sábado, 24 de abril de 2010

Orixes: cinco fitos na evolución humana

Hoxe estiven vendo a exposición Orixes onde se explica a evolución do ser humano ao longo de catro millóns de anos baseándose en cinco fitos que determinaron o noso aspeto actual:
  • O bipedismo, que permitiu ter as máns libres e explorar novas fontes de alimentos.
  • A fabricación de ferramentas que permitiu a caza, co que mellorou a alimentación. Na exposición vese como foron perfeccionando estas ferramentas ao longo do tempo.
  • O control do lume que lle permitiu mellorar a dieta e habitar en novos territorios ao proporcionarlle calor, luz e seguridade.
  • A autoconciencia, cun estudio das prácticas funerarias.
  • A linguaxe simbólica coas primeiras manifestacións artísticas.
Cos datos que saquei desta visita estou elaborando esta liña do tempo:




miércoles, 21 de abril de 2010

Copias de seguranza

A partir da supresión do servizo gratuito de Ning e da pregunta de Pedro Cuesta sobre qué servizo nos afectaría máis se desaparecera, empecei a pensar nas opcións de copia que teñen as ferramentas que uso habitualmente. O de Ning non me afecta moito: son coadministradora dunha comunidade que montamos ao remate do curso Sociais 2.0 , pero que non ten moito movemento así que non se perde moito. Para sustituilo estou probando Socialgo e xa verei se vale a pena trasladar algo. De momento tranquilidade.
Pero hai outros servizos dos cales a súa desaparición podería ser unha catástrofe: Mister-Wong, Blogger, Netvibes, Google Docs, a Moodle do CFR...
  • Sobre os meus favoritos en Mister-Wong xa pensara hai tempo na posibilidade de perder os enlaces. Periodicamente vou facendo copias de seguridade na pestana favoritos, ferramentas - exportar marcadores. Garda un arquivo no formato html que logo podo engadir aos marcadores do Firefox ou importar en Delicious, onde teño unha copia dos favoritos.
  • O blog tamén o vou gardando, aínda que ás veces penso que se desaparecera libraríame de moito traballo. Faise en configuración - exportar e descargo un arquivo en formato xml co que aínda non intentei facer nada. Un día que teña tempo vou probar subilo noutro servizo para ver como queda.
  • Para o Netvibes non atopei cómo facer a copia. Como servizo alternativo teño pensado Pageflakes, pero espero que non sexa necesario.
  • Dos documentos que teño no Google Docs vou descargando unha copia cando os vou facendo. Tamén hai a posibilidade de descargar varios nun arquivo comprimido seleccionándoos e pulsando en máis accións - exportar.
  • Na páxina Data Liberation, mantida por varios inxenieros de Google, infórmannos da forma de facer copias dos datos de calquera das ferramentas Google: Maps, Sites, Picasa... Non probei case ningunha pero gardo o enderezo para cando sexa necesario.

miércoles, 14 de abril de 2010

Auga. Un mundo sedento.

A revista Natural Geographic España publicou este mes unha edición especial dedicada á auga e o drama humano que provoca a súa escaseza. Calcúlase que no ano 2025 mil oitocentos millóns de persoas vivirán en lugares con falta de auga. Neste número podemos ver os artigos:
  • A auga, fonte de vida: onde se fai unha descrición de distintos lugares destacando a influencia da auga na formación da paisaxe. Insiste na importancia de que os que vivimos en lugares sen problemas de sequía temos que darnos conta da importancia da de facer un bo uso da auga.
  • O gran desxeo: estudo dos problemas económicos e sociais que provoca a perda de xeo nos glaciares do Tibet.
  • Augas sagradas: reportaxe fotográfico sobre o uso da auga nos ritos de todas as relixións.
  • O peso da sede: sobre a vida en Etiopía e Kenia, facendo fincapé na dureza das tarefas relacionadas coa busca da auga e cómo recaen fundamentalmente nas mulleres: "Se os millóns de mulleres que teñen que percorrer grandes distancias para ir por auga tivesen unha billa na porta das súas casas, sociedades enteiras transformaríanse."
  • Correntes silenciosas: a fauna de auga doce desaparece máis rápidamente ca de terra ou mar debido á actividade humana: industria e agricultura concentrada ao longo dos ríos, verquidos...
  • A última gota: esperanzador artigo describindo as medidas adoptadas en varias comunidades para reducir o consumo da auga.
Nota: as fotografías deste artigo son propiedade de National Geographic e amósoas como exemplo das que poden atoparse na revista.

