domingo, 26 de abril de 2009

Ruta Ortiguera - Viavélez

Onte ía ir de excursión a Cortegada co club Acivro, pero como foi aprazada polo mal tempo entretívenme ordenando as fotografías da anterior ruta que fixeramos.
Foi na costa asturiana, recorrendo as praias que hai entre os pobos de Ortiguera e Viavélez. O día foi precioso e a ruta moi agradable, aínda que ten moitos tramos de asfalto.
Chamáronme a atención as praias pedregosas desta zona. Gustoume especialmente a de Torbas coa súa fervenza.
A comida tamén estivo rica. Pola tarde estaba previsto visitar Tapia, pero non poidemos porque a ruta levounos máis tempo do previsto. Queda para outra ocasión.

viernes, 24 de abril de 2009

Día do Libro

Con un pouco de retraso, pero aquí vai a miña celebración do Día do Libro.

Diccionario Visual de Xeografía Física

O Diccionario Visual de Xeografía Física é un traballo e proxecto que foi subvencionado pola Consejería de Educación da Junta de Extremadura, coordinado por Diego Martín Arce e realizado polo equipo formado por Diego Martín Arce, Rufino Rodriguez Sánchez, Daniel Gómez Valle, Francisco Molina Artaloytia.
É unha interesante aplicación de xeografía física que aborda de forma moi gráfica aspectos como:
  • Terra e Universo: Sistema solar e Terra
  • Cartografía: Cartografía e Historia, Mapas, Planos e Técnicas de elaboración
  • Relieve: Relieve e estructura, Procesos de erosión e Tectónica
  • Clima: Climogramas, Mapas dol tempo, O ciclo da auga e a Atmósfera
  • Hidrografía: Acuíferos, Ríos e Lagos
  • Glosario de termos xeográficos

domingo, 19 de abril de 2009

Guía de Museos de Belas Artes

Na sección de educación de Consumer-Eroski están publicando unha guía práctica de Museos de Belas Artes. De momento hai catro seccións:

martes, 14 de abril de 2009

Educación para a cidadanía. Reseñas bibliográficas (II)

Seguindo coa relación de propostas para seguir pasando unhas boas horas nas horas libres aquí deixo unhos poucos máis:
  • Os Dereitos Humanos. Guía didáctica para 2º e 3º ciclos de Educación Primaria de Beatriz Fernández Herrero, Ed. Bahía, A Coruña, 2007
    Beatriz Herrero, con esta guía pretende contribuir ao traballo dos educadores e educadoras para a educación en Dereitos Humanos en Galicia, nun dobre sentido: formación xeral do profesorado (materiais conceptuais e textuais) e á práctica docente co alumnado (materiais de traballo co alumnado). Aporta tamén bibliografía e información na rede.

  • Emociones y educación. Qué son y cómo intervenir desde la escuela de Eva Adam, Jaume Cela, .... Ed. Graó, BarcelonaOs autores fan unha análise das emocións e a súa intervención nas distintas etapas educativas.

  • 10 ideas clave. La gestión de la diversidad cultural en la escuela de Essomba e Miguel Ángel Santos Guerra. Ed.Graó, Barcelona.
    Esta obra ofrece propostas e reflexiona sobre o punto de confluencia da interculturalidade e a inmigración.
    As ideas clave que se presentan axudan a responder a preguntas tales como:
    ¿Como debemos afrontar os conflictos que poden xurdir entre escola e familia inmigrada?, ¿cales on as bases para a transformación hacia un currículo intercultural?, ¿cal é o modelo lingüistico que favorecerá o desenvolvemento dunha escola intercultural?, ¿como enfocar a acción educativa que permita a construcción da identidade do alumnado do orixe inmigrado?, ¿cal é o rol da relixión na construcción da interculturalidade?

  • Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura de Antonio Bolivar. Ed Graó

  • Valores escolares y educación para la ciudadanía. Ed. Graó. (Con este vínculo accedemos ao Google Books onde podemos ler algún capítulo completo deste libro).

  • Aprendizaje servicio. Educar para la ciudadanía. J. M. Puig, R. Batlle, C. Bosch, J. Palos, Ed. Ortaedro

  • As mulleres na Filosofía de Inés Fernández Buján. Ed. Bahía.2006
    Na páxina do Instituto de la Mujer podemos acceder á serie Cadernos de Educación No Sexista onde podemos descargar en pdf un total de 20 cadernos.

