No Plan Anual de Formación 2010-2011 podedes acceder á convocatoria de todas as modalidades de actividades formativ
as, plans e convocatorias ofertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para este curso. Dentro deste Plan de Formación do Profesorado as actividades que se levarán a cabo pola Área de Humanística que se desenvolverán no CFR de Lugo e nas que podedes facer a inscrición son:Esta actividade desenvolverase no primeiro trimestre deste curso escolar e o prazo de inscrición remata o 22 de setembro.
Algunhos dos contidos que se traballarán ao longo deste curso xirarán arredor da presenta
ción e deseño de materiais didácticos de utilidade para o profesorado, traballo colaborativo e proceso de creación e xestión da plataforma Moodle: descrición, configuración, características, ferramentas de comunicación, ferramentas para o traballo con textos, gráficos, presentacións, actividades interactivas, inserción de webquest, traballos colaborativos como a creación de glosario de termos, bases de datos e creación dunha wiki na aula virtual, seguemento do traballo do alumnado, xestión dun curso...Na medida en que se vaia deseñando o curso actualizarase a información do programa tanto aquí como na páxina web do CFR de Lugo.
Este curso desenvolverase no segundo trimestre deste curso escolar e o prazo de inscrición remata o 15 de decembro.
Os contidos a traballar desenvolveranse arredor da web 2.0: características, recursos didácticos e organización, ferramentas (cartográficas, ofimáticas e organizadores gráficos), marcadores sociais, blogs, wikis, redes sociais... Esta actividade xa se realizou no curso pasado e na aula virtual do CFR quedaron os materiais que aportou o profesorado docente.




No hay comentarios:
Publicar un comentario