domingo, 30 de noviembre de 2008

Gabriele Basilico. Intercity

Nesta mañá fría, despois de dar unhas voltas pola Muralla, decidín ir a ver a exposición "Intercity" de Gabriele Basilico no Centro Socio Cultural Fundación Caixa Galicia de Lugo e á que poderemos acudir ata o 1 de febreiro.
Gabriele Basilico (Milán 1944) é un fotógrafo italiano con formación de arquitecto que leva máis de 30 anos dedicado a fotografiar a arquitectura, a paisaxe urbana. Segundo o que el manifesta, sinte un especial interese polas marxes, as periferias ou as chamadas "zonas fronterizas".
Gañador, entre outros, do Premio Internacional de Fotografía de Arquitectura 2007 que concede a Fundación Astroc.
A súa obra reflexa a evolución das cidades, o crecemento desmesurado,o seu movemento, a súa diversidade, o cambio, os resultados da globalización e o absurdo da guerra. Toda a obra invita a unha reflexión sobre a fisonomía da paisaxe urbana e á contemplación pausada das cidades a través dos planos picados e contrapicados, do blanco e negro e do gran formato das obras.
A exposición complétase con visitas guiadas, video explicativo e talleres para escolares.
En total 36 fotografías que debemos contemplar.
Podemos atopar máis información nas seguintes páxinas:
No Xornal.com
Biografía
Entrevista
Outras obras

viernes, 28 de noviembre de 2008

As wikis

Son outra ferramenta da web 2.0, moi parecida aos blogs no seu funcionamento aínda que menos coñecida e utilizada. E moi útil para facer vocabularios e coleccións de apuntes.
O mellor exemplo de wiki é a Wikipedia (ou a súa versión galega, a Galipedia). Trátase de enciclopedias colaborativas nas que os textos dispoñibles nos termos da Licenza de documentación libre GNU.
No ámbito das Ciencias Sociais podemos ver algunhos exemplos:
Como servizos para facer e aloxar unha wiki en España úsanse sobre todo dous: Wikispaces e Wetpaint. Os dous son gratuítos e pódese solicitar a retirada da publicidade se a wiki ten fins educativos. Sobre Wikispaces podemos atopar moitos manuais na rede, por exemplo o do profesor da Universidade de Vigo Pedro Cuesta. Tamén é interesante o texto "Como aproveitar as Wikis no ámbito educativo" de Francisco Muñóz de la Peña.

Para rematar deixo algún exemplo de wikis curiosas:

sábado, 22 de noviembre de 2008

Arquivo fotográfico de Life

A través dun artigo en Aulablog 21 entérome dun traballo conxunto de Google e a revista Live para publicar na rede o catálogo de fotografías históricas da revista, a maioría non publicadas. Hai fotos desde 1750 ata os nosos días. Ainda que estas imaxes teñen copyright pódense usar libremente con fines educativos.
Podemos atopar as fotografías en tres tamaños: miniatura, calidade media e alta calidade. A estas últimas chégase facendo clic na imaxe de calidade media.
Pódese chegar as imaxes mediante a clasificación por décadas da páxina principal ou utilizando a caixa de buscas, que é equivalente a engadir source:life ao buscador de imaxes de Google.
Outros sitios interesantes para buscar imaxes son:

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Pornografía infantil NON

Fai unha semana atopei esta campaña nas noticias de Canal Solidario.
Confeso que en principio non crin que fose un problema moi extendido na web. Estiven lendo os comentarios da blogcampaña. Non me molestei en buscar en redes P2P algunha das palabras citadas na páxina: lolitas, boylover, fetishboy, angels, preteens...
Non nos interesan os resultados.
Así que decidín unirme tamén á campaña. Xa levo uns días vendo como crece, visitando páxinas nas que se fala do tema e visitando algúns dos blogs participantes.
Chamoume especialmente a atención "No se lo digas a nadie", blog no que escribe Joan Montané, autor do libro Cuando estuvimos muertos.
Este blog ten un mes escaso de vida, pero contén información moi completa: aspectos legais, asociacións ASI (Abuso Sexual Infantil), experiencias e consellos do autor...

domingo, 16 de noviembre de 2008

Os recunchos máis fermosos de Galicia

Segue a serie de artigos publicados no xornal La Voz de Galicia sobre "A Galicia fermosa". Aos seis anunciados na presentación da campaña engadíuse o de Laxe, publicado o día 7 de novembro, e o de Bares publicado hoxe.
Tamén segue aberto o debate para propoñer sitios e a galería de imaxes dos internautas na edición dixital deste xornal.
Esperemos que esta campaña dura moito tempo.


