miércoles, 25 de diciembre de 2013

Bo Nadal


martes, 10 de diciembre de 2013

Mandela. Un modelo a seguir

Mandela Day SIMPLE MINDS 


U2 - Ordinary Love (From Mandela OST) Lyric Video 

viernes, 29 de noviembre de 2013

II Jornada sobre Intercambio de Experiencias sobre Competencias Básicas

II Jornada sobre Intercambio de Experiencias sobre Competencias Básicas

martes, 26 de noviembre de 2013

Enseñar CCSS en el S XXI


Ángel Encinas Carazo, profesor de xeografía e historia do IES  no curso  Historia e mundo actual impartido no CFIE de Palencia é o autor da seguinte presentación:


lunes, 4 de noviembre de 2013

Curso: Ler e escribir, escribir para ler

 Imaxe de Marta Arias Licenza//CC BY-SA

Dende o 16 de outubro estase desenvolvendo no CFR de Lugo o curso Ler e escribir, escribir para ler.
Dita actividade consta de 25 h presenciais e 5 non presenciais onde o profesorado asistente levará á á práctica na aula algún recurso ou contido do desenvolvido no curso.
Obxectivos: 
  • Revisar as investigacións pedagóxicas actuais sobre a adquisición e mellora da competencia comunicativa na escrita de acordo co establecido na LOE.
  • Coñecer propostas e experiencias didácticas de ensino-aprendizaxe da lingua escrita: a mellora da competencia lectora e da expresión escrita.
  • Analizar diferentes enfoques da animación e mellora da lectura e da composición de textos.
Contidos: 
  1. Competencia comunicativa na expresión escrita. Modelos teóricos sobre os procesos de lecto-escritura. A lectura eficaz, a lectura comprensiva, a competencia lectora e o desenvolvemento da competencia na produción de textos.
  2. Os textos. Claves para a selección de textos axeitados para o traballo na aula e as recomendacións de lectura Obradoiro de escrita: fundamentos, técnicas de xeración de ideas, aspectos prácticos (parágrafo, frase, palabra, textura, puntuación, impresión, revisión) e outros condimentos.
  3. Á escritura pola literatura.
  4. Ler e escribir nas novas tecnoloxías (televisión, revistas, cómics, webs,blogs, chat, teléfonos móbiles: novos soportes para os procesos da lectura e a escrita; implicacións didácticas). Boas prácticas na rede. Licenzas ABP.     
O profesorado relator co que contamos é o seguinte:
Ramón Noche Fraga que abordou ao longo de dúas sesións conceptos claves como o uso de boas prácticas na rede, licenzas, ferramentas para a creación de actividades (padle, wordle, ferramentas de Google e o uso da aula virtual Moodle).
 O martes 22 de outubro contamos coa presenza de Carlos Negro Romero que baixo o título da súa docencia A escritura pola literatura. Poemas transformers a totalidade do profesorado asistente creou e sentíose poeta.
Miguel Ángel Curiel presentará diversas estratexias de animación á lectura cun taller de creación poética.

O 6  e o 14 de novembro Xosé Antón Núñez Álvarez abordará a temática interacción lectoescritura na aula.
Fernando Trujillo Sáez dentro do seu relatorio: Ver, ler e escribir. O traballo por proxectos para o desenvolvemento das competencias básicas abordará contidos como:
  • Cambios na aprendizaxe nos albores do século XXI: da Xeración Gutenberg á Xeración Disney
  • A aprendizaxe baseada en proxectos: sentido, valor e estratexias
  • Un exemplo de organización de centros para a aprendizaxe baseada en proxectos: A Semana dos Proxectos.
E para rematar o día 21 de novembro estará connosco Francisco José da Silva Irago (Kiko da Silva) para traballar o cómic.

lunes, 14 de octubre de 2013

Avaliacións internacionais

Mapa comparativo das principais avaliacións internacionais:

Marta Arias López// CC BY-SA

Pulsa na imaxe  para ampliala.

