viernes, 31 de agosto de 2012

Danzas ancestrais na Cervela (O Incio)

Os días 26 e 27 de agosto no pobo da Cervela ( O Incio) celebraronse as festas na que catro mozos da zona bailan diante da igrexa unhas antigas danzas ao son da música dos gaiteiros e ataviados con vistosos traxes no honor de Santa Lucía.
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das imaxes que saquei o luns.

jueves, 30 de agosto de 2012

Teatros fabuloníricos de Noa Persán


Imaxe cartaz da exposición Teatros fabuloníricos, Noa Persán

Acceso ao vídeo panorámico
Ata o 16 de setembro podemos ver esta exposición de Noa Persán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos (Sede da Deputación de Lugo).
Grazas ao traballo de Suso Barral feito para a rede Museística da Deputación de Lugo, a través deste vídeo panorámico de 360º, podes achegarte a esta exposición dende o lugar onde te atopes.
Vía  Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística

miércoles, 1 de agosto de 2012

De Valdoviño a Pantín

Coa idea de percorrer as fermosas zonas que temos en Galicia e así aproveitar para facer algo de exercicio, onte fixen unha ruta dende a praia de A Frouxeira en Valdoviño ata a praia de A Roda en Pantín.
Aínda que nos avisaran de que  non se pasaría emprendemos a ruta. Bordeamos a zona costeira adentrándonos na medida do posible xa que os toxos invaden ás veces o pequeno sendeiro ao comezar o percorrido. Salvando obstáculos chegamos ao pobo de Pantín e logo baixamos a praia de A Roda para voltar pola estrada que bordea a costa.
As vistas e os recunchos son fermosos e tamén os acantilados son impresionantes. O paseo foi agradable e nos vindeiros días seguiremos bordeando as nosas costas. Agora deixo algunhas das imaxes que saquei.

Anoitecer en Valdoviño

Hoxe, comezando as vacacións e despois dunha fermosa ruta bordeando o mar dende Valdoviño ata Pantín, na praia de Valdoviño disfrutei desta panorámica ao anoitecer.
Agardo que sexa do voso interese.