  • Ni tu ni yo. Cómo llegar a acuerdos. Carles Mendieta, Olga Vela. Ed. Graó, Barcelona 2005.
    Pinchando no enlace podemos ler partes do libro.
    Xavier Laborda Gil fai tamén unha reseña do citado libro.

  • La mediación escolar. Una estrategia para abordar el conflicto. Miguel Vaquero, Ed. Graó, Barcelona 2003.(Con este vínculo accedemos ao blog de Miguel Vaquero e Silvia Hernández onde recollen materiais para a convivencia escolar e a súa mellora).

  • La clase. François Bégaudeau, El Aleph Editores, Barcelona 2008.
    Esta obra foi levada ao cine por Laurent Cantet. No seu blog El Adarve, Miguel Ángel Santos Guerra fai unha análise desta película.

sábado, 11 de abril de 2009

Naturax12

A web de Caixa Madrid puxo en marcha un novo portal chamado Naturax12, que recolle máis de 800 fotografías de ecosistemas españois. A páxina amosa escenas naturais con lugares medioambientais máis importantes de España centrándose no bosque, nas plantas e nos animais ibéricos.
A páxina está estructurada a modo de axenda: pulsando en cada un dos meses podemos ver unha serie de destinos propostos para esa época. Ten seccións sobre animais, prantas, bosques, clima, destinos e pegadas. Neste mes de abril proponnos unha visita ao Valle do Jerte e a celebración do Día da Terra (22) e do Día Internacional Sol-Tierra (27).
Este proxecto forma parte do programa de Medio Ambiente da Obra Social de Caixa Madrid, que ten como obxectivo contribuir a unha maior divulgación e conservación da natureza.
Para os que coma min están na casa, picando na icona dos camiñantes podedes facer unha viaxe virtual ao Valle del Jerte.

O fotógrafo Andoni Canela (Navarra,1969), é autor das fotografías recollidas na web e é colaborador habitual de publicacións de prestixio como National Geographic, Geo, Time, o Magazine de La Vanguardia e Newsweek. É autor de libros, como El Oso Pardo Cantábrico (Obra Social Caja Madrid y FOP, 2008) ou “Aether, la esencia de los 4 elementos”, Mediterrania, 2007.
Dende a súa web podemos acceder a traballos com impresionantes fotografías como "Mar de mares", en colaboración coa pintora Assumpció Mateu ou o magazine "Fauna Ibérica".

miércoles, 8 de abril de 2009

A muller na Arte

Visitando a web LESLIES`ARTGALLERY e pulsando no enlace Dixital Art podemos acceder a algunhas manifestacións deste tipo.
A Arte dixital é unha disciplina creativa que incluie obras nas que interveñen recursos dixitais, xa sexa no proceso de producción, na súa exhibición ou nos dous casos. Ao contrario do resto de obras artísticas que se manifestan sobre un soporte analóxico: lenzo, instrumento musical, material escultórico, etc, as obras de arte dixital manifestanse mediante soportes dixitais ou incluien tecnoloxía avanzada.
Como un bo exemplo desta disciplina citaremos a Women in Art que é un traballo de Plilip Scott Johnson, Eggman913, Missouri, Estados Unidos ,nominado como o vídeo máis creativo de YouTube no 2007 r que foi visto por máis de 5,3 millóns de visitantes suscitando máis de 10.000 comentarios no término de 2 meses.
Woman in Art é unh a obra impresionante consagrada á historia da arte a través da imaxe da muller. Coa música Suite nº 1 para Chelo de Bach interpretadapor Yo-Yo Ma consíguese un agradable regalo para os nosos sentidos.
Eggma913 creu outros videos interesantes, aos que pode accederse desde YouTube, co programa informático de “morphing” de imaxes FantaMorph de Abrosoft.
As obras de arte utilizadas para a creación da película “Women in Art” foron postas no índice por Boni, institutriz de novicias no "Fayetteville Technical Community College".

martes, 7 de abril de 2009

Educación para a cidadanía. Reseñas bibliográficas (I)

