domingo, 27 de julio de 2008

Vídeos

En internet podemos atopar multitude de páxina de aloxamento de vídeos. A máis coñecida é Youtube, pero hai moitas máis. Moitos destes vídeos poden aproveitarse nas clases de Ciencias Sociais, pero temos que pasar moito tempo buscando e seleccionando.
En videoseducativos.es facilítannos a tarefa. É un proxecto da empresa Ad Libitum Distribución Audiovisual que se encarga de localizar vídeos educativos, clasificalos por materias e colocalos nun entorno que evite distraccións ao alumnado e nos facilite a descarga. No menú atopamos vídeos de arte (28 no momento de escribir este artigo), historia (33) e xeografía (16).
Tamén podemos atopar documentais completos. En bdmundo podemos velos das cadenas de televisión máis coñecidas: BBC, National Geographic, o progerama Redes de Televisíón Española, as guías Pilot... No menú ten clasificados documentais sobre Ciencias Sociais nas entradas sociedade, historia e viaxar.
Joan Ferrés fálanos de tres formas de utilizar os vídeos nas clases:
  • A video-lección, que pode usarse para transmitir contidos que precisan ser vistos e escoitados ou como apoio as explicacións dadas na aula.
  • O programa motivador, destinado a captar o interese do alumnado cara a un traballo que se fará despois de velo.
  • O video-apoio, empregado para ilustrar o discurso do profesor. Para esto quizais sexa necesario facer transformacións no vídeo orixinal: recortar un trociño, quitar o son...
En próximos artigos falarei das ferramentas que podemos empregar para descargar estes vídeos e facer algunha transformación sinxela.

sábado, 12 de julio de 2008

Coñecemento do medio no segundo ciclo de primaria

http://www.aehermes.org/costa21/unidades.html
É un conxunto de once unidades didácticas preparadas por un grupo de profesores andaluces. Cada unidade consta de catro apartados:
  • Contidos, no que se expón o tema.
  • Actividades, preparadas con Hot Potatoes.
  • Investigacións, en forma de cazas do tesoro ou misións virtuais.
  • Glosario, no que se recollen os termos da unidade que poden presentar maior dificultade.
Algunha das unidades didácticas desenroladas son Organización social, Poboación e traballo, Paisaxe e Paisaxes históricos.

miércoles, 9 de julio de 2008

Probas dun fotoblog con Nirudia

Estou facendo probas có Google Maps e ferramentas relacionadas. Con Nirudia pódense crear fotoblogs asociando unha fotografía ao seu lugar no mapa. Para utilizalo hai que empezar rexistrándose. Como en case todos os sitios fai falta ter unha dirección de correo e cubrir un formