viernes, 23 de enero de 2009

O Netvibes de Sociais

Levo uns días traballando co Netvibes. Este servizo está pensado para facer páxinas de inicio con datos persoais como o correo, notas, enlaces a páxinas de interese, etc., pero vin como o usa José Luis Gamboa nas súas clases de Lingua Española e decidín facer algo parecido para a páxina de Sociais.
De momento vou despaciño. Non é un traballo difícil, pero é tedioso: repetir sempre os mesmos pasos. Cada día vou engadindo dous ou tres contidos e decidindo onde colocalos.
Onde noto que aforro tempo é na consulta dos blogs que leo habitualmente. Co Netvibes vexo as últimas modificacións e vou directamente aos artigos que me interesan, polo que facilito a tarefa de pensar contidos para escribir neste blog.
Fixen unha axuda que pego máis abaixo. Pode completarse co titorial para novatos de Mr. Wally's Column.

.
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: netvibes web2.0)

sábado, 17 de enero de 2009

Arte no Google Maps

Atopei dúas páxinas que usan os servizos do Google Maps e Google Earth para visualizar pinturas utilizando imaxes de alta resolución.

O Museo do Prado está poñendo algunhas obras cunha resolución de 14000 millóns de píxels. De momento vai haber 14 obras, que xa poden verse no Google Earth activando a capa "edificios 3D" e buscando o museo. No Google Maps había 4 a última vez que mirei. Pulsando na imaxe de cada cadro ábrese unha ventá na que o mapa típico de Google é sustituído por unha pintura. Podemos usar as ferramentas de ampliación e movemento ata apreciar case as pinceladas do pintor.
Os cadros que podemos ver son:
- 'La Crucifixión', de Juan de Flandes
- 'El caballero de la mano en el pecho', de El Greco
- 'Las Meninas', de Velázquez
- 'El sueño de Jacob', de Ribera
- '3 de mayo', de Goya
- 'La Anunciación', de Fra Angelico
- 'El Cardenal', de Rafael
- 'El emperador Carlos V, a caballo en Mühlberg', de Tiziano
- 'Inmaculada Concepción', de Tiepolo
- 'El Descendimiento', de Roger van der Weyden
- 'El jardín de las Delicias', de El Bosco
- 'Las tres Gracias', de Rubens
- 'Autorretrato', de Durero
- 'Artemisa', de Rembrandt

The Kremer Collection é unha colección de pintura holandesa e flamenca do século XVII xestionada pola Fundación Aetas Aurea. Podemos ver obras de 40 artistas. Pulsando no cadro abre unha ventá na que podemos navegar pola obra.

martes, 13 de enero de 2009

Apoio para Chicass 10

Este artigo está copiado literalmente do blog Iniciarte
Hoxe queremos facervos unha proposta, Apoiar ao Blog Chicass 10, nominado como Mellor Blog do Ano por RTVE no premio Miradas2.
Para presentarvos este blog que coñecimos o verán pasado nos III Encontros Edublog que se celebraron en Santiago, escollimos esta Carta de Presentación escrita por Lourdes Barroso

"Chicass 10" no es un blog cualquiera, es una ventana abierta en el módulo de mujeres de la cárcel de Teixeiro. Es una experiencia educativa basada en el voluntariado de quienes enseñan y el coraje, la voluntad de superación, y la esperanza de un puñado de mujeres condenadas no solo a la reclusión, sino también a la exclusión social. Este blog se escribe sin Internet, porque en la cárcel no hay acceso a Internet, pero es el motor de arranque de la motivación de quienes publican en él, lo hace con esmero, es su "cuaderno de limpio", la mayor parte de ellas se están alfabetizando, nos muestra su historia y sus aprendizajes. A través del blog han buscado nuestra mirada, nuestro comentario, nuestro apoyo, que va llegando con cuentagotas. El fuerzo realizado, el compromiso, el cambio en lo personal, no se ha visto hasta ahora recompensado por parte de la administración penitenciaria, pero quizás ahora se abra una nueva oportunidad, si entre todos somos capaces de movilizarnos darles nuestro apoyo. Chicass 10 ha sido nominado como mejor blog del año por RTVE.es en los premios Miradas2, tal vez, si somos capaces reunir los votos suficientes, las cosas en Teixeiro puedan cambiar.

