lunes, 29 de septiembre de 2008

Exploración en 3D do Guernica de Picasso

Lena Gieseke é unha artista que fai animacións 3D co ordenador. Na páxina A 3D Exploration of Picasso's Guernica fai unha exploración do Guernica de Picasso na que parece que estamos dando un paseo polo interior da obra.
A música é a Nana de Manuel de Falla.

sábado, 27 de septiembre de 2008

Ferramenta de ACNUR para Google Earth

Google Earth Outreach é unha capa para Google Earth creada para difundir algunhas das actuacións do Alto Comisionado da ONU para os refuxiados (ACNUR).
Con ela podemos facer unha viaxe guiada por tres lugares con grandes actuacións de axuda aos desprazados: Dafur/Chad, Irak e Colombia. Móstranse no mapa as situacións dos campamentos de refuxiados e o impacto nos países veciños (Sudán, Siria e Ecuador). Tamén se exploran aspectos da vida dos exiliados como a educación, a saúde e a auga.
Cando pulsamos no botón de descarga da capa instálase no Google Earth e mediante o menú que aparece en "Lugares" (Introduction, Regional overview, News, Education...) podemos ir viaxando polos distintos campos que se presentan.

martes, 23 de septiembre de 2008

Web con mapas de cidades

Onte estiven revivindo a viaxe que fixen a París este verán. Na web de OnionMap temos planos interactivos de varias cidades: Madrid, París, Berlín, Roma, Praga, ...
No menú da parte inferior podemos seleccionar monumentos, hoteis, tendas, etc. Pulsando neles lévanos a súa situación no plano, con información sobre horarios, formas de chegar, etc.
Paseino moi ben recorrendo no plano as rutas que fixemos e lembrando todo o que vimos.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Programa de actividades escolares do Museo Provincial de Lugo

Un ano máis o Museo Provincial de Lugo ven de presentar o "Programa" de actividades escolares para o curso 2008-2009.
Dito programa consta de 15 actividades diferentes para todos os ciclos e idades e están ofertadas a todos os centros de Galicia.
Para concertar ou consultar calquera información pódense dirixir ao Departamento de Didáctica a través do e-mail (didáctica@museolugo.org) ou do teléfono: 982 242112. Tamén se pode facer uso do "Formulario" para solicitar a visita con grupos escolares.
Para obter máis información das numerosas actividades que desde o Museo se ofertan podemos consultar a súa páxina web.

martes, 16 de septiembre de 2008

TADEGa

Emocionoume a conferencia que impartíu Juan José Fernández García sobre TADEGa no "IX Inforensino".
Falounos sobre a realidade galega das TIC na atención á diversidade, da normativa e accesibilidade dos espazos web así como dos servizos e recursos que nos ofrecenen dita Asociación.
A cambio pídennos que pensemos na accesibilidade e usabilidade das nosas páxinas web e bitácoras, que non nos convirtamos en educadores excluíntes, falando de "atención á diversidade" e "inclusión", pero sen telos en conta nos materiais que preparamos.

Copio aquí as "Correccións manuais con sentido común" que propuxo para que as teñamos en conta nos textos e enlaces que poñamos nos blogs e páxinas web e invítovos a que entredes nesta páxina e colaboredes coa súa gran labor.


Os textos

  • Evita frases de dobre sentido ou de sentido figurado a non ser que as expliques no propio texto.
  • Un páragrafo para unha idea. Unha idea para un páragrafo.
  • Repasa o escrito, non confundas, aclara, axuda. Usa a linguaxe dos teus usuarios, non a túa.
  • Claro, conciso, amigable, familiar, cercano.
  • Organización visual dos elementos clara e ordeada.
  • Aspecto homoxéneo do deseño en todas as páxinas do mesmo sitio.
  • ¿Un texto extenso? Divídeo en partes, encabeza cada parte con títulos e subtítulos seguindo unha ordenación lóxica e congruente cun texto descritivo axeitado para cada caso.
  • Que non dependa o contido da maquetación, senón ao revés.