Máis información sobre a auga:

jueves, 8 de abril de 2010

Primavera de Europa 2010

A octava convocatoria da campaña Primavera de Europa desenvólvese dende o 22 de marzo ata o 30 de xuño de 2010. Ten como obxectivo fomentar a educación cidadá acercando Europa aos xóvenes e vai dirixida aos centros de primaria, secundaria e bacharelato de toda Europa. Ao inscribirse o profesorado e o alumnado participa en toda unha serie de actividades, concursos e debates online en directo. Cada ano, Primavera de Europa céntrase nun tema. A campaña deste ano está dedicada á “A cidadanía europea e os dereitos fundamentais”. A iniciativa de Primavera de Europa fixa a atención do alumnado nos temas chave da economía, a sociedade e a política.
Este ano tamén é o Ano europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social e Primavera de Europa comparte as súas mesmos obxectivos principais, promovendo os encontros, a participación e o debate que axuden a dar forma á Europa do futuro. Ademais, as actividades e concursos de Primavera de Europa abordarán temas como a biodiversidade e o cambio climático.
Se te apuntas a Primavera de Europa poderás:
Fomentar unha cidadanía europea activa
• Concienciar sobre cómo afectan ás nosas vidas as decisións europeas
• Animar ao alumnado a expresar as súas ideas sobre os temas de actualidade
• Acceder a un amplio abanico de material pedagóxico e asistencial
• Buscar e invitar a visitantes especiais para que acudan ao voso centro escolar

• Practicar e mellorar todo o referente ás TIC e aos idiomas en clase • Recibir un certificado de participación firmado por un alto responsable político da UE
• Compartir experiencias e puntos de vista con outros centros escolares de toda Europa

(Información e logo da web Primavera de Europa 2010)

miércoles, 7 de abril de 2010

Arte a través do tempo

Art Through Time é unha páxina en inglés na que examinan como son tratados trece temas en obras de arte de diferentes culturas e épocas. Cada tema consta dun vídeo introductorio, análise de varias obras, comparación dalgunhas parellas e unha guía de uso nas aulas. Os textos e as guías poden descargarse en formato PDF.
Os temas tratados son:
  1. Converxencia de culturas: análise da influencia nas obras de arte dos contactos entre culturas.
  2. Soños e visións: tratamento das percepcións e fantasías persoais.
  3. Historia e memoria
  4. Ceremonias e sociedade
  5. Cosmoloxía e conviccións: esforzos das persoas en entender a súa razón de ser e o seu lugar no universo.
  6. A morte
  7. A vida doméstica
  8. A escritura: relacións entre arte e texto.
  9. Retratos
  10. A natureza
  11. A vida nas cidades
  12. Conflitos e resistencia
  13. O corpo humán
Os temas están preparados por Annenberg Media, empresa dedicada á preparación de recursos didácticos en Estados Unidos.

viernes, 2 de abril de 2010

As reproducións ao óleo máis vendidas

Lin no xornal hoyesarte.com o artigo As 10 pinturara ao óleo máis desexadas da década. O título é enganoso porque trata das reproducións máis vendidas na web de venda overstockArt.com durante os últimos dez anos. A maioría son de pintores de finais do século XIX e principios do XX: Van Gogh, Monet, Picasso... Gustaríame ter calquera destas obras para a parede da nova sala onde a miña amiga Elena quere que poña unha tele.

Agardo que sexa do voso interese.