viernes, 27 de septiembre de 2013

Curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel didáctica do patrimonio e traballo por proxectos
Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA
O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver no CFR de Lugo dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.
Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado con profesorado de clásicas, idiomas, educación primaria e educación secundaria, sociais, etc. e que se decidiu repetir dada o éxito acadado na valoración da  (interese amosado, alta implicación, avaliación  e satisfacción por parte do profesorado asistente).
O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta no enfoque por proxectos e o ensino do patrimonio para a solución das posibles dúbidas) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.
Hai que subliñar que o ensino do patrimonio (cultural, natural, artístico, oral....) é interesante e aplicable para o profesorado de todas as áreas e materias. Tamén se abordarán aspectos das tecnoloxías móbiles e dixitais e o emprego de ferramentas colaborativas. Completaranse as sesións informativas con visitas guiadas pola cidade e  visitas tamén didácticas a varios centros museísticos.
Profesorado relator:
  • D.  Fernando Trujillo Sáez ( profesor na Universidade de Granada). Acceso ás súas webs
  • D. Ramón Noche Fraga (profesor no IES Xograr  Afonso Gómez Sarria e autor do blog Alifbai)
  • D. Manuel González Álvare (profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol e autor de Cliphistoria)
  • D. José Luís Guede Losada (profesor no CPR San José de Ourense, autor de Civitas Auriensis)
  • D. Antonio Reigosa Carreiras (Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e autor da web Galicia Encantada)
  • D. Josué LLul Peñalba (profesor de Ciencias Sociais, xeografía e historia, director do Departamento de Didácticas Específicas na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares, autor de La ciudad en el arte)
En breve deseñarase o programa e comezarase o proceso de selección polo que cómpre confirmar ou renunciar o máis rápido posible.

miércoles, 21 de agosto de 2013

Novas Maravillas Naturais Patrimonio da Humanidade




Como xa sabemos, na Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial Cultural e Natural  en 1972 a UNESCO creou a Lista do Patrimonio da Humanidade coa finalidade da súa conservación.

Vía Eroski Consumer, nun artigo de Alex Fernández Muerza, podemos informarnos sobre as cinco novas incorporacións, incorporacións Naturais e especiais pola súa paisaxe e a súa biodiversidade: O Mar de Area (Namibia), a cadea montañosa de Xinjiang Tianshan (China), o Parque Nacional Tayik (Tayikistán), o monte Etna (Italia) e o deserto de Pinacate (México). 
Alex Fernández Muerza tamén comenta noutro artigo  Seis datos preocupantes sobre os incendios forenstais en España e nestes días nos que os nosos montes (o noso patrimonio natural) desaparecen polos incendios que asolan a nosa  Comunidade e coa esperanza de que desaparezan xa, déixovos cos enlaces dos Patrimonios Naturais de España incorporados á citada Lista:

viernes, 9 de agosto de 2013

O rincón máis luminoso de Lugo


Quedei finalista no concurso : O rincón máis luminoso de Lugo.
Podedes acceder coa seguinte dirección:

http://bit.ly/13LqGHV

Imaxe de Marta Arias López//CC BY -SA

Moitas grazas pola colaboración.

miércoles, 7 de agosto de 2013

Curso: Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA
O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver a fase teórica no primeiro trimestre dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado e que se decidíu repetir dada o éxito acadado (interese amosado, alta implicación,  valoración  e satisfacción por parte do profesorado asistente).
O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por proxectos,  o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais. Tamén se desenvolverán saídas didácticas para visitar a cidade e algunhos museos.

O proxecto a desenvolver dentro da fase non presencial poderá ser elaborado de forma colaborativa polo profesorado que perteza a un mesmo centro.

Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social, ao profesorado dun mesmo centro e criterios xerais do plan de formación.

