sábado, 30 de enero de 2010

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Dende 1964 vense celebrando o 30 de xaneiro o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Este día foi elexido en homenaxe a Mahatma Gandhi, que morreu asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
Déixovos coa canción de Victor Jara "O dereito a vivir en paz" nas voces de Luar na Lubre e Ismael Serrano.



El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrara
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.

Indochina es el lugar
mas allá del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm;
la luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.

Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar
es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz.

miércoles, 27 de enero de 2010

Concurso literario de imaxes

Concurso literario de imaxes 2010 é unha boa aplicación educativa de Flick, realizada no IES Manuel García Barros de A Estrada.
O alumnado deste centro está facendo unha galería de fotografías comentadas cun relato. Non coñezo as bases do concurso. A maioría dos relatos parecen redactados polo propio alumnado e as fotos e o o texto están comentados por Miguel Bugallo, profesor deste centro.
Tanto os textos como as imaxes teñen licencia Creative Commons by-sa.


Aproveito para comentar que na Aula virtual deste centro podemos atopar recursos para traballar as Ciencias Sociais en 1º de ESO e Historia Contemporánea para 1º de BACH.

miércoles, 20 de enero de 2010

Blog das TIC na clase de Ciencias Sociais

Dende o mes de novembro estase a celebrar en Pamplona o Seminario "A pizarra dixital na aula de CC.SS". Para que os participantes compartan ideas e materiais crearon o Blog das TIC na clase de Ciencias Sociais, con artigos sobre software e ferramentas web 2.0 que se poden utilizar nesta materia. Podemos ver información sobre Hot Potatoes, outros blogs, presentacións, Slideshare, Youtube...
Está coordinado por Pedro Oña, profesor do IES Felíx Rodríguez de la Fuente de Burgos e autor doutros blogs de aula das materias Historia e Xeografía.

viernes, 15 de enero de 2010

GigaPan

A Universidade Carnegie Mellon, en colaboración con Google e a Nasa, creou o sitio GigaPan onde se colocan fotografías a moi alta resolución e podemos navegar por elas de forma similar ao programa Google Earth.
As fotografías tómanse coa axuda do GigaPan EPIC, unha especie de brazo no que se acopla a cámara de fotos. Hai que indicar as coordenadas dunha diagonal da imaxe que queremos sacar e a máquina encárgase de sacar miles de fotos que despois se ensamblan para formar a panorámica. O aparatiño custa uns 300 dólares, así que de momento non está ao alcance de calquera.
O que sí podemos facer fácilmente é navegar polas fotos e marcar zoas que nos interesen. Para facer probas estiven marcando a tumba do Apóstolo e a imaxe de Santa Bárbara nesta magnífica fotografía da Catedral de Santiago sacada por Ilux.

Pasei horas apreciando todos os recunchos da fachada que nos explicou David Chao Castro na visita guiada arredor da Catedral nun curso de arte que fixen no pasado mes de outubro.
Outros lugares que visitei:
Non deixedes de visitar esta páxina. É moi divertido.

domingo, 10 de enero de 2010

Paseando polo Rato

No segundo día de neve, en vez de sacar fotos pola ventá, decidín baixar ao paseo do Rato a disfrutar da paisaxe. Estaba todo tan fermoso que pasei case toda a mañá paseando e sacando fotos sen cansar, ata que a fame obrigoume a volverá casa.
Aquí deixo algunhas das fotos que saquei e aproveito para utilizar a última ferramenta que atopei para colocar as presentacións: myPlick.

viernes, 8 de enero de 2010

Lugo dende a miña ventá




jueves, 7 de enero de 2010

Descubre Galicia

Na web descubregalicia.com podemos facer percorridos virtuais dos camiños de Santiago e por diferentes cidades e vilas galegas mediante fotografías de 360º e aéreas.
Pulsando no botón "inicio" dános a opción de facer unha navegación aérea coa axuda do Google Maps, un percorrido polas rúas das principais vilas mediante imaxes de 360º ou ver unha selección de videos. Tamén podemos acceder a datos da actividade socioeconómica de provincias, vilas... recompilados polo IGE (Instituto Galego de Estadística).
A páxina está feita pola Factoría Eurodigital (Pontevedra) co fin de promocionar o turismo durante o Xacobeo 2010 permitíndonos coñecer o patrimonio artístico, histórico e cultural de Galicia. Varias empresas, sobre todo do sector da hostalería, están facendo acordos coa Factoría Eurodigital para promocionar os seus negocios nesta páxina.
Coa mesma tecnoloxía desta web están construindo virtualplanet360.com con imaxes de cidades de España e outros países como Francia, Suiza, Portugal, Brasil, Italia...
Como exemplo dos materiais desta paxina poño dous videos da cidade de Lugo.



lunes, 4 de enero de 2010

Signoguías nos museos

No Museo do Prado podemos ver 15 obras coa súa explicación en lingua de signos.

Outros museos accesibles son o Museo Thyssen-Bornemisza que ofrece 21 obras neste momento, o Museo Nacional de Arte Romano e o Museo Nacional de Altamira.
Agardo que sexa do voso interese.