martes, 14 de febrero de 2017

Aprender a pensar a través do diálogo

v"Aprender a pensar a través do diálogo".Marta Arias.  CC BY-SA
Esta actividade comezará o día 20 de febreiro de 2017 e desenvolverase no salón de actos do CFR de Lugo ao longo dos meses de febreiro e marzo.
A súa duración é de 20 horas.
Obxectivos
  1. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomentan estratexias para desenvolver as habilidades de pensamento en ambientes culturais variados.
  2. Xerar oportunidades para favorecer nas aulas a aprendizaxe dialóxica, fomentando a creatividade, a tolerancia e o espírito crítico.
  3. Valorar a dimensión emocional dos procesos de aprendizaxe e ensino.
Contidos
  1. Xogar a pensar. Percibir, sentir e pensar para aprender.
  2. As habilidades de pensamento. Estratexias para o seu desenvolvemento.
  3. O diálogo como ferramenta de aprendizaxe. Aprendizaxe dialóxica.
  4. Saber, saber facer, saber ser. As competencias clave.
  5. A dimensión emocional da aprendizaxe.
Profesorado relator
  • María Carmen Loureiro López
  • María Mar Santiago Arca
  • Javier Francisco Rouco Ferreiro
  • María Angélica Lucas Sátiro
No curso creado na aula virtual do CFR de Lugo accederase á documentación e á información detallada da actividade:
https://goo.gl/3cfIyj
Agardo que sexa do voso interese.