martes, 28 de julio de 2009

Botarse ao monte

Onte chamáronme para avisarme de que na televisión galega estaban botando un programa sobre sendeirismo. Trátase de "Botarse ao monte", programa que vai constar de 13 capítulos duns 25 minutos de duración onde o presentación José Touriñán vai percocorrer rutas da xeografía galega informándonos do seu trazado e aconsellando aos sendeiristas dándolle un toque de humor. Á noite falou da ruta dos bufadouros en Oleiros e para a próxima semana anunciou unha en Pena Trevinca.
O guíón e a dirección do programa é de Xosé Antón Moure e Fran Vello. Vaise emitir os luns ás 21:30.
Espero que o vaian poñendo na Televisión á carta para poder ver con calma algún detalle das rutas e non andar pendente da hora nestas noites de verán.
Engadido: vexo que xa pode verse o primeiro capítulo na Televisión á carta. Os programas engádense o día seguínte a súa emisión.

lunes, 27 de julio de 2009

Playing For Change: Song Around the World


En Playing For Change os músicos non comparten escenario. No "Stand by me" os cantantes están en California, Nueva Orleans e Amsterdam, as percusións en México, Francia, Barcelona e no Congo, un saxofonista en Pisa, guitarras e Venezuela, coros en Sudáfrica, un violonchelo en Moscú... Os equipos de gravación van aos lugares onde se atopan os músicos, que teñen completa liberdade na interpretación.
O movemento foi creado por Mark Johnson coa idea de superar as distancias entre as persoas a partir da música. O resultado é unha organización sen ánimo de lucro dedicada á creación de escolas de artes nos lugares máis necesitados.
Os vídeos son espectaculares.

viernes, 24 de julio de 2009

Muíños do Folón e do Picón

O conxunto etnográfico de 31 muíños do Folón e 36 do Picón da comarca pontevedresa do Rosal está composto polo total de 67 muíños en cascada que datan dos séculos XVII e XVIII.
De Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa é o libro Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal, conxunto histórico-etnográfico de Galicia, editado pola Deputación de Pontevedra, no que sen dúbida poderemos ampliar información sobre a obra realizada polos veciños de Fornelos. Xoán Martínez Tamuxe sinala este conxunto coma "un tesouro único en Europa" polo seu emplazamento, a súa beleza paisaxística e a súa disposición escalonada.
Os muíños son de pedra, e teñen unha porta e unha ventá; A súa forma é rectangular, cunha cuberta dunha soa auga e unha soa roda. Algúns tiñan un alboio para acoller o transporte animal que chegaba. Só moían tres meses ó ano, os do inverno, porque a auga procedente do Riobó (actualmente Folón) empregábase nos campos durante o verán. Actualmente están reconstruídos e no 1998 o conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
O percorrido desta ruta que é circular ten unha distancia de 3,5 KM e pódese facer nun tempo de hora e media na que poderemos ver a molenda no primeiro muíño do Folón, o do As laxes, acondicionado como oficina de información turística. Para os que non a fixemos pode ser unha alternativa a facer no que queda de verán.

