lunes, 29 de marzo de 2010

Astro Soichi

O astronauta xaponés Soichi Noguchi está na Estación Espacial Internacional dende decembro do 2009. Podemos ver as súas fotos de distintos lugares da Terra sobre os que pasa a estación. Estas fotografías fan que sexa o astronauta máis coñecido en internet e a súa páxina en Twitter ten máis de 160000 seguidores aínda que non foi o primeiro en usar este recurso (adiantóuselle Kim Kopra). Hai dúas semanas publicou unha foto de Vigo que non identificou, poñendo como título "Name this city in Europe!", o que abriu un debate na páxina no que apareceron nomes como Estambul ou Patrás. Nalgún comentario identifícanse sitios como a Ponte de Rande ou a fábrica de Citroen. En Facebook hai un grupo no que se pide ao alcalde de Vigo que o nome fillo adoptivo.
Ademáis das imaxes de lugares podemos ver fotos espectaculares da lúa e fenómenos astronómicos como as auroras boreais.
Tamén ten un canal en YouTube con vídeos tomados dende o espacio, pero ata agora non hai moitos. O regreso de Soichi á Terra está previsto para decembro deste ano. Ata entón poderemos seguir disfrutando coas súas fotografías.

Name this city in Europe!

moon tonight. Sleep well!

Citylights, stars, and aurora.

martes, 23 de marzo de 2010

Cursos en liña: IGN-CNIG

O Instituto Xeográfico Nacional e o Centro Nacional de Información Xeográfica xunto coa colaboración da Universidade Politécnica de Madrid convocan novos cursos gratuitos en liña.
  1. Cartografía temática 6ª edición (40 horas)
  2. Infraestructuras de Datos Espaciais 6ª edición (40 horas)
  3. Sistemas de Información Xeográfica 5ª edición (40 Horas)
O prazo de inscrición comeza o día 29 de marzo ás 12:00 h e remata o día 6 de abril ás 24:00 h.
Podedes atopar máis información no enlace "Cursos e-Learning": www. ign.es na dirección www.cniq.es ou directamente en: http://ign.go-learning.net/
Para solicitar os cursos hai que rexistrarse primeiro. Na páxina de entrada á plataforma hai un video coas instruccións.
Dentro do apartado "Descripción" pinchando no enlace "Más detalles" ofrécese máis información detallada dos cursos.


(Información e imaxes sacadas da web do IGN e do CNIG)

miércoles, 17 de marzo de 2010

Up2Maps

Acabo de descubrir este servizo de creación de mapas temáticos a partir de datos estatísticos. Poden consultarse mapas do mundo ou dunha rexión determinada segundo varias categorías: demografía, educación, economía, linguaxe, relixión, ciencia e tecnoloxía...
A páxina ten un buscador que busca nas etiquetas que colocaron os creadores dos mapas. Ademais fai listados dos últimos engadidos, os máis vistos e os máis votados.
Para probar como funciona rexistreime e creei un mapa representando ao alumnado por ordenador en centros públicos de educación primaria no ano 2007 segundo datos que saquei do Instituto Nacional de Estatística. É moi sinxelo: créase unha folla de cálculo cos nomes das provincias ou comunidades autónomas e os datos correspondentes a cada unha, na páxina selecciónase o país no que traballamos e pulsamos no seu nome (enriba do mapa). Un asistente vainos indicando o que temos que facer en cada paso: elixir se imos escribir os datos ou subir a folla de cálculo, indicar en qué columna da folla están os nomes, en cal os datos e corrixir datos se hai algún problema cos nomes dos sitios.
Cando o mapa xa está creado podemos cambiar parámetros como o número de intervalos de datos e elixir se no mapa van aparecer os nomes das comunidades, etc.
¡Vou seguir practicando!

sábado, 13 de marzo de 2010

Miguel Delibes

"Al palpar la cercanía de la muerte, vuelves los ojos a tu interior y no encuentras más que banalidad, porque los vivos, comparados con los muertos, resultamos insoportablemente banales."

miércoles, 10 de marzo de 2010

Euroscola 2010

Ata o 15 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o concurso Euroscola 2010. Está convocado pola oficina do Parlamento Europeo en España en colaboración coa Representación da Comisión Europea en España.Está destinado a alumnado entre 15 e 18 anos e pódese participar formando un grupo de 10 e un profesor ou profesora. Ademais doutros premios os gañadores participarán nunha Xornada Euroescola do Parlamento Europeo en Estrasburgo.
Declarado o 2010 o ano contra a pobreza e a exclusión social a competición versará sobre esta temática a fin de concienciar ao alumnado deste problema e fomentar o voluntariado.
A inscrición e as bases do concurso podédelas atopar na páxina web.
(Información e imaxes da páxina web Euroscola 2010)

lunes, 8 de marzo de 2010

8 de marzo, día da muller traballadora

Para celebrar este día déixovos o enlace ao álbum de mulleres de cultura galega.org e o video da canción Ela de Bebe.



"Hoy vas a ser la mujé
que te dé la gana de ser
Hoy te vas a querer
como nadie ta sabio queré
Hoy vas a mirar pa’lante
que pa atrás ya te doy yo bastante
una mujé valiente, una mujé sonriente
mira como pasa".

lunes, 1 de marzo de 2010

Google Earth

Nas últimas sesións do curso Sociasi 2.0 Deseñar tarefas para desenvolver competencias na rede, Francisco Martín Castillo Rodríguez abordou no seu relatorio a temática cartográfica impresionándonos cunha abundante e interesante información sobre as súas posibilidades educativas.
Google Earth, segundo a Wikipedia, é un programa informático creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, dende galaxias do espacio ata os cañóns do océano, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google. Podemos voar a calquer lugar da terra explorando un rico contido xeográfico, gardar os lugares visitados e compartirlos con outras persoas.

Funcións de Google Earth 5:

  • Imaxes históricas de todo o mundo
  • Datos dos fondos mariños e a superficie oceánica proporcionados por expertos
  • Viaxes simplificados con posibilidade de engadir audio e grabacións de voz

A páxina oficial contén un titorial onde se describen as novas posibilidades:

(Información sacada da web de Google Earth)

Visionando os seguintes vídeos que atopei en internet podemos repasar a utilización de Google Earth e Google Street View.

Cómo utilizar Google Earth


Cómo utilizar Google Street View


Enlaces:
Portal en español de aficionados a Google Earth
Sitio Oficial de Google Earth
Google Earth Blog (español)
Web Google Earth
Coordenadas de lugares famosos, cousas raras, edificios, etc.
Catálogo monumental de España: http://www.mcu.es/archivos/MC/AGA/CME/CME.html
Comunidad educativa en torno a recursos educativos basados en Google Earth e relacionados con literatura, arte, historia, ciencias... (inglés)
A volta ao mundo en 80 minutos
Blog de Noel Jenkis
Canais de video
Eduteka:
- Google Earth en clase de xeografía: http://www.eduteka.org/GoogleEarth.php
- Proposta de actividades con Google Earth para clases de xeografía: http://www.eduteka.org/GoogleEarth2.php
Agardo que sexa do voso interese.