miércoles, 21 de marzo de 2018

Curso Aprender a pensar a través do diálogo

Aprender a pensar a través do diálogo

Desde o día 13 de marzo ata o día 18 de abril estase a celebrar, dentro das actividades programadas dentro do Plan de formación, no CFR de Lugo a actividade "Aprender a pensar a través do diálogo".
Dita actividade contribuirá a desenvolver as seguintes competencias e subcompetencias profesionais docentes:
  • Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.
  • Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Orientación pedagóxica e atención á diversidade.
Os obxectivos a conseguir:

  1. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomentan estratexias para desenvolver as habilidades de pensamento en ambientes culturais variados.
  2. Xerar oportunidades para favorecer nas aulas a aprendizaxe dialóxica, fomentando a creatividade, a tolerancia e o espírito crítico.
  3. Valorar a dimensión emocional dos procesos de aprendizaxe e ensino.
Contidos
  1. Xogar a pensar. Percibir, sentir e pensar para aprender.
  2. As habilidades de pensamento. Estratexias para o seu desenvolvemento.
  3. O diálogo como ferramenta de aprendizaxe. Aprendizaxe dialóxica.
  4. Saber, saber facer, saber ser. As competencias clave.
  5. A dimensión emocional da aprendizaxe.
A duración é de 20 h e contaremos con profesionais expertos:
  • María Carmen Loureiro López
  • María Angélica Lucas Sátiro
  • Francisco Javier Rouco Ferreiro
  • Mª Teresa Iglesias Polo
Agardo que sexa do voso interese.