lunes, 5 de noviembre de 2012

Curso: Lingua 2.0. Ensinar en rede

Outra das actividades que temos previsto desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano 2013 no CFR de Lugo  dende a asesoría Lingüístico e social é o curso: L1201017 - Lingua 2.0. Ensinar en rede.
Cartel curso Lingua 2.0. Ensinar en rede
Cartel elaborado con imaxes propias//CC BY-NC-SA



Estes son os obxectivos e contidos que abordaremos e tentaremos  acadar.
Obxectivos
1.Coñecer as posibilidades que ofrece a web 2.0. no ensino da lingua e literatura.
2.Amosar os recursos que presenta a rede como plataforma de xestión dunha aula de lingua.
3.Deseñar propostas e actividades de aula utilizando algunha das ferramentas presentadas.
Contidos
1. As redes sociais como plataformas de traballo colaborativo online.
2. A xestión dunha aula a través dunha comunidade de aprendizaxe en liña: experiencias educativas con moodle.
3. A lectura e a escritura en rede.
4. 4. Posibilidades educativas das ferramentas da web 2.0. : blogs, wikis, podcast, presentacións en liña, marcadores sociais...
5. 5. Plataformas ou contorno para a creación de materiais educativos: Edilim, Ardora, Jclic... 
A duración é de 30 h e se algunha persoa está interesada aínda está dentro do prazo para facer a inscrición ata o 14 de decembro de 2012.

domingo, 4 de noviembre de 2012

Curso: Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel do curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel  elaborado con imaxes propias, mans de: http://mrg.bz/PNHw50//licenza  libre Morguefile//CC BY-NC-SA


Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha nova actividade mixta que se vai desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano 2013 dentro das actividades programadas dende a área Lingüística e social do CFR de Lugo.
 Esta nova actividade de formación computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto de forma colaborativa.
As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por proxectos,  o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Tamén teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais.
Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social e ao profesorado dun mesmo centro.
Aínda estades a tempo de facer a inscrición.
Agardo que sexa do voso interese.