase cunha exposición dos achádegos atopados no museo de Viladonga.
O día 8 do outubro de 2009 escoitabamos esta nova:
O día 12 de xuño de 2010 visitei de novo este castro despois de facer a ruta pola serra do Édramo dende a estrada que sube de Samos a Airapadrón. A verdade é que merece a pena pola súa importancia arqueolóxica e paisaxística. Froito desa andaina déixovos algunhas fotografías dese día a pesar da néboa que empañou o obxectivo e agardo que os traballos de excavación se retomen pronto.
A música que acompaña ás fotografías é Marcha do entrelazado de Allariz do grupo Breogán.
O día 8 do outubro de 2009 escoitabamos esta nova:
Castro Formigueiros (Reportaje Emisoras-Lugo)
O día 12 de xuño de 2010 visitei de novo este castro despois de facer a ruta pola serra do Édramo dende a estrada que sube de Samos a Airapadrón. A verdade é que merece a pena pola súa importancia arqueolóxica e paisaxística. Froito desa andaina déixovos algunhas fotografías dese día a pesar da néboa que empañou o obxectivo e agardo que os traballos de excavación se retomen pronto.
A música que acompaña ás fotografías é Marcha do entrelazado de Allariz do grupo Breogán.
Etiquetas:
Arqueoloxía,
Sendeirismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.