martes, 26 de junio de 2012

Actividades programadas para o curso 2012-2013

A piques de que comecedes as vacacións e desexándovos un feliz verán aproveito para sinalar algunhas das actividades que dende a asesoría Lingüístico social do CFR de Lugo se van ofertar para o curso 2012-2013 e nas que xa vos podedes inscribir:
Imaxe co letra i de información
A inscrición farase entrando na aplicación fprofe.
 Actualización 28/06/2012: Tamén podedes acceder ao Plan anual de formación do profesorado

Cartaz imaxes actividades

sábado, 23 de junio de 2012

ARDE LVCVS MMXII

Un ano máis, Lugo está de festa  celebrando o ARDE LVCVS MMXII, festa declarada de Interese Turístico Galego e na  que durante tres días evocaremos o pasado romano.
Hoxe, pola mañá decidín dar unha volta e saquei algunhas imaxes onde podedes ver como estaba Lugo.

Fotos do ARDE LVCVS MMXII
ARDE LVCVS MMXII

 Agora saio para seguir disfrutando do ambiente festivo.
Programa para descargar dende a web ARDE LVCVS
Actualización 24/06/2012:   Máis imaxes no  álbum  ARDE LVCVS - II
Fotografías do ARDE LVCVS-II
ARDE LVCVS -II

viernes, 8 de junio de 2012

Día SOMOS. Dálle a volta ao mundo

Hoxe, 8 de xuño, sae coa roupa ao revés. Somos así

jueves, 7 de junio de 2012

Plans de formación permanente do profesorado. Curso 2012-2013


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca plans de formación permanente (DOG 28 de maio de 2012) para implantar en centros públicos no curso 2012-2013.
Son Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permiten deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Dese xeito o propio centro pode organizar a formación específica de todo o profesorado interesado.
Características
  • Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.
  • As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.
  • Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
  • Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
  • O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.
  • Orzamento ata 6.000 euros
Podes descargar a información e os documentos dende aquí:
Anexos para cubrir e imprimir:
  1. Anexo I
  2. Anexo II
  3. Anexo III
  4. Anexo IV 
NOTA: Incorporación de  novo profesorado ata o 30 de setembro.
Poderase solicitar a colaboración do CFR da zona.
Prazo dun mes a partires do 29 de maio 

martes, 5 de junio de 2012

Blogs de ciencias sociais premiados en Edublog 2012


A semana pasada entregáronse os VI Premios Espiral Edublogs 2012. Estiven revisando se entre os gañadores había algún de ciencias sociais. A maioría dos atopados están relacionados coa materia Coñecemento do medio de 5º e 6º de primaria pero tamén hai hai varios de historia, arte, cultura clásica e economía. Aquí deixo a lista, co medo de esquecer algún.

  • El blog de 5ºB, do CEIP San José de Calasanz de Yecla. Accesit en Blogs de profesores.
    Ten un apartado de Coñecemento do medio no que destaca unha serie de artigos de historia.
  • Obrím una finestra al món, proxecto no que participan máis de 60 centros de varias comunidades, entre eles o EPAPU de Teixeiro. Peonza de oro en Blogs colectivos.
    Este blogue trata temas relacionados con problemas sociais e dereitos humanos, buscando educar na participación. Na rede Ires podemos ler unha comunicación que parte do profesorado e alumnado participante presentaron no Simposio Internacional de Didáctica de las Ciencias Sociales. Imprescindible.
  • Chicos de 5º trabajando do Colexio Norbridge de Buenos Aires. Peonza de bronce en Blogs de centro.
    Tamén ten unha etiqueta Cs. sociais con máis de 40 entradas. 
  • Curioseo e aprendo, do primeiro ciclo de educación primaria do CEIP La Garena de Alcalá de Henares. Peonza de plata en Blogs de centro.
    A sección de Coñecemento do medio ten un menú moi divertido que enlaza recursos para utilizar nas clases.
  • El blog de quinto Pradera de la Aguilera, do CEIP Pradera de la Aguilera de Villamuriel de Cerrato (Palencia). Accesit en Blogs de centro.
    Ten unha organización en unidades didácticas para utilizar coma se fora un libro dixital. Interesante a experiencia de crear un libro para os "merlucillos" de cuarto.
  • Cataclàs, do IES Lluis Companys de Ripollet. Peonza de bronce en blogs de alumnado de bacharelato.
    Blog sobre cultura clásica no que colabora alumnado de iniciación á tecnoloxía informática e grego. En catalán.
  • L'ombra d'un somni, do INS Gallecs de Mollet del Vallès. Peonza de oro en blogs de alumnado de bacharelato.
    Outro blog de cultura clásica en catalán.
  • Noticies del día, do IES Illa de Rodes de Roses. Peonza de plata en blogs de alumnado de bacharelato.
    Blog con presentacións realizadas a partir das noticias económicas dos xornais. En catalán.
  • Mi espacio del Arte, dos grados de historia e humanidades da Universidade a distancia de Madrid. Peonza de prata en blogs adultos e universidade.
    Neste blog o alumnado de Historia da Arte comparten información sobre os seus intereses: lecturas, viaxes, museos, películas e exposicións.

viernes, 1 de junio de 2012

A muralla de Lugo en Google World Wonders

Imaxe onde se ve a Muralla de Lugo

Dende onte xa temos a nosa muralla en Google World Wonders. Podemos percorrela virtualmente e acceder á información histórica, a diferentes fotografías e a dous vídeos titulados "A Muralla na néboa"  de Círculo Visual e "Dá un paseo por Lugo" (visita por museos e espazos da cidade) feito pola Oficina de Turismo de Lugo.
Ademais da Muralla de Lugo podemos ver unha ducia de maravillas nas que se atopa a Catedral de Santiago, toledo, Salamanca, Ávila, Cuenca, Cáceres, Córdoba, o acueducto de Segovia,  as ruínas de Tarragona, Mérida e San Cristobal de La Laguna.
Fotografías da Muralla en abril do 2011. Actualmente está limpiña.
Agardo que sexa do voso interese.