lunes, 31 de agosto de 2009

Fin das vacacións

Hoxe é o último día das vacacións de verán. Para aproveitar o bo día que tivemos fun á praia da Frouxeira en Valdoviño. Estivo unha tarde fermosa que aproveitei para tomar o sol e rematar a última novela que estiven lendo esta semana.
Ao final do serán fun tomar un café ao restaurante da praia pensando na volta ao traballo.
Falando co camareiro que me atendeu coméntame: "hoxe remato o traballo. En setembro o restaurante só abre os fins de semana e xa ven pouca xente. Aquí so hai traballo no verán.". É unha boa persoa que sempre me atendeu con moita amabilidade e un sorriso.
Se antes viña algo apesarada polo remate das miñas vacacións, entristecinme máis pensando na paradóxica situación que se da: unhas persoas lamentándonos polo comezo do traballo e outras quedando sen el. E sentín que nos queixamos excesivamente por cousas sen importancia das que tiñamos que estar agradecidas.
Agardo que teña sorte e pronto estea traballando de novo. E os que voltamos mañá vaiamos cun gran sorriso.

domingo, 30 de agosto de 2009

Rede de Parques Nacionais

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño mantén unha páxina dedicadas aos 14 Parques Nacionais na que temos información sobre as características da rede de parques, historia, lexislación, áreas de influencia socioeconómica...

Co menú visitas podemos acceder a unhas fichas con información detallada de cada un dos parques: localización, mapa, impresos para solicitar autorizacións, información sobre instalacións e servizos, normas, municipios, patrimonio histórico e cultural, etc.
O apartado visita virtual permite ver imaxes da flora e fauna e coñecer as rutas máis destacadas.

Na páxina hai unha sección de descarga de cartografía na que podemos obter arquivos no formato shp para usar con calquera programa de manexo de información xeográfica, por exemplo o gvSIG. As capas que podemos obter son a zonificación, núcleos de poboación, carreteras, masas de auga, itinerarios de uso público e áreas recreativas.

A páxina complétase con catro xogos para o alumnado máis pequeno: o xogo dos contedores, ¿onde están os Parques?, ¿de que Parque é esta paisaxe? e ¿quen come a quen?

martes, 25 de agosto de 2009

Fotos de viaxes de José Manuel Oliván Bauluz

Conversando cun compañeiro sobre lugares para visitar indicoume unha páxina con imaxes de mosteiros en Rumanía. Investigando sobre o fotógrafo atopei a páxina de José Manuel Oliván con fotografías das súas viaxes, que non son poucas.
Aínda que na páxina principal aparecen varios países, ata agora soamente están activos os enlaces da India, Nepal, México e Rumanía. Podemos pasar moitas horas contemplando estas imaxes e para que vos fagades unha idea direivos que da India hai un total de 2750, de Nepal 580, de México 567 (lástima que lle roubaran parte delas xunto co equipo fotográfico) e de Rumanía 553. Nelas aparecen monumentos, paisaxes, imaxes cotiás, fauna, etc.
Conectando co autor comentoume que vai seguir engadindo fotografías comezando por Italia e Marrocos. Máis adiante tamén colocará as dos outros países despois de escanealas debido a que foron feitas cunha cámara analóxica.
Na seguinte presentación podedes ver algunhas destas fermosas fotografías.
Grazas, José Manuel, pola túa colaboración.

jueves, 13 de agosto de 2009

Timelapses.tv

Un time-lapse é unha secuencia de fotografías tomadas a determinados intervalos de tempo que se xuntan para formar un vídeo acelerado. Un dos seus usos é mostrar algunha actividade que dura moito tempo. Neste artigo de Fotografía Linfox podedes ler consellos para crear un time-lapse.
No canal timelapses.tv de Vimeo podemos ver varios exemplos: o deseño dunha alfombra floral, unha baixada da marea, atardeceres, o tráfico de Madrid, o movemento das nubes... Algún dos vídeos están tomados na zona de Ferrol.