Referencia: L1301016
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  1º trimestre, Curso académico 2013/2014
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Lugo
Prazas:  20 
Obxectivos:
  1. Capacitar ao profesorado para planificar e desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas.
  2. Empregar os recursos educativos da contorna próxima.
  3. Analizar, integrar, crear e valorar materiais TIC no ensino-aprendizaxe do patrimonio.
Contidos:
  1. Traballo por proxectos no ámbito social. Proceso e instrumentos de planificación. Deseño de proxectos para a aula. Experimentación e avaliación.
  2. Didáctica do patrimonio e contornas de aprendizaxe colaborativa, locais e en rede. As TIC como instrumento de traballo na aula aplicado ao traballo por proxectos (portfolios dixitais, aulas virtuais, blogues, wikis, etc.).
  3. Recursos multimedia no tratamento de contidos sociais. O emprego de tecnoloxías móbiles e dixitais.
  4. Presentación de diferentes modelos e experiencias prácticas da didáctica do patrimonio segundo a metodoloxía por proxectos.
  5. Establecer criterios para elaborar un plan de experimentación e avaliación dunha proposta de actividade de aula en relación co traballo por proxectos. 


jueves, 1 de agosto de 2013

Imaxe tomada de El Progreso
Participo neste I concurso fotográfico  "El rincón más luminoso de Lugo" no mes de xullo con 5 imaxes segundo a convocatoria.

Podes votar e seguir votando ás 5 fotografías:
Aínda podes participar enviando as túas fotos nos meses de setembro, outubro e novembro atendendo ás diferentes temáticas.
Anímate!

viernes, 26 de julio de 2013

Accidente ferroviario




Imaxe de Contando estrelas de libre uso

Pensando en todas as víctimas, familiares,  veciños e veciñas de Santiago.
Unha aperta moi forte!

viernes, 19 de julio de 2013

Como escapar del Valle de la Muerte de la educación por Ken Robinson




Conferencia de Sir Ken Robinson para TED// CC BY-NC-SA

miércoles, 19 de junio de 2013

Curso. Asesoría e procesos da imaxe persoal nos coidados especiais de pacientes oncolóxicos

Asesoría e procesos da imaxe persoal nos coidados especiais de pacientes oncolóxicos
Referencia: L1301004
Área FP. Imaxe persoal
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  09/09/2013  -  12/09/2013
Data límite de inscrición: 15/06/2013
Lugar: Balneario de Guitiriz
Prazas:  35
Horas presenciais: 30
Máis información: http://bit.ly/16Afhdv
Observacións prazas:
O Balneario ofertará prezo de aloxamento especial para  o profesorado asistente.
Asesora de referencia:
Marta Arias López
marta@edu.xunta.es
Tel. 982251068
Imaxe de Marta Arias López // CC BY-SA

viernes, 17 de mayo de 2013

Curso: Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel do curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel  elaborado con imaxes propias, mans de: http://mrg.bz/PNHw50//licenza  libre Morguefile//CC BY-NC-SA