Muíños do Folón

Muíños do Picón

jueves, 23 de julio de 2009

Atlas Nacional de España

Entre as funcións do Instituto Geográfico Nacional está a elaboración e actualización do Atlas Nacional de España. En 1986 comézase a preparar o proxecto do Atlas elaborando un índice xeral e organizando 48 grupos de traballo organizados en 13 seccións para tratar todos os aspectos da xeografía física e humana de España. A edición completa finaliza en 1997.
O Atlas consta de 6 tomos ou 48 fascículos independentes. O índice toponómico está nun tomo independente. A escala dos mapas é de 1:500000. A partir do ano 2004 o Atlas distribúese como libro electrónico.
Actualmente están desenvolvendo o proxecto SIANE (Sistema de Información del Atlas Nacional de España) para crear unha ferramenta para a xestión, elaboración e publicación automatizada do Atlas. Un dos productos que pretenden obter con este sistema é a publicación na web mediante visualizadores interactivos e proporcionar servizos de geoposicionamento para a elaboración asistida de cartografía temática.
Na web do Atlas Nacional de España temos acceso a unha serie de táboas de datos xeográficos clasificadas en cinco apartados: datos xerais, datos de poboación, espacios naturais, datos de hidrografía e datos de orografía. Hai un enlace para a descarga de mapas temáticos pero non está activo.
Tamén hai dous recursos didacticos relacionados cos mapas:
  • A poboación en España, no que mediante cartografías temáticas e gráficos pódese coñecer a realidade da poboación española, a súa distribución e organización, así como a caracterización dos diferentes espacios xeográficos (comunidades autónomas, provincias e principais cidades). Os contidos están organizados para os niveis de primaria, secundaria, bacharelato e universidade.
    A miña impresión é que esta páxina non está rematada. Hai moitos materiais, pero é difícil atopar o mapa que necesitamos e faltan textos explicativos e actividades que den unha estructura de unidade didáctica.
  • España a través dos mapas. Preparado para a ESO e o 2º curso do Bacharelato. Os materiais están organizados en catro bloques: organización territorial, medio ambente, ocupación e procesos territoriais e desequilibrios territoriais. Partindo dun mapa temático faise unha explicación mediante un texto a través do cal pódese acceder aos materiais complementarios: táboas de datos, mapas, gráficos, animacións e actividades.

lunes, 20 de julio de 2009

Apolo 11

Hoxe é o 40 aniversario da chegada do home á lúa. Con este documental de History Channel atopado no canal de ianuaStela en Youtube podemos lembrar estes momentos.


Estes días imos atopar en moitos xornais e medios audiovisuais especiais conmemorativos deste feito. Irei engadindo neste post os que vaia atopando, nunca se sabe cando pode ser necesario telos a man.

sábado, 18 de julio de 2009

Rutas polo Parque Natural de Somiedo

Esta é a última excursión organizada por Acivro neste curso. Fomos tres días ao Parque Natural de Somiedo, do 5 ao 7 de xuño e fixemos dúas das rutas máis representativas do parque.
Venres, día 5: Saímos de Lugo cunha tarde chuviosa e o único que fixemos é viaxar, dar unha volta por Pola de Somiedo, tomar unha sidriña e cear.
Sábado, día 6: Fixemos pola mañá a fermosa ruta dos lagos de Saliencia, 14 km entre La Farrapona e Valle del Lago. Vimos os lagos de la Cueva, Cerveriz, Calazosa e del Valle, o maior de Asturias. Despoís de comer na localidade de Valle del Lago visitamos o Ecomuseo de Somiedo, formado polo Museo de la Casa Somedana en Veigas e o Museo de los Oficios en Pola de Somiedo.

View more presentations or Upload your own.

Domingo, día 7: Fixemos a ruta de La Peral - Vilar de Vildas, comezando coa ascensión á Fuente Las Malladas desde a que disfrutamos dunhas magníficas vistas. No descenso vimos as brañas de Los Cuartos e La Pornacal, un poboado moi ben conservado con 33 cabañas de teito. Pola tarde visitamos o Centro de Interpretación do Parque Natural de Somiedo e, cara ás 6, voltamos a Lugo.

View more presentations or Upload your own.

Como en todas as excursións de Acivro a comida foi excelente. Unha das compañeiras dixo que sempre volve das excursións pesando máis que na partida. Para facervos unha idea, a cea do venres comezou cun menú variado de tapeo con embutidos e queixos da zona, paté de cabracho, chourizos á sidra, ensalada da casa con queixo fresco, pimentos recheos e tigres. Continuou con costela con criollos e patacas fritas e para postre poidemos elixir arroz con leite, mouse de limón, tarta de hoxaldre ou tarta de queixo...
A única pega da viaxe é que o fotógrafo tivo un accidente caíndo ao voltar a Lugo, case na porta da casa. Para que digan que o monte é perigoso.
Agora a esperar ata o outono para seguir coas rutas costeiras

miércoles, 15 de julio de 2009

Instituto Geográfico Nacional (IGN)

