A convocatoria está no Plan Anual de Formación do Profesorado.
Para solicitar un seminario permanente hai que ter en conta:

- A duración do seminario está entre 30 e 50 horas.
- O número de participantes será como mínimo 3 e como máximo 6. A lo menos os dous terzos do total dos compoñentes deben pertencer ao ámbito do CFR onde se solicita.
- Os participantes nun seminario permanente non poden participar noutros seminarios ou grupos de traballo. Tampouco en proxectos de formación e asesoramento coa mesma temática.
- A sede do seminario permanente será o centro dun dos membros pertencentes ao ámbito do centro de formación.
Acompañando a solicitude débese entregar o proxecto segundo o modelo do anexo II da convocatoria en soporte papel e informático e co visto e praze do director ou directora do centro donde se desenvolverán as reunións do seminario.
No proxecto incluirase unha proposta de orzamento, que non poderá superar os 600 €. Neste orzamento non se contemplarán os desprazamentos dos compoñentes do seminario.
A comisión de selección do CFR realizará a selección e aprobación dos proxectos de formación presentados no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao de finalización do prazo de presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario