lunes, 29 de junio de 2009

A Torre de Hércules

Co título de Patrimonio da Humanidade a UNESCO intenta dar a coñecer e axudar na conservación dunha serie de lugares destacados pola importancia cultural ou natural. O programa empezou no ano 1972 e no 2008 había catalogados 878 sitios.
O sábado pasado declarouse monumento Patrimonio da Humanidade a Torre de Hercules, que se converteu no cuarto monumento galego en ser destacado tras o Casco histórico de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e a Muralla Romana de Lugo (2000).
A torre é un antigo faro romano construído no século I, que ao longo da historio sufriu varias reconstruccións. A fachada actual de estilo neoclásico é do século XVIII.

torre de hércules from Instituto Torre de Hércules on Vimeo.

Máis información:

viernes, 26 de junio de 2009

ARDE LVCVS MMIX

Esta fin de semana celébrase o Arde Lvcvs. Durante uns días compartiremos a cidade con lexionarios, patricios romanos, celtas e gladiadores. Poderemos asistir a actos como a queima da muralla, o circvs romano, vodas celtas ou visitar o campamento romano.
Podes consultar o programa das festas para ver os máis de 200 actos programados, xunto cos lugares onde se celebran.
Así que imos preparar a túnica e vémonos no campamento.

martes, 23 de junio de 2009

Fotopedia

A Fotopedia é unha enciclopedia visual creada a partir das fotografías dos usuarios. Actualmente conta con máis de 5.000 fichas e case 175.000 fotos de diversos temas, entre eles "xeografía e viaxes" e "historia, arte e cultura popular".
Cada ficha contén un breve texto en inglés extraído da Wikipedia xunto a unha colección de fotografías ordenadas mediante votacións entre os usuarios, enlaces a fichas relacionadas e, se o tema o permite, a situación no Google Maps. As fotografías da Fotopedia non teñen licencia comercial, polo que podemos usalas libremente nos traballos escolares citando a fonte.
As fotos pódense colocar no blog mediante unha presentación na que aparecen as imaxes do tema seleccionado. Por exemplo, aquí poño as da ficha sobre Argentina:



E a continuación pinturas de Vincent Van Gogh:

viernes, 19 de junio de 2009

Las alas de la vida

"No nos llevaremos nada, dejaremos hecho para los demás nuestra única forma de trascendencia" (Carlos Cristos)


Hoxe, na TVE2, proxectarase o documental "Las alas de la vida". Este documental trata sobre a vida de Carlos Cristos, un médico ao que lle foi diagnosticada unha enfermidade coñecida como "Atrofia Multisistemia". Na película vese como afronta esta enfermidade dexenerativa e relata un pouco os últimos anos da súa vida.
Este documental foi premiado no Festival de Cine de Valladolid hai 3 anos, ademais doutros premios. Tamén se proxectou na Semana de Cine Internacional de Lugo no 2007.
O equipo pedagóxico da película propón material didáctico para alumnado de secundaria a fin de reflexionar sobre os diferentes temas que o film vai plantexando a través do seu protagonista, Carlos Cristos.
O material pode ser utilizado antes de visionar a película e despois. O programa consta de: ficha técnica da película; índice dos capítulos, caderno de cuestións previas ao visionado, ficha para traballar en clase despois da proxección, apuntes de psicoloxía adolescente, propostas didácticas e metodolóxicas, así como bibliografía e lecturas relacionadas cos temas tratados.

Reportaxe sobre o documental dirixido por Antoni P. Canet.

Parte primeira

Parte segunda

Presentacións sobre Arte

As presentacións creadas con PowerPoint ou Impres son unha ferramenta moi utilizada polo profesorado de Historia da Arte, sustituíndo aos proxectores de diapositivas que empregabamos hai uns anos. En internet podemos atopar cantidade de páxinas con presentacións deste tipo:
Para rematar poño un tutorial sobre a creación dunha presentación con fotografías elaborado por Raúl Hidalgo Cortijo:
Titorial Presentacion de Diapositivas

domingo, 14 de junio de 2009

O retrato

Nestes vídeos atopados na páxina de Artehistoria fálase da evolución do retrato nas distintas etapas históricas.


Para comparar poño unha presentación sobre o retrato no século XX.

miércoles, 10 de junio de 2009

Ruta pola illa de Cortegada

O 30 de maio fixemos outra ruta dentro do proxecto "Sendas costeiras" organizado por Acivro, percorrendo a illa de Cortegada pola mañá e a illa de Arousa pola tarde.
Para empezar o día tocou madrugar: saída ás 7:30. Eu quería dormir no autobús pero non me deixaron as veciñas que non deixaban de falar.
Desde Carril leváronnos á illa nunha zodiac. Tiña medo de marearme, pero a ría estaba moi tranquila e foi unha viaxe moi agradable.
A ruta pola illa estivo guiada pola única empresa autorizada para realizar visitas á mesma. Ían explicándonos a historia da illa, detalles da capela e do poboado abandonado e as características das árbores e da vexetación atopada. Foi unha ruta sinxela e moi agradable, entre loureiros, piñeiros e carballos, etc visitando de vez en cando algunha praia pequeniña. Ao rematar voltamos a Carril na zodiac, facendo un percorrido máis longo para pasar préto das illas Malveiras e observar as bateas.
Despois de comer fixemos outra ruta máis cortiña visitando as praias da illa de Arousa. Tamén moi agradable, aínda que a calor animaba a deixar a mochila para darse un baño, como fixeron algunhas compañeiras de viaxe.

Agardo que sexa do voso interese.