Ver mapa más grande

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Campaña nos blogs contra a pornografía infantil

A través de Canal Solidario entérome dunha campaña contra a pornografía infantil na rede, iniciativa dos blogs La Huella Digital e vagón-bar.
Trátase de poñer un post no que apareza a frase "Pornografía infantil NON" o día 20 de novembro, Día Universal do Neno. Tamén suxiren que no post aparezan os termos de uso habitual nas buscas de páxinas pornográficas: “angels”, “lolitas”, “boylover”, “preteens”, “girllover”, “childlover”, “pedoboy”, “boyboy”, “fetishboy” o “feet boy”.
Podedes atopar máis información e a imaxe da campaña en varios idiomas nos blogs dos promotores. No momento de preparar estas liñas hai máis de 750 blogs que se comprometen a participar.

domingo, 9 de noviembre de 2008

WebQuest para xeografía

Sigo buscando webquest para unir ao banco de recursos. Hoxe tocoulle o turno ao buscador da Berritzeguneak de Vitoria-Gasteiz. Aquí pódense buscar webquest e cazas do tesouro por área, nivel, idioma e data de incorporación ao buscador. Teñen moitos recursos clasificados nos anos 2004 e 2005, pero despois parece que tiveron un parón. Este ano retomaron o traballo no buscador e están clasificando máis webquest.
Algunhas das que me gustaron son:
  • O Camiño Real: Regreso ao Futuro. Estudo da ruta que seguíu o explorador Juan de Oñate polos territorios de México, Texas e Novo México. Gústame a idea de comparar a ruta orixinal coa que se pode facer na actualidade. Antes de usala é necesario actualizar os enlaces: a webquest xa á moi vella (1997) e case todos os vínculos que probei non funcionan.

  • O turismo rural. WQ de Ecobachillerato, no que se estudia a oferta de turismo rural. Está pensada para a economía do bacharelato, pero tamén é útil no estudo da xeografía porque tamén se buscan as características das zonas onde se asentas as casas de turismo rural. Na webquest propón o estudo do turismo na zona de Aragón, pero é fácilmente trasladable a Galicia.

  • A gastronomía das nosas rexións. WQ para o ciclo superior de restauración no que se propón o estudo da gastronomía das distintas comunidades autónomas. Para aplicalo á xeografía require bastante traballo de relación entre os menús propostos e as características da zona.Pero sobre todo é unha pena perder o traballo de degustación que propón na webquest.

  • Peregrinos de Santiago. Estudo do Camiño de Santiago desde os puntos de vista histórico, turístico e cartográfico. É un traballo dun profesor brasileiro para o ensino do español.

  • Unha fin de semana en Londres. Propón a organización da viaxe dunha familia para pasar un fin de semana en Londres, tendo en conta a busca de actividades segundo os gustos de cada un dos membros da familia e do presuposto dispoñible. Co mesmo tema das viaxes tamén temos outros a Mallorca, e A Alcarria.

  • Web Tour Multicolor. Unha viaxe en favor da tolerancia e o respeto cara outras culturas. WQ para 2º de ESO na que se estudian outras culturas desde cinco puntos de vista: historia, economía, dereitos humáns, arte e actualidade

lunes, 3 de noviembre de 2008

Maps of War

Na web Maps of War atopamos un conxunto de animacións empregando mapas nas que resumen acontecementos históricos en 90 segundos. Algúns dos mapas que podemos atopar tratan da evolución da democracia, a historia das relixións, as guerras nas que interveu Estados Unidos ou os imperios que dominaron o Oriente Medio ao longo da historia.

Pódense descargar algúns dos mapas en formato SWF, WMV ou MPEG. Tamén hai unha presentación na que están incrustadas as animacións.
Por último, ten un apartado con enlaces á animacións publicadas noutros medios, por exemplo, unha sobre a Segunda Guerra Mundial ou un mapa das migracións.
Agardo que sexa do voso interese.