martes, 26 de mayo de 2009

Home

Home é unha película dirixida por Yand Arthus-Bertrand e coproducida por Luc Besson na que, mediante imaxes aéreas, trátanse os temas medioambientais máis importantes.
Vaise estrenar o venres 5 de xuño, Día Mundial do Medio ambiente, en Youtube. É a primeira vez que unha película estrénase ao mesmo tempo en internet e nas salas comerciais. Tamén se emitirá en canles de televisións nacionais e en pantallas grandes ubicadas en lugares emblemáticos.
Hai que suliñar que cinco capas de Google Earth amosarán contidos creados polos usuarios, sinalando os sitios reais onde se difundirá a película, ofrecerán material educativo sobre os temas do film, etc
Xa teño ganas de vela!!!

En Youtube podemos ver avances do film, da rodaxe, entrevistas, etc.

sábado, 23 de mayo de 2009

Constructor

O Constructor é unha ferramenta de creación de contidos educativos dixitais creada no marco do Proxecto Atenea da Junta de Extremadura. Pode xerar 47 modelos de actividades (encrucillados, dictados de palabras ou frases, emparellamentos, composicións musicais, reconstrucción de figuras...) de forma moi sinxela. Na páxina do programa hai un curso para aprender a crear materiais con esta ferramenta.
Ten versións para os sistemas Linux e Windows. Para usar os materiais creados non fai falta ter instalado o programa: chega con ter un navegador e o plugin do Flash. Tamén pode ser necesario contar cun programa para descomprimir arquivos porque os materiais quedan empaquetados nun arquivo ZIP.
As actividades creadas co Constructor distribúense cunha licencia Creative Commons que permite a copia da obra recoñecendo ao autor, sen empregala en usos comerciais e compartindo as modificacións coa mesma licencia.
No catálogo de materiais podemos atopar actividades para todos os niveis educativos. En secundaria atopo 26 recursos para Ciencias Sociais e en primaria 74 recursos de Coñecemento do Medio.

miércoles, 20 de mayo de 2009

Educar en valores

Dous videos para reflexionar. Penso que sobran os comentarios.



Os nenos veno. Os nenos fano

lunes, 18 de mayo de 2009

ArsVIRTUAL

Ars VIRTUAL é un programa desenvolto pola Fundación Telefónica na que podemos coñecer varios monumentos de España, América Latina e Marrocos mediante visitas virtuais desenvolvidas mediante técnicas 3D.
Podemos navegar pola web mediante o menú ou cun mapa do patrimonio onde podemos ver a situación dos monumentos. Os lugares españois están clasificados en reales sitios (Granxa de San Ildefonso, Mosteiro do Escorial, Palacio de Aranjuez, etc.), templos (catedrais de León, Burgos, Sagrada Familia, Toledo e as tres culturas), patrimonio natural (As Médulas e o Parque Natural de Cabárceno) e outros monumentos (conxunto románico do Vall de Boí, Alhambra de Granada e Atapuerca). En Marrocos e América Latina de momento hai poucas visitas.
En Galicia non ten catalogado ningún monumento, quedamos ás portas coa visita Ás Médulas. Esperemos que coa chegada do AVE podan acercarse a esta terra.
Unha vez elixido o monumento ábrese unha nova ventá do navegador na que temos acceso ás distintas seccións da visita. Dependen do monumento elixido, pero na maioría podemos ver unha reseña histórica, explicación das características do monumento e imaxes panorámicas dos aspectos máis representativos. Na imaxe da esquerda temos a portada da Catedral de León.
A maioría das visitas déronme problemas no navegador Firefox porque é necesario ter instalado un control Activex que só funciona no Explorer. Algunhas, como a das Médulas poden facerse instalando o Adobe Shockwave ou o Adobe Flash Player. Cando é necesario algún destes plugins a páxina facilítanos a súa descarga e instalación, así que en pocos minutos xa podemos ver a páxina sen problemas.