Falta pouco para rematar esta nova actividade mixta que se está desenvolvendo no CFR de Lugo e que consta dunha fase presencial de 30 h e outra fase non presencial de 20 h.
Durante a fase presencial acompañáronnos excelente profesorado relator que nos deixou a súa pegada co seu bo facer e as súas experiencias prácticas ao longo de 10 interesantes sesións. 
  • Xa levamos camiño andado e recordamos o 7 de febreiro no que nos acompañou  Dna. María Carmen Loureiro, profesora no IES da Illa de Arousa,   acercándonos  cunha emocionante exposición á ABP.
  • Dn. Ramón Noche Fraga, profesor no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria,  amosounos á importancia das TIC dentro da ABP, o uso de ferramentas colaborativas e autoría e licenzas, entre outras cousas. É autor  de wikis e do blog alifBai.
  • Dn. Josué LLull Peñalba, profesor na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares, explicou o proxecto levado á cabo: La ciudad en el arte.
  • Outra interesante experiencia foi presentada por Dn. José Luís Guede Losada, profesor no CPR San José de Ourense, na que poidemos acercarnos a súa experiencia e traballo e entre outras cousas o emprego da realidade aumentada e códigos QR no traballo co seu alumnado.  Podemos seguir o seu andar no seu  Civitas Auriensis.
  • Dn. Francisco Martín Castillo Rodríguez, director do Departamento Técnico de Estudos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acercounos nocións de paisaxe, integración paisaxística, convenios Europeos e a protección da paisaxe como patrimonio natural.
  • Dn Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal, e autor de Cliphistoria  unha vez maís sorprendeunos coas magníficas experiencias do alumnado e o seu bo facer.
  • Co mesmo interese desenvolveronse as 3 últimas sesións estiveron a cargo de Dn. Antonio Reigosa Carreiras, Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística de Lugo, abordando na primeira  sesión a temática do patrimonio inmaterial. 
  • Na  segunda  sesión, ao longo dun itinerario pola cidade, analizouse o xurdir da cidade "como  froito dun longo percorrido, un mostrario de pegadas e o resultado dun proxecto colectivo" a través da canalización da auga e a función das distintas fontes do percorrido. Foi un interesante percorrido nunha tarde fría, ventosa e chuviosa.
  • No  último día da fase presencial, visitamos o Centro de Interpretación do Camiño, a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Provincial.
Na aula virtual do CFR de Lugo creouse un curso co material de todo este profesorado e ademais engadíuse abundante material complementario para consultar. A través desta plataforma poden enviar as tarefas, participar nos foros e comunicarse co chat.
Nestes momentos estase a desenvolver a fase non presencial que consta no deseño, posta en práctica e valoración dun proxecto. Esta fase non presencial está titorizada por Dna. Anna María Sorolla Lerma e por Dn. José Luís Guede Losada.
O profesorado está traballando con amosado interese  na aula e polas tarefas enviadas abordan  curiosas preguntas, retos  e tarefas como a tradición  oral, formas das arquitecturas relixiosas, a vida dos romanos, o cole e o entorno, a migración galega no século pasado, diferencia entre as feiras e os oficios de antes e agora, moceando polo tempo, Chantada noticias, o antroido ribeiriano, paseo polo Lugo romano en  latín clásico e actual, guía turística de Castroverde, o cole como obra de arte e a gastronomía dos nosos avós.
Parabéns a todo o profesorado e ánimo no voso traballo!

viernes, 15 de febrero de 2013

Ceo de lugo o diá 15 de febreiro sobre as 9:15 h

Hoxe  pola maña sorprendeume unha parte do ceo con estas imaxes.
Alguén sabe de qué se trata?

viernes, 8 de febrero de 2013

Infografías para 1º de ESO

Vía Rincón Didáctico Ciencias Sociales atopamos unha recopilación  de arredor de 50 infografías publicadas polo períódico El Mundo que poden ser de interese para estudiar  diversas temáticas en 1º de ESO. Preséntanse en formato pdf co cal pódense descargar e imprimir.
"A  infografía é unha   representación máiss visual que os propios textos; na que interveñen descricións, narracións, ou interpretacións, presentadas de maneira gráfica normalmente figurativa, que poden ou non coiincidir con grafismos abstractos e/ou sons. A infografía naceu coma un medio de transmitir información gráficamente. Os mapas, gra´ficos, viñetas, etc son infogramas, é dicir, partes da infografía, coa que se presenta unha información completa aínda que poda ser complementaria ou de síntese".
Texto e máis información  sacada da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Infograf%C3%ADa// Licenza CC SA, revisado o 22/01/13
 
Eroski consumer  é outra das web onde podemos atopar infografías catalogadas por temáticas: alimentación, bricolaxe, economía, educación, mascotas, medio ambiente, tecnoloxía, bebé, saúde, seguridade alimentaria, solidariedade, viaxes e vivenda.
Ofrecen tamén a posibilidade de descargalas para usos docentes e formativos.
Imaxe de Gustavb  procedente da Wikipedia //CC BY-SA

miércoles, 30 de enero de 2013

Día da paz

Wordle: Untitled
Nube de palabras elaborada coa aplicación Wordle.
Agardo que sexa do voso interese.