martes, 27 de marzo de 2012

A hora do Planeta

Un ano máis, WWF convoca A hora do Planeta para demostrar que hai moitas persoas dispostas a comprometerse na loita contra o cambio climático.
Podes unirte apagando as luces o sábado 31 de marzo entre as 20:30 e as 21:30.
En Lugo tamén  se van apagar na Praza Maior. Hai que superar as 5000 cidades que no 2011 apagaron as luces dos seus monumentos!

lunes, 26 de marzo de 2012

Lembrando a Antonio Tabucchi

"É difícil ter conviccións  precisas cando se fala das  razóns do corazón, sostén Pereira."

martes, 20 de marzo de 2012

Acontecementos históricos contados en Twitter

En Soft&Apps leo dúas iniciativas para reescribir a histoira en Twitter:

Na conta @RealTimeWWII un grupo de estudantes contan acontecementos da II Guerra Mundial como se estiveran pasando actualmente. Os tweets publícanse na mesma data e hora na que aconteceron no ano 1940. Tamén pode seguirse en Facebook.


Na conta @TitanicRealTime infórmannos do afundimento do Titánic, podendo seguir minuto a minuto os acontecementos que ocurriron no barco.


Tamén podemos seguir as vidas de Jonh Ford Kennedy, Richard Nixon, Abraam Lincoln ou George Washington.
Twitter estase a converter nunha forma divertida de aprender historia.

sábado, 17 de marzo de 2012

Guía para deseñar unha secuencia didáctica

A través do Twitter atopei esta presentación de Ana Basterra. Nela pódense ver exemplos de tarefas moi interesantes e atopar consellos para o desenvolvemento das clases e para elaborar unha secuencia didáctica. Os consellos que máis me gustaron foron:
  • Propoñer tarefas, secuencias didácticas e proxectos onde o alumnado faga algo.
  • Deseñar actividades contextualizadas.
  • Empezar con tarefas cortas e próximas.
  • Prantexar actividades con sentido, relacionadas entre sí e que rematen na elaboración dun producto final.
  • Elixir actividades e tarefas que non teñan unha única solución.
  • Dar pautas ao alumando que os axude na resolución.
  • Facilitar a formación entre iguais.
  • Deixar ao alumno momentos para reflexionar no que está a aprender.
  • Corrixir os erros e aplaudir os avances do alumnado.
Na presentación están enlazadas varias tarefas relacionadas co proxecto Un billete de ida e volta, investigación sobre os movementos migratorios entre España e América.
Agardo que sexa do voso interese.