"Quizás non consigamos que gañen pero polo menos terán conseguido o noso recoñecemento. Necesítano e meréceno".

¡¡Vota Chicass 10!! Eu xa o fixen!
¡¡Difunde esta mensaxe!!.

domingo, 11 de enero de 2009

Antarctica:The Global Warning

Sebastián Copelang é un renombrado fotógrafo de fama internacional otorgándoselle o premio "Mejor fotógrafo Internacional del 2007". É director da Global Green USA, unha póla da Cruz Verde Internacional, organización fundada por Mikhail Gorbachev.
O seu libro "Antarctica" (35X26 cm), con introducción de Mikhail Gorbachev e Leonardo di Caprio, recolle aportacións de expertos e impresionantes imaxes co obxectivo de protexer e denunciar a ameaza do eco-sistema da Antartica como consecuencia do quentamento global. Tamén incluie un DVD con imaxe e grabacións dos maravillosos escenarios que recorreron durante as viaxes.
Podemos admirar e atopar máis información das súas fotografías e da súa obra pinchando nestes enlaces: Sebastian Copeland e en Antarctica Book.

Antarctica: The Global Warning

jueves, 8 de enero de 2009

Europeana: pensar a cultura.

A Biblioteca Dixital Europea xa está en marcha. Abriu o día 20 de novembro, pero a cantidade de visitas do día da inauguración colapsou o sistema e tiveron que pechalo ata mediados de decembro. Actualmente está funcionando en fase de probas.
A Europeana pretende reunir nunha única web arquivos culturais dos 27 paises da Comunidade Europea: bibliotecas, museos e institucións culturais poñen a disposición da biblioteca máis de dous millóns de libros, imaxes, vídeos, mapas, documentos históricos, etc. Os organizadores pretenden superar os 10 millóns de documentos no ano 2010. No listado das entidades colaboradoras vexo 5 españolas, entre elas a Biblioteca Dixital da Xunta de Galicia. Chámame a atención a ausencia do Museo do Prado.
O funcionamento da páxina de momento é limitado. Opcións como "Mi europeana", que permitirá personalizar e almacenar as buscas, aínda non está dispoñible e no buscador xa advirten de que a facilidade de uso pode que non sexa óptima na fase de probas e pode haber limitacións en horas punta.
Estiven facendo algunhas buscas e de momento nótase que máis da mitade dos fondos veñen de institucións francesas:
  • Atopei dúas imaxes de Pío Baroja, 48 recursos sobre Federico Garíca Lorca e máis de 700 sobre Claude Simón.
  • 5289 imaxes buscando Madrid, 7630 de Berlín, 23780 de Roma e 668135 de París.
  • 763 recursos buscando Goya e 873 buscando Cézanne
A pesar das limitacións iniciais, a Europeana é unha ferramenta moi interesante e pode ser unha boa fonte de recursos se consegue aumentar o número de institucións colaboradoras.

sábado, 3 de enero de 2009

Colección de mapas de David Rumsey

Mediante Blographos entérome de que parte da colección de mapas de David Rumsay pode consultarse en Google Maps e Google Earth.
A colección consta de máis de 18000 mapas dos séculos XVIII, XIX e XX. A maioría son de América, aínda que tamén hai unha pequena sección de mapas de España. O sistema usado para visualizalos é o Luna Imaging.
Coas ferramentas de Google poden consultarse actualmente uns 120 mapas, pero imaxino que esta colección seguirase ampliando.

Agardo que sexa do voso interese.