Aproveitando que o día está frío comezo a facer unha pequena selección de obras que pola súa temática poden servir de reflexión e utilidade para abordar a nosa labor cotiá. Abordarei, entre outras, temáticas que fan referencia a: resolución de conflictos, mediación escolar, igualdade de xénero, convivencia, valores, dereitos humanos, multiculturalidade e interculturalidade, fracaso escolar, competencia social e cidadá, cooperación,... Tamén poñerei enlaces a videos relacionados con algunhas obras, autores ou remas especiais:
Mal de escuela de Daniel Pennac. Ed. Mondadori, 2008
Mal de escuela aborda a cuestión da escola e a educación desde un punto de vista insólito, o dos alumnos fracasados. Daniel Pennac, prestixioso escritor francés sendo un pésimo estudiante na súa época mezcla así recordos autobiográficos e as súas reflexións acerca da pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, sobre a dor de ser un mal estudiante e a sede de aprendizaxe, sobre o sentimento de exclusión e o amor ao ensino. Con humor e tenrura, análise crítica e fórmulas efectivas, ofrece una brillante lección de intelixencia. Mal de escuela é a historia duhna metamorfose. De cómo un mal alumno chega a ser profesor e máis adiante un escritor renombrado.
No seguinte enlace podemos acceder a un video no que se ofrece unha entrevista a dito autor: Video entrevista
Las cinco mentes del futuro de Howard Gardner
Gardner propón cinco mentes que debemos desenvolver e axudar aos nosos fillos e xóvenes a desenvolver para enfrentarnos a un futuro cada vez máis complexo e esixente: a mente disciplinada, a mente sintética, a mente creativa, a mente respetuosa e a mente ética.
Howard Gardner and Five Minds for the Future ( www. video google.com)
Guía de mediación escolar de Mª Carme Boqué Torremorell. Ed. Octaedro
C
omprender os conflictos, comunicarse abertamente, recoñecer e expresar emocións e sentimentos, desenvolver habilidades de pensamento, participar activamente, convivir en paz e redescubrir os procesos de mediación constituien os eixes vertebradores desta obra. Desenvolve un programa de actividades orientadas principalmente hacia Primaria eSecundaria, a toda a comunidad educativa. Presentadas de manera sistemática, práctica e participativa, a súa finalidade é contribuir á construcción de actitudes e valores para a convivencia e crear un entramado humano onde superando as barrerias da incomprensión e a violencia, adultos e xóvenes disfruten do feito de ensinar e aprender.
Nos seguintes pdf podemos ler artigos da mesma autora:
Resolución de conflictos en el aula de Juan Vaello Orts
Este libro pretende aportar algunhas ideas prácticas que sirvan ao educador para afrontar esos conflictos desde un enfoque constructivoe formativo, é dicir, considerando cada conflicto como unha ocasión propicia para transmitir ao alumno habilidades sociais que contribuian á convivencia.
Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades de
Xesús R. Jares.
Ed. Xerais
Malia posuíren unha finalidade educativa en si mesmos, os xogos non son neutrais. A través deles podemos aprender uns valores determinados, de aí a importancia de seleccionalos. Os presentados en Técnicas e xogos cooperativos
para todas as idades teñen unha característica especial: aínda que habitualmente nos xogos a competitividade é o elemento que mantén a tensión, neste caso enfatízanse as estratexias cooperativas para a súa execución, de tal xeito que non hai gañadores nin perdedores; todos participan por igual sen quedar ninguén excluído. Estes xogos e dinámicas cooperativas foron utilizados en distintas situacións e con idades diferentes para construír grupos vertebrados desde o mutuo coñecemento, a confianza, a comunicación, a ledicia e a cooperación. Esta obra de Xesús R. Jares resultará moi útil para o profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e da Universidade, así como para os responsables das actividades de educación non formal, tempo libre, asociacionismo, etc. Do mesmo xeito, este libro tamén pode ser utilizado en grupos de diferentes tipoloxías: asociacións de pais e nais, asociacións veciñais, empresas, etc.

lunes, 6 de abril de 2009

Tag Galaxy

Tag Galaxy, é un buscador de imaxes Flickr.
Funciona introducindo o tag ou palabra e búscanos todo un mundo de imaxes atopadas. A forma de presentar os resultados é espectalcular: escribimos a palabra buscada e móstranos unha especie de planetario cunha estrela central e varios planetas xirando ao seu redor que representan tags relacionados. Buscando "Lugo" móstranos os planetas Galicia, Galiza, mar, beach, Ribadeo, Spain, sea, playa... No día de hoxe a cantidade de fotografías que proporciona é nada menos que de 18.883. Dentro deste tag podemos seleccionar por "mar" e atopei 336, de "praia" ten 227, de paisaxe" 337, etc.
Seleccionando un destes tags móstranos as imaxes nunha bola que podemos xirar en calquera sentido. Pulsando nunha foto podemos vela ampliada, xunto co texto que escribiu o autor ao subila.
Tamén relacionado con Flickr, non esquezades que ten unha ferramenta de busca avanzada que permite buscar imaxes con licencia Creative Commons, que poden ser moi útiles se as queremos empregar nos nosos traballos.

