viernes, 13 de julio de 2012

O Museo Virtual da Cultura Castrexa

Imaxe da web do Museo Virtual da Cultura Castrexa
MUVICC
O Museo Virtual da Cultura Castrexa permítenos visitar os castros de Viladonga, Taramundi, Chao de Sanmartín, Castrolandín e Santa Trega de forma virtual  coas visitas aos castros e museos mediante unha a información de expertos con imaxes, opinións e cunha audioguía onde nos explican a vida dos habitantes destes poboados.
A este paseo virtual engádese información relacionada coa vida e cultura castrexa e tamén temos acceso ao catálogo en 3D de obxectos atopados coa imaxe e información detallada de cada peza.
Imaxe dunha  escea dunha casa moderna no castro de Viladonga
Ideal para pasar un bo rato nestes días anubrados.

miércoles, 11 de julio de 2012

A cidade na arte

Imaxe da cabeceira do blog  La ciudad en  el Arte
Cabeceira do blog
Grazas a Diego Sobrino que acaba de enviarme un e-mail recibido de Josué Llull onde solicita a difusión entre todos os membros de CLIO EN RED e agora difúndoo entre todo o profesorado lector deste blog o traballo chamado "La Ciudad en el Arte."  Este proxecto é desenvolvido polo alumnado e o profesorado de Maxisterio da Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá baixo a dirección do Dr. Josué Llull Peñalba, profesor titular da área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e de D. Isaac Pinto Gismero, xefe de proxectos informáticos da Escola Universitaria Cardenal Cisneros. O obxetivo do traballo é o estudo da cidade e o fenómeno urbano dende unha perspectiva multidisciplinar.
 Contén imaxes histórico-artísticas (pinturas, debuxos, grabados, fotos antigas, etc), textos explicativos, enlaces a páginas web de interese bibliografía e aplicacións de Google maps dedicadas a máis de 100 cidades de todo o mundo. De España temos: Alcalá de Henares, Alicante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Cádiz, Madrid (11), Salamanca, Santander, Segovia, Toledo (4), Valencia, Vitoria e Zaragoza.
 Sinalan que o proxecto está en desenvolvemento, pero agradecen a súa difusión e tamén comentarios e suxerencias de mellora.
Dende aquí os meus parabéns.
Podedes acceder dende o seguinte enlace: "A Cidade na Arte"

martes, 10 de julio de 2012

4 anos de O blog de Sociais

Imaxe dunha tarta decorada con 4 velas Xa me olvidara! O 1 de xullo de 2008 comezou a andadura este blog.
  A verdade é que cada vez cústame máis seguir o ritmo que me plantexara naquel verán hai 4 anos. Ganas non me faltan, pero ás veces fáiseme un pouquiño duro.
Agardo cumplir moitos máis  e  aínda que sexa con retraso saboreando esta tarta un bocadiño é para ti.
Apertas e feliz verán
Marta

lunes, 9 de julio de 2012

Os sete países co mellor medio ambiente do mundo

En Eroski Consumer  Alex Fernández Muerza déixanos un artigo onde analiza os sete países co mellor medio ambiente de mundo segundo o índice "Beffer Life" (Mellor Vida) da  Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).  Este índice compara a calidade do medio ambiente segundo varias variables e clasifica os países. Suecia é o país considerado co mellor medio ambiente do mundo e España queda no posto 28.
Merece a pena reflexionar sobre este punto e axudar a mellorar este ranking  e así mellorar a nosa saúde e a calidade de vida.
Pódese ampliar a  información accedendo ao artigo de Eroski Consumer.


Gráfico cos sete países co mellor ambiente do mundo
Os sete países co mellor medio ambiente do mundo
Agardo que sexa do voso interese.