jueves, 6 de agosto de 2009

Libros electrónicos

Dende hai anos vense falando de dispositivos electrónicos para sustituir aos libros sen atopar, de momento, unha alternativa cómoda: os portátiles son moi grandes e pesan moito e nas PDA a lectura na pantalla faise incómoda polo parpadeo.
A invención da tinta electrónica permite a creación de dispositivos que mitigan estes problemas. Xa podemos atopalos en moitos comercios de electrónicas e nalgunhas librerias cuns precios que van dos 300 aos 800 euros. Supoño que estes precios irán baixando a medida que se van implantando e aparecen máis modelos.
A este prezo hai que sumar o dos libros que queiramos ler. Hai sitios nos que podemos descargar libros gratis porque caducaron os dereitos de autor e autora ou porque son de autoras e autores que queren promocionarse, pero se queremos ler as últimas novedades imos ter que esperar a que as editoriais os comercialicen.
A maior vantaxe que eu vexo aos ebooks é que non tería que facer a actividade á que dediquei a metade do mes de xullo: carretar libros para vaciar as estanterías do cuarto de estudo que pintei e limpalos logo para colocalos outra vez no seu sitio. ¡Un bo entretemento para estes molladiños días!
Déixovos cunha reportaxe emitida no programa Informe Semanal.

Don Quixote dixital

lunes, 3 de agosto de 2009

O fin da abundancia

No número de agosto da revista National Geographic podemos ler a reportaxe "Crisis alimentaria: el fin de la abundancia" (na web non está o artigo completo, ainda que o podemos ler en inglés), no que se fai unha análise da situación das reservas alimentarias no planeta e dos problemas que xurden ao ter que alimentar a unha poboación que crece máis rápido que a producción de alimentos.
No artigo estúdase a aplicación da revolución verde dos anos 60 e 70 do século XX e os problemas que orixinou (deterioro do medio ambiente a causa dos plaxicidas, uso excesivo de recursos hídricos, pérdida da biodiversidade, dificultade dos agricultores e agricultoras pobres para acceder aos recursos...), a posibilidade de facer unha segunda revolución con métodos similares e o apoio das semillas modificadas xenéticamente e as alternativas baseadas nos métodos sostibles que aproveitan os recursos locais.
Como é habitual nesta revista, o artigo está apoiado por unhas magníficas fotografías.
Copio o primeiro paragrafo:
"É o máis simple e natural dos actos, como respirar ou camiñar erguidos. Sentámonos á mesa, collemos o garfo e pinchamos un bo bocado, sen prestar atención á procedencia do que temos no plato. A carne ven de Irlanda; as verduras de Marrocos; os pátanos non sempre son de Canarias, senón de Brasil ou de Costa Rica; a manteiga, de Dinamarca, e as mazás, de China. A sociedade moderna librounos da carga de sementar, recoller e mesmo de ornear o pan noso de cada día, obligándonos a cambio a pagar por él. Só prestamos atención cando suben os prezos. E a nosa falta de atención pode ter graves consecuencias. O ano pasado, a galopante subida do prezo dos alimentos foi un sinal de alarma para todo o planeta. Ente 2005 e o verán do 2008, os prezos do trigo e do millo triplicáronse, e o do arroz multiplicouse por cinco, o que causou disturbios en máis de 20 países e sumiu na pobreza a 75 millóns de persoas máis. Pero, a diferencia de outras crisis anteriores causadas por unha escasez a corto plazo, esta subida dos prezos coincide cun ano no que a colleita de cereais foi excepcional en todo o mundo. Esta vez, a alza dos prezos fou un síntoma dun problema máis grave que está tensando a rede mundial de producción de alimentos e que non se resolverá nun futuro próximo. En palabras sinxelas, pode dicirse que durante boa parte da última década o mundo consumiu máis comida da producida. Tras anos de recurrir ás reservas almacenadas, o mundo comprobou no 2007 que éstas caeron e só alcanzaban para sustentar á poboación mundial durante 61 días, a segunda cifra máis baixa rexistrada ata o momento."
Máis información sobre a crisis alimentaria:
Agardo que sexa do voso interese.