domingo, 5 de abril de 2009

A Maxia de Octavio Ocampo

Octavio Ocampo, artista nacido en Celaya Guanajuato (México 1943) estudiou na escola de pintura e escultura (La Esmeralda) Bellas Artes ( 1961 – 1965 ) e na de San Francisco Art Institute, de San Francisco, California (1972–1974).
Realizó a escenografía de máis de 120 películas mexicanas e norteamericanas, así como os deseños para numerosas obras de teatro. Participou en exposicións individuais en México, Estados Unidos, Canadá, Latinoamérica, Europa e Medio Oriente; así como en gran número de exposicións colectivas arredor do mundo.
A súa obra forma parte de importantes coleccións como: Instituto Nacional de Bellas Artes México, Jimmy Carter Museum Atlanta GA, Museo Reina Sofía de Madrid, Jane Fonda Collection.
Está considerado por moitos como o mellor artista que coa combinación de varias imaxes nunha consigue impresionantes ilusións ópticas. Cada cadro está formado por varias figuras con vida propia e independente formando unha nova obra.
Creador "metamórfico", dunha arte máis alá da forma. O espectador, segundo o seu punto de vista, pode ver, en cada instante, distintas composicións: podemos comprobar, por exemplo, como unha panadeira sentada diante dunha estantería que almacena estrambóticas formas de pan convírtese nunha tétrica calaveira. Da mesmo forma pintou retratos de personaxes políticos ou do espectáculo que murais 0u obras de caballete onde se esconden diversas figuras. Descubrir as formas superpostas brinda tamén un goce estético.
Na seguinte presentación podemos ver algunhas das súas reproduccións correspondentes aos seus cadros máis famosos.

jueves, 2 de abril de 2009

As webs e blogs de Carlos Sánchez-Montaña

Navegando pola rede descubrín os numerosos traballos que pon á nosa disposición o lucense Carlos Sánchez -Montaña, arquitecto na especialidade de Proxectos, Historia e Urbanismo pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. A continuación citarei algunha das súas páxinas e blogs nas que podemos pasar horas coa súa abundante e variada información.

Galicia Romana: Aspectos xerai sobre o territorio da Galicia Romana e da arquitectura executada neste periodo histórico. s. II aC. - V dC.

Lucus Augusti: Abundante información sobre a cidade sagrada de Augustu.Interpretación, entre outras cuestións, do porqué da forma da cidade, os seus límites, o porqué da forma da muralla nova e o posible emplazamento dos principais edificios da cidade romana.


Santa Eulalia de Bóveda: Traballo de investigación sobre o conxunto monumental de Santa Eulalia de Bóveda en Lugo. (Declarado monumento histórico-artístico o 3 de xuño de 1931). Monumento tardorromano de orixe pagana e posteriormente utilizado como baptisterio con decoración escultórica e pictórica.

AMPHITHEATRUM: Con esta páxina fai un percorrido polos circos, teatros e anfiteatros de España. Entre eles analiza: Terrao, Itálica, Corduba, Ampurias, etc, ata completar unha veintena de anfiteatros.

Outros estudos seus que visitei son os seguintes:
  • VITRUM: Investigación, de maneira caleidoscópica, sobre a enigmática figura do arquitecto romano do séculoI a.C., Marco Vitruvio Polion (Marcus Vitruvius Pollio).
  • CODEX CALLIS IANVS: A orixe do Camiño.
  • ASTURICA AUGUSTA: Sinopse do traballo de arqueoloxía urbana sobre a cidade romana de Astúrica Augusta e os seus principais elementos: o foro e o anfiteatro.
  • PEDRAS FORMOSAS: Traballo de investigación sobre os conxuntos monumentais das "Pedras Formosas" no N.O. peninsular.
  • As Penas de Rodas: Estudo sobre as construccións en granito, de orixe romano, situadas en Gaioso, Outeiro de Rei (Lugo).
  • El Tablero de Piedra: Blog con información e temas variados.
  • Leonardo código abierto: Sobre a figura de Leonardo.
  • OVETUM: Estudo do Oviedo antigo.
  • EL BOSQUE DE LUCH. Un lugar entre robles a las orillas del Miño.
Agardo que sexa do voso interese.