Os enlaces

  • ¡Non máis "pincha aquí", por favor!
  • ¿Imaxinas a cara duna persoa cega ao ler "pincha no cadro azul"?
  • Nin moitos nin poucos, os xustos para a comprensión e a usabilidade do servizo que se oferta.
  • Non xogues ás adiviñas; que teña elementos de decisión para sopesar se ir ou non a ese sitio.
  • Non enlaces a sitios externos noutra ventá. Se continúa ou non no teu sitio o decide él, non ti.
  • Dous textos iguais non poden apuntar a enlaces diferentes.
  • Dous textos diferentes non poden apuntar ao mesmo enlace.

lunes, 15 de septiembre de 2008

Cazas do tesouro

As cazas do tesouro son unhas actividades moi sinxelas coas que se pode traballar con Internet na aula. Consisten nunha folla de traballo cunha serie de preguntas e outra de enderezos web que o alumnado debe utilizar para atopar as respostas. Hai xeradores de cazas do tesouro como o de Aula 21, pero tamén se poden facer cun procesador de textos.Para faceros unha idea de como son podedes ver "La prehistoria” para 5º de primaria ou "Aprendo a ser tolerante" para 3º de ESO. Coas cazas conséguese que o alumnado aprenda os contidos do tema que estamos traballando, ao tempo que mellora as súas destrezas de lectura e compresión de textos e desenrola estratexias de busca na web.Unha vez elixido o tema e os obxectivos que imos traballar podemos preparar unha caza do tesouro redactando os seguintes apartados:
  1. Introducción. Debe redactarse de forma que capte o interese do alumnado. Nela hai que facer unha descrición do traballo a realizar.
  2. Preguntas. Temos que asegurarnos que sirvan para acadar os obxectivos propostos e que as respostas se poden atopar nun dos recursos propostos.
  3. Recursos. É importante comprobar que estan activos pouco tempo antes de levar a caza á aula. Se utilizamos cazas atopadas en Internet debemos comprobar a validez dos recursos. Se a caza se prepara para nenos pequenos non se debe pasar de un ou dous enderezos. Para os maiores pódense empregar máis, aínda que non convén empregar moitos por que pode desanimalos.
  4. A gran pregunta. Opcionalmente pode prantexarse unha pregunta que non se atope directamente nos recursos, senón que haxa que elaborala partindo da imformación atopada para responder ás outras preguntas. Tamén pódese utilizar a gran pregunta para que o alumnado faga unha valoración do aprendido ou exprese a súa opinión.
  5. Avaliación. Debemos preparar a forma de comprobar se os obxectivos iniciais se acadaron. Pódese facer en función da cantidade de respostas acertadas, pero é necesario comprobar a calidade das respostas, as estratexias de busca, valorar a forma de traballo en equipo, etc.

martes, 9 de septiembre de 2008

Google News Archive

A través de Microsiervos entérome dun novo servicio de Google, un buscador no texto dos arquivos de periódicos chamado Google News. Pódense facer buscas avanzadas indicando o idioma, o nome do periódico, o prezo do artigo (nos resultados mostra tanto os resultados nas hemerotecas gratuítas como nas de pago) e as típicas do buscador da frase completa, todas as palabras, algunha palabra...
Nas probas atopei artigos buscando en "La Voz de Galicia" e "El Correo Gallego", pero non en "El Progreso" nin en "O Correo Galego".

lunes, 8 de septiembre de 2008

Uso educativo dos blogs

No portal de Eduteka publicaron este mes un artigo sobre o uso educativo dos blogs. Fala das posibilidades dos blogs para un docente e da forma de de utilizar o RSS para facilitar o acceso ao publicado nos blogs dos estudiantes.
Complétase o artigo cun titorial sobre Wordpress, un dos servicios de publicación de blogs máis utilizados. Se preferides utilizar Blogger podedes atopar moitos na rede, por exemplo o do Seminario de blogs do IES de Villaviciosa.
Outros materiais interesantes sobre o uso dos blogs nas aulas son esta presentación de Tiscar Lara, a introducción ao uso didáctico das bitácoras de Educastur Blogs ou o mapa conceptual de Felipe Zayas que aparece citado no artigo de Eduteka.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Navegando polo tempo

Con este nome agrúpanse seis unidades didácticas de historia para o terceiro ciclo de primaria realizadas polo profesorado e alumnado de 5º curso do CP "Manuel Pérez" de Bollullos del Condado (Huelva) no curso 2003/04.
Cada unha das unidades consta de:
  • Textos preparados polo alumnado do centro coa axuda do profesor, apoiados por uns gráficos e animacións moi atractivos
  • Un mapa conceptual inicial e outro final. Nalgúnha das unidades tamén hai mapas finais preparados polos alumnos individualmente.
  • Moitas actividades realizadas con Hot Potatoes.
  • Un diccionario cos conceptos do tema.
  • Unha metodoloxía na que se explican os obxectivos, proposta didáctica e temporalización, instrumentos de avaliación e conclusións.
As unidades didácticas tratan da prehistoria, Exipto, Os pobos do Mediterráneo, Roma, A Idade Media e a época dos descubrimentos.
Agardo que sexa do voso interese.