viernes, 15 de mayo de 2009

Traballar coa arte

No boletín informativo nº 29 da Consellería de Educación engadiron un cadro que, baixo o título "Traballar coa arte", ofrécenos unha serie de enlaces relacionados coa arte en Galicia. De momento hai catro páxinas vinculadas:
  • Pintores de Galicia: dedicada á pintura e aos pintores contemporáneos galegos. Ten un listado dos artistas xunto ao seu lugar de nacemento e as técnicas empregadas. Podemos ver as biografías dalgúns deles. Supoño que pouco a pouco irán colocando as de todos. Tamén hai dúas pequenas seccións de escultores e fotógrafos.
    Completan a páxina un listado de museos e fundacións, outro de galerías, información sobre concursos de pintura e unha sección de actualidade.
  • Colección Caixa Nova: onde podemos ver as obras da colección de arte de Caixa Nova. Pódense buscar por autor, obra, ano ou utilizar un buscador de palabras. Hai unha área didáctica e unha colección de obras preparadas para o seu estudio, pero non puden ver ningunha destas seccións debido ao seu mal funcionamento no Firefox.
  • Sección de pintura de Cultura Galega: detallada información sobre artistas contemporáneos.
  • Museos de Galicia: páxina do MUGA (Sistema Galego de Museos). Na portada vemos unha clasificación de museos por sectores: arqueolóxicos, arte contemporánea, etnográficos, ciencia e teconoloxía...
    Para cada museo temos información sobre localización, horarios, prezo da visita, unha breve reseña da súa historia e o enlace á páxinas web.

viernes, 8 de mayo de 2009

Panorámicas xeorreferenciadas

Outro servizo para relacionar fotografías son os mapas de Google Maps. En ViewAT atopamos fotografías panorámicas cunha descrición do lugar sacada da Wikipedia e a localización do lugar no mapa. Hai unhas poucas fotografías de Galicia como a do Interior dunha palloza, O Cebreiro , Montañas de Los Ancares de Enrique Álvarez e A Torre de Hércules de Susana López, Faro Islas Cies de Ricardo Cambón, BACABÚ no Museo Provincial de Lugo e o Museo do Pobo Galego de Jesús Martínez, etc.
A páxina ten un buscador no que podemos elixir a temática das fotografías: lugares históricos, curiosidades, espazos espirituais...
Tamén poden verse as panorámicas no Google Earth aproximándose desde o espazo.
Na imaxe podemos ver a Praza do Obradoiro de Santiago durante os fogos do apóstolo. É unha fotografía de Ricardo Cambón.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Photoface

Do blog Educación Tecnológica cito outra web con outra ferramenta que nos permite realizar mensaxes de audio e embebelas no blog:

Photoface é una web de Oddcast que nos permite crear avatares e facelos falar. Podemos configurar o fondo, partes, da imaxe: cor do pelo, aspecto facial, vestimenta, sexo, idade, etc.

Escribimos o texto a escoitar e a imaxe o le coa voz elexida. Tamén a podemos grabar a través do micro do noso ordenador ou mediante o teléfono.

Create Your OwnOddcast Powered

martes, 5 de mayo de 2009

Acapela tv

Parabén a Celestino Arteta, primeiro clasificado nos premios Espiral Edublogs 09 co seu blog Educación Tecnológica dedicado ás ferramentas educativas da web 2.0.
Do citado blog recollo a web Acapela tv na que se poden crear pequenos textos e posteriormente embeber os resultados no blog convertido nun programa televisivo no que un locutor le as mensaxes en distintos idiomas.

viernes, 1 de mayo de 2009

Primeiro de maio

Para celebrar o Día do Traballo recupero estes dous vídeos promocionados pola Consellería de Traballo no ano 2008. Este ano parece que non hai nada parecido.
Están editados polo Centro Galego de Artes da Imaxe.

Agardo que sexa do voso interese.