sábado, 28 de agosto de 2010

Plantillas de Google Docs para usar na clase

O profesor Juan José de Haro comparte no seu blog Educativa catro plantillas creadas coa folla de cálculo do Google Docs que poden facilitarnos algunhas tareas cotiás na aula. Fixen a tradución ao galego destas plantillas:
  • Control de clase. Libreta do profesor.
    Permite levar un control de notas de clase e faltas de asistencia. Calcula a media ponderada das notas de clase e ata catro controis.


  • Control de ausencias.
    Permite anotar as faltas de asistencia e puntualidade, facendo un resumo trimestral delas.


  • Fichas de titoría.
    Para anotar as entrevistas e incidencias co alumnado e as súas familias.


  • Calendario do curso 2010/2011
    A tradución desta plantilla é de Alberto Armada. No calendario poden anotarse os acontecementos do curso. Neste artigo Juan José explica como utiliza un calendario compartido por toda a clase.

1 comentario:

Xepinho dijo...

Grazas polo esforzo e por compartires estas plantillas. Vounas utilizar e compartir nun próximo curso no meu instituto.

Agardo que sexa do voso interese.