lunes, 29 de diciembre de 2008

Museo da Pedra

,O Museo da Pedra atópase en Buxán, O Incio (Lugo). Foi fundado por Álvaro Pereiro Rodríguez coa colaboración do Plan Leader II no ano 1998.
No citado museo podemos apreciar pezas recuperadas dos numerosos castros do Incio ademais das obras realizadas polo autor.
A maioría das obras están feitas con materiais da zona ou zonas limítrofes: mármore branco e gris, lousa, magnesio e incluso alabastro.
Desde o traballo con Xesús Arnejo Fandiño espertando nel a vocación da escultura, dos grabados e máis da heráldica a súa obra podémola encadrar dentro da escultura realista, surrealista e incluso cubista espallándose a nivel local, nacional e incluso internacional.
Pinchándo na imaxe de abaixo podes acceder a unha visita virtual de dito museo.



miércoles, 24 de diciembre de 2008

A memoria do mar

A través de La Voz de Galicia entérome da colección de fotografías A memoria do mar, con 4.000 imaxes de 25 localidades da costa de Galicia. As fotografías foron donadas por máis de 200 persoas e recompiladas no Museo do Mar de Galicia.
Cada fotografía ven acompañada dunha breve descrición e datos sobre o formato, tipo de revelado, ton... Boto de menos información sobre a época en que foron tomadas.
A páxina ten un buscador que permite localizar as imaxes por lugar ou título. Tamén hai un blog onde se comentan varias imaxes e tradicións mariñeiras.
Como exemplo do que podemos atopar nesta páxina tomo prestada estas fotografías de A Guarda e da Ría de Ferrol.

sábado, 20 de diciembre de 2008

Moi bo Nadal

viernes, 12 de diciembre de 2008

Vídeos de Artehistoria

ArteHistoria é unha revista dixital promocionada pola Xunta de Castela e León para dar a coñecer a historia e a arte, aínda que a información que atopamos nesta páxina non se limita a Castela e León.
Hai apartados moi interesantes como as Cidades da Arte, as Obras maestras da pintura ou o Camiño de Santiago.
A primeiros do ano 2008 abriron un canal en Youtube: arteHistoria.tv, que hoxe é unha das mellores coleccións de vídeos destes temas. Todos os vídeos son producidos por Artehistoria e veñen acompañados dunha breve explicación do seu contido.
Algúns dos temas tratados nestes vídeos son:

jueves, 4 de diciembre de 2008

A Web de Sociais

Estou facendo un curso de formación a distancia de edición básica de HTML. Como traballo final teño que deseñar unha web. Total que estiven todo o fin de semana traballando en awebdesociais, para a que aproveitei parte dos materiais que xa tiña neste blog.
Aínda non a teño rematada, espero darlle outro empuxonciño no que queda de mes.
Non teño claro se despois do curso seguirei traballando nesta web. A tarefa fáiseme moi complicada e o tempo dispoñible é escaso. Pero o curso servíume para apreciar a facilidade na edición do blog e para atreverme a remexer na edición HTML dos artigos e na prantilla de deseño do blog. Como podedes apreciar, traballar no blog é moito máis sinxelo.
Espero que vos guste a web e queda aberta á vosa colaboración.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Redetic

A través do boletín nº 11 publicado pola Consellería entérome do cambio de deseño e ampliación de contidos da páxina de Rede de Centros TIC de Galicia. Vexo a páxina máis útil, con novidades como o enlace a unha colección de ferramentas web 2.0 (creación de blogs, ofimática online, recursos para imaxe, vídeo, multimedia...) e aos materiais dos cursos de formación de varios CFR, por exemplo "Unha visión europea ao traballo por competencias" organizado polo CFR de Ferrol, onde se poden ver as experiencias de Portugal e Gales.
Tamén hai unha canle de vídeos educativos en Youtube, onde destaca a serie "¿E por que?" con vídeos para Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.

Agardo que sexa do voso interese.