jueves, 25 de febrero de 2010

Taller web 2.0 de Pedro Cuesta na Universidade da Rioja

Fai uns día estiven nunha sesión de Pedro Cuesta no curso Sociais 2.0 onde falou da web 2.0. Fixo unha introducción explicando como evolucionou internet e falou de varias ferramentas que podemos utilizar nas clases de Ciencias Sociais, entre elas os marcadores sociais.
Como non tiven a opción de grabar esta charla poño estes videos que vin no canal da Universidade da Rioja en Youtube, nos que trata case todos os temas dos que falou aquí.

jueves, 18 de febrero de 2010

Drupal

Levo uns día pelexando coa páxina da asesoría de humanística na web do CFR. Facía tempo que non traballaba en Drupal e teño que andar continuamente lembrando as charlas que me deron hai uns anos. Por agora vou mirando estes apuntes que saquei dun grupo de traballo.



Información sobre Drupal:
  • Proxecto Webs Dinámicas
  • CMS Drupal, de Pablo Márquez para o ISFTIC. Explica de forma sinxela a administración da páxina.
  • Drupal hispano. Comunidade española de usuarios de Drupal.
  • Artigos sobre Drupal no blog 5 Líneas.
  • Artigos sobre Drupal en Inmensia. Tamén hai un foro de dúbidas.
  • Drupal Camp 1010. Conferencia en Barcelona entre os días 26 e 28 de febreiro.
  • Drupalmanía. Páxina na que se pode atopar un manual, foros, directorio de sitios feitos con Drupal...

lunes, 15 de febrero de 2010

Photo JPL

A través dunha foto da torre Eiffel que me enviaron por correo coñecín este sitio de imaxes panorámicas e interactivas. É unha páxina canadiense, creada polo fotógrafo Jean-Pierre Lavoie na que podemos ver as súas fotos clasificadas nos temas arquitectura, eventos e periodismo, cidades, comercial, arte e natureza.
As imaxes están xeolocalizadas. Nalgunhas están destacados varios elementos de forma que pulsando neles podémolos ver ampliados. As fotografías tamén están acompañadas do son de ambiente capturado na zona ou dunha canción que contribúen a dar a impresión de que estou visitando o lugar.
Como exemplo das imaxes que podemos contemplar temos a catedral de Saint Michel e a Grand Place de Bruselas.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Web 2.0

Estou facendo un curso sobre ferramentas web 2.0 aplicado ás Ciencias Sociais. Escoitando o relatorio lembreime deste video de Educastur que amosa a filosofía das ferramentas colaborativas.

martes, 9 de febrero de 2010

Concursos

O boletín nº 16 da Consellería de Educación trae información sobre varios concursos. Algún deles pode ser interesante para o profesorado de sociais:
  • O euro, que significa para nós?: concurso de fotografía organizado pola Comisión Europea. Os participantes deben ter entre 14 e 18 anos residentes en calquera país da Unión Europea. Antes do 31 de marzo deben enviar unha fotografía que ilustre o que significa o euro para eles, xunto cun breve texto explicativo. Os equipos participantes deben ter dous ou tres rapaces ou rapazas e un adulto. Na web do concurso podemos cubrir o formulario de inscrición.
  • Rapaces/rapazas contra a exclusión social: concurso de fotografía destinado a estudiantes de secundaria e bacharelato que participan nos proxectos Comenius e Leonardo da Vinci. Deben presentar unha fotografía que mostre a visión do alumnado sobre as dificultades que prantexa a desigualdade social, así como a necesidade de potenciar a solidaridade colectiva e individual na loita contra a pobreza e a exclusión social. Os traballos deben enviarse antes do 19 de febreiro.
  • IX edición do Concurso de Proxectos de Educación Vial no Ámbito Escolar: organizado pola Dirección Xeral de Tráfico. Poden participar os centros nos que se imparta educación infantil, primaria, secundaria ou educación especial. O profesorado dos centros participantes debe prepara un proxecto curricular que inclúa o tratamento da educación vial xunto con recursos tecnolóxicos (videoxogos, xogos didácticos...) e unha memoria describindo os materiais empregados, avaliación, etc. Os traballos deben entregarse antes do 15 de xuño.
  • Concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións informáticas: organizado polo IES Terra de Trasancos de Narón e destinado ao alumnado de ESO, bacharelato e ciclos. Hai que realizar unha presentación sobre a riqueza natural de especies que queremos que perduren no futuro. O prazo de entrega remata o 26 de marzo.
  • Paz e Cooperación 2010: con varios apartados: debuxo (ata 6 anos), cartel e lema (de 7 a 12), mural (de 13 a 16), campaña publicitaria (de 16 a 18). Os traballos deben enviarse antes do 5 de xullo.
  • Concurso espacial "Navegación por satélite": convocado polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) para estudiantes de segundo ciclo de ESO, ciclos formativos de grao medio e bacharelato. Os equipos deben estar formados por tres ou catro estudiantes e un profesor. O traballo tratará sobre os logros científicos desenrolados no campo espacial que hoxe son de utilidade na vida cotiá. Hai varias modalidades: investigación, robótica espacial, narrativa/comic, animación e experimental.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Ruta Viavélez - Tapia de Casariego

O sábado pasado fixen outra das rutas organizadas pola asociación Acivro dentro do proxecto Sendas Costeiras. Esta vez volvemos a Asturias para facer a ruta Viavélez - Tapia de Casariego.
Non foi difícil pero si longa: 18 km. E foi mollada, moi mollada. Esta vez ía equipada con todo tipo de impermeables: pantalón de auga, paraugas, varios plásticos... Cargando tanta protección para a chuvia esquecín comprobar as pilas da cámara de fotos, así que non puiden sacar ningunha. Na presentación poño as dun compañeiro de viaxe, Raúl Hidalgo, ao que lle "sinalei" as vistas interesantes.
A zona é moi fermosa, con praias rocosas como a de Monellos e a de Porcia e miradores espectaculares. As vistas desde os miradores de Campo Longo e de Cabo Blanco son impresionantes.
Gustaronme especialmente as lagoas de Salave, utilizada polos romanos na minería do ouro.
Ahora a esperar a seguinte ruta que, se o tempo o permite, vai ser nos Ancares.

Agardo que sexa do voso interese.