O Instituto Xeográfico Nacional creouse o ano 1870 para realizar traballos relativos á determinación da forma e dimensións da terra, triangulacións xeodésicas e topográficas, topografía do mapa e do catastro e cuestións relativas aos pesos e medidas. Actualmente depende do Ministerio de Fomento e encárgase de tarefas astronómicas, xeofísicas, xeodésicas e cartográficas.
Entre as súas funcións está a formación e actualización dos mapas cartográficos e o mantemento do Sistema de Información Xeográfica Nacional. Para elo manteñen o Atlas Nacional de España, o Rexistro Central de Cartografía e o Nomenclator Xeográfico Nacional.
A Web o IGN é un bo lugar para atopar datos xeodésicos, cartográficos, sísmicos e volcánicos. Entre as ferramentas de esta páxina destacan:
  • Acceso ao Atlas Nacional de España, sobre o que publicarei outro artigo próximamente.
  • O visor de imaxes Iberpix, co que podemos calcular distancias, superficies e ver información dun lugar coñecendo as súas coordenadas.
  • Consulta na base de datos da Cartoteca, lugar onde se conservan uns 100000 documentos: fondos cartográficos nacionais e internacionais, tanto xeográficos como temáticos. Destacan as follas do Mapa Topográfico Nacional en escalas 1:25000 e 1:50000. Tamén se poden consultar outras bases de datos cartográficas: DIGA (Directorio de Información Xeográfica), IDEE (Infraestructura de Datos Espaciais de España) e SIGNA (Sistema de Información Xeográfica Nacional).
  • O Museo Virtual, cunha colección de imaxes de instrumentos topográficos, meteorolóxicos, astronómicos, etc. e unha sección de cartografía histórica con documentos entre os séculos XVI e XIX na que podemos buscar mediante tres índices: topográfico, onomástico e de materias.
  • Consulta de información sobre terremotos e volcáns.
  • Unha serie de cursos para facer online mediante unha plataforma Moodle. Este ano realizáronse este ano os cursos "Cartografía temática", "Infraestructuras de datos espaciais" e "Sistemas de información xeográfica" entre os meses de abril e maio.
  • A miña amiga a Terra, unidades didácticas para últimos cursos de primaria e primeiro ciclo de secundaria sobre orientación no espacio, mapas e globos, sistema solar, litosfera, hidrosfera, atmósfera e biosfera (non me funcionaron co navegador Firefox).

viernes, 10 de julio de 2009

Sorolla no Museo do Prado

Francisco Sorolla y Bastida (1863-1923) foi un dos pintores españois máis internacionais do seu tempo.Estivo en París onde se empapou dun impresionismo que marcou o seu estilo máis tarde. En Italia coñeceu a arte clásica e entrou en contacto coas vanguardias europeas.
En 1909 acadou un éxito internacional coas súas exposicións en Estados Unidos.
Practicou retratos e obras de certa carga social e tamén foi un singular cronista do costumismo español e un narrador do Mediterráneo a través dos seus lenzos que brillan pola súa luz e a súa maxia.
No Museo do Prado podemos ver unha exposición de máis de cen das súas obras entre os días 26 de maio e o 6 de setembro.
Estas obras reflexan temas desde a denuncia social, retratos ata esceas de praia como La vuelta de la pesca, Cosiendo la vela, Sol de la tarde, Paseo a la orilla del mar e as súas Visiones de España, 14 murais que pintou para decorar estancias da Hispanic Society of América.
As esceas de praia coas súas imaxes cotiás, a súa cor e a luz mediterránea siguen chamando a atención do público en xeral.

miércoles, 8 de julio de 2009

O Camiño de Santiago elixido tesouro do Patrimonio Inmaterial de España

O Bureau Internacional de Capitais Culturais seleccionou os 10 tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España mediante unha votación na que se emitiron máis de 150000 votos desde todas as comunidades autónomas e españois residentes no extranxeiro.

O terceiro lugar ocupouno o Camiño de Santiago, soamente superado pola Semana Grande de Bilbao e o Filandón de León.

O patrimonio cultural inmaterial maniféstase, en particular, nos ámbitos seguintes: tradicións e expresións orais; artes do espectáculo, como a música tradicional, a danza y o teatro; usos sociais, rituais e actos festivos; coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo; técnicas artesanais tradicionais.

Á elección tamén se presentaron a Rapa das Bestas de Sabucedo, que quedou no undécimo lugar e as Festas do Apóstolo en Santiago, no lugar 36.

Páxinas con información sobre o Camiño de Santiago:

sábado, 4 de julio de 2009

Educ@con tic

Mediante un artigo de Aulablog21 entérome da creación do espazo colaborativo Educ@contic, promovido por red.es e varios ministerios, entre eles o de Educación. Ven a continuar a labor comezada no curso pasado con Internet na aula.

Este espazo empezou a funcionar a finais de abril coordinado por Anibal de la Torre e nel colaboran profesores como Francisco Muñóz de la Peña, Mª Jesús Rodríguez e Salvador Llopis. Recollen información sobre a actualizade das TIC no ensino, experiencias e ferramentas para utilizar na aula.

O rexistro no sitio permite comentar os artigos, recibir novas do sitio e participar nas enquisas. Se xa estabas rexistrado no congreso virtual "Internet na aula" podes entrar co mesmo nome de usuario e contrasinal.

Coa etiqueta "Geografía" actualmente hai catro artigos:

  • Un pouco de astronomía . Recolle información sobre o portal de astronomía da Consejería de Educación de Murcia. Ten noticias e actividades para infantil, primaria e secundaria.
  • Xoga en Google Earth con Trentivieso . Earthquest creada por Oscar Barquin e Esther García para o alumnado de primaria.
  • Ensina o mundo submarino con Google Earth . Fala da capa sobre o mundo submarino que ten o Google Earth a partir da versión 5.0.
  • Aprende xogando co avó . Actividades para que os nenos e nenas traballen distintas materias a través de xogos. En xeografía hai xogos sobre as autonomías de España, capitais do mundo e estados de EE.UU.
Tamén hai varias entradas sobre ferramentas informáticas de interese para o profesorado de Ciencias Sociais, por exemplo unha sobre a creación de liñas do tempo con Dipity ou o uso dos viaxes virtuais nas clases de lenguas clásicas do IES Azahar de Sevilla.

jueves, 2 de julio de 2009

O mapa topográfico "máis preciso" da Terra

A NASA e o goberno de Xapón elaboraron o mapa virtual máis detallado da Terra abarcando o 99% da súa superficie.
Segundo fontes de varios xornais, o novo modelo dixital de elevación da Terra foi creado a partir de 1,3 millóns de imaxes que foron tomadas polo "Aster", un dos cinco instrumentos de observación da Terra ubicado no satélite "Terra", que se lanzou en decembro de 1999. As imaxes poden descargarse libremente de internet e a xuizo do responsable do programa "Aster", Woody Turner, "son os datos dixitais máis completos e coherentes postos á disposición do mundo".
Para Mike Abrams, científico do "Aster", a nova información topográfica "será de valor para todas as ciencias da Terra e ten moitas aplicacións prácticas". Poderá utilizarse para inxeniería, exploración de enerxía, conservación de recursos naturais, xeoloxía, loita contra os incendios...
Agora, A NASA está traballando para combinar os datos de "Aster" cos da "Shuttle Radar Topography Mision" e outras fontes para producir un mellor mapa topográfico mundial.
As fotografías anteriores corresponden ao Mapa do Mundo e ao Glaciar do Himalaia en Bhutan e a que temos a continuación ao Val da Morte , en California, segundo o novo mapa topográfico.

miércoles, 1 de julio de 2009

Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano

Hoxe pola maña recibín a invitación para a inauguración da exposición
fotográfica “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano” no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Lugo. Grazas a colaboración da Hispanic Society of America desde o día 2 de xullo e ata o 13 de setembro poderemos ver esta exposición que pertece a Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nueva York, que entre 1924 e 1926 percorreu Galicia captando en imaxes a nosa cultura e ofrecéndonos o arquivo fotográfico máis completo e amplio de imaxes de Galicia na década dos anos vinte do pasado século. Froito desa viaxe tamén é o seu libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña, editado en 1939 po la Hispanic Society e que contén 500 fotografías.
Os comisarios da exposición, Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan, levan varios anos traballado e investigando nos arquivos da institución neoiorquina para seleccionar as imaxes e textos, moito deles inéditos ata o día de hoxe.
Pola documentación e referentes obtidos aseguro que todos os aficionados á fotografía, historiadores... poderemos pasar un bo rato ollando esta prometedora exposición.

Leiteiras regresando a Carnota. Muros (A Coruña) 5 de novembro de 1924

O blog de Sociais: hoxe cumplo un aniño


Espero que a miña autora se inspire para poder usar todas as veliñas que comprei.
Agardo que sexa do voso interese.