miércoles, 25 de febrero de 2009

Guía Dixital de Axudas á Discapacidade

A Fundación ONCE presentou GuiaDis, a primeira Guía Dixital de Axudas á Discapacidade. Pretende dar aos discapacitados españois ferrametas para que poidan defender mellor os seus dereitos.
Na súa portada sinálase “o obxectivo desta web é facilitar ás persoas con discapacidade e as súas familias información sobre os diferentes recursos (servizos, centros, prestacións e axudas) dispoñibles nos diversos ámbitos da vida. As distintas opcións de busca permitiranlle identificalos, consultar os seus contidos, coñecer os requisitos de acceso e obter orientación sobre os procedementos e trámites necesarios para beneficiarse de cada un destes recursos”.
Guiadis ofrece catro buscadores:
  • Situación do usuario: para facer buscas segundo o tipo de discapacidade (física, mental, intelecutual, auditiva, visual), a porcentaxe de discapacidade ou o grado de dependencia.
  • Tipo de recurso: axudas técnicas, becas, beneficios fiscais, outras prestacións, prestacións da Seguridade Social, servizos. Tamén permite buscar segundo o tipo de entidade: administración do estado, comunidades autónomas, concellos, empresas, asociacións, fundacións...
  • Área de aplicación: información, educación, saúde, protección económica, emprego, fiscalidade, lexislación, vivenda, movilidade e vida diaria, transporte, accesibilidade, cultura, deporte e turismo, atención e cuidado.
  • Centros de atención: asociacións, centro de atención temprana, centro de día, centro de información, orientación e valoración, centro de rehabilitación laboral, centro de rehabilitación psicosocial, centro especial de emprego, centro ocupacional, federación, fundación, piso tutelado, residencia, confederación, administración da Seguridade Social, dirección provincial, información, orientación e prestación de servizos, cooperativa social, aulas de educación especial.
Pódense puntuar os recursos cunha puntuación que vai de 0 a 10, o que no futuro permitiranos coñecer as valoracións que outros usuarios fixeron da axuda obtida.

sábado, 21 de febrero de 2009

Historia_a_por_todas

Buscando radios escolare atopei o blog Historia_a_por_todas do alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato do IES Las Galletas de Arona (Tenerife). No blog recollen os traballos individuais e colectivos sobre a materia, moitas veces con apoio doutras ferramentas informáticas como podcast, webquest, foros e outros blogs individuais e colectivos. Tamén hai traballos de Historia de España realizados no curso 2007/08.
Neste blog hai enlazados materiais como:
O blog está proposto para o III Premio Espiral Edublogs 09 na categoría de blogs de aula. ¡Oxalá teñan sorte!

martes, 17 de febrero de 2009

Senda Verde das Carballeiras e Fervenza da Seimeira

A finais de xaneiro fixen unha ruta de senderismo pola zona dos Oscos, organizada polo Club excursionista Acibro. Tratábase de enlazar as ruta a senda verde das Carballeiras e a ruta da fervenza da Seimeira.
O día anterior non parou de chover. Durante a viaxe parecía que íamos aguantar moita auga e pensei en quedarme a durmir no autobús todo o día mentres os demáis se mollaban no paseo. Ao pouco de comezar o camiño a chuvia parou. E xa non a vimos no resto do día. ¡Parece que os organizadores fixeron tratos co clima para que toda a auga caése antes da ruta!

Saímos de Santa Eulalia de Oscos e enseguida estabamos atravesando un bosque de carballos, castiñeiros, bidueiros e abelairas. Tamén vimos uns fermosos cabalos.
Paseamos por Pumares, antiga aldea dedicada á ferrería que ahora está restaurada e dedicada ao turismo rural. A partir de aquí seguimos a ruta da Seimeira, que vai sempre pegada ao río. Coas augas dos últimos días o río estaba precioso e aparecían moitas cascadas. Os carballos e castiñeiros da ribeira daban á zona un aspecto máxico. É unha das rutas máis fermosas que fixen.

Atravesamos unha aldea abandonada, vimos as corripas para almacenar castañas, pasamos polo valle do Desterrado e chegamos a impresionante fervenza, onde pasamos un bo rato mirándoa desde todos os ángulos posibles.

Á volta subimos a aldea de Busqueimado, que ten a capela de San Pedro xunto a dous teixos que están catalogados como monumento natural. E despoís fixemos o camino de regreso a Santa Eulalia a paso lixeiro porque ían dar as tres e os de diante tiñan fame. Os últimos chegamos coa lingua fóra.

A comida estivo moi rica: pote asturiano, cordeiro e flan. Parecíame moi forte e tíñalle pánico, pero gustoume tanto que repetín dúas veces cada plato. E non foi nada pesada.

Para rematar o día fomos ao Museo Casa natal do Marqués de Sargadelos onde pasamos un rato moi agradable coas explicacións de José Luis. ¡Os que pillaron escano na mesa da cociña non querían moverse de alí e pedían o café!
Agardamos poder repetir a experiencia no outono. As diferentes vistas poden ser impresionantes.

lunes, 9 de febrero de 2009

Xeografía interactiva

Nationmaster é unha páxina en inglés na que podemos atopar información acerca de calquera país accedendo a súa situación xeográfica, aos seus censos, bandeiras, demografía, etc.
O seu creador di que vendo a páxina da CIA - The World Factbook pareceulle que os datos numéricos non teñen moito significado en si mesmos sen ferramentas que permitan comparalos cos doutros países ou relacionalos coa poboación. Así que buscou ferramentas que permiten extraer datos de distintas fontes e comparalas mediante a creación de gráficos. Na gráfica do exemplo pode verse unha comparativa da cantidade de habitantes nas cidades máis habitadas de cada país. Hai 30 categorías das que se poden ver estatísticas (industria, poboación, educación, mortalidade, xeografía, inmigración...) e en cada unha delas hai varios parámetros.
A páxina tamén ten unha sección dedicada á Educación Primaria e Secundaria cunha colección de lesson plans, indicacións de como usar os recursos da páxina nas clases e unha recopilación das preguntas máis frecuentes dos estudiantes.
Dentro da páxina podemos ver os artigos da Wikipedia na súa versión en inglés mediante un buscador ou un menú de termos relacionados coa temática do sitio, aínda que varios enlaces do menú deron erros cando os probei.
Hai unha barra de ferramentas que se pode instalar no navegador para acceder directamente ás distintas seccións da páxina, pero cando intentei instalala o meu Firefox negouse decindo que as actualizacións non son seguras. Chámame a atención unha característica desta barra: a posibilidade de buscar información no sitio facendo clic co botón dereito do rato en calquera palabra da páxina. Pero parece que vou quedar sen probala.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Google Earth 5 beta

Acabo de descargar a beta da versión 5.0 do Google Earth. Como novidades máis destacadas ten:
  • Mellora das imaxes dos mares e océanos explorando o fondo en tres dimensións, xunto con varias capas dedicadas ao seu estudo: materiais de National Geographic, Jacques Cousteau, o mapa histórico de Marie Tharp, estudo de especies protexidas, censo da vida marina, rastreo de animais, etc. A toda esta información podemos acceder coa función Ocean.
  • Mostra de imaxes históricas. Pode abrirse un deslizador cunha escala de tempo onde se pode elixir o ano que queremos ver. Para a Porta do Sol de Madrid hai imaxes entre 2002 e 2009. Co tempo pode ser unha boa ferramenta para estudiar a evolución das cidades.
  • Posibilidade de gravar son. Pulsando no botón "gardar unha viaxe" ou no menú "Añadir - Visita guiada" ábrese un grabador de son e, cun micrófono, podemos gravar un texto asociado a unha marca ou a unha ruta.

domingo, 1 de febrero de 2009

Mapas anamórficos

Son mapas nos que as superficies dos países modifícanse para facelas proporcionais a un fenómeno que se quere representar, por exemplo a tasa de natalidade. O país representado mantense recoñecible. Coñezo dous sitios que crean mapas deste tipo. Paréceme unha forma agradable de comprender o que representan os datos estatísticos.
  • Show®/World . É unha ferramenta presente en internet desde maio do 2008 que toma datos de organizacións como a Unesco, Amnistía Internacional, o Banco Mundial, Unicef... Podemos atopar uns 125 mapas clasificados nas categorías poboación, planeta, traballo, política e vida. Podemos descargar unha imaxe do mapa, unha animación que se pode colocar nun blog ou nunha páxina web ou baixar os datos no formato xls. Nesta animación represéntase o número de usuarios de internet. Pulsa na frecha do centro para que comeze.

  • Worldmapper . Máis de 300 mapas representando parámetros como a fabricación de coches ou ordenadores, o alumnado dos distintos niveis educativos, medios de comunicación, datos demográficos... A maioría dos datos para estes mapas foron tomados entre os anos 2002 e 2004. Os mapas poden localizarse en orde alfabética (en inglés), por categorías (educación, traballo, producción, relixión...) ou elixindo a miniatura. Pode descargarse unha imaxe nos formatos jpg e tiff ou un arquivo PDF no que podemos ver a imaxe e unha pequena explicación en inglés do representado no mapa. Tamén podemos descargar os datos en formato xls. Como exemplo poño unha gráfica onde se representan os prezos das vivendas
Agardo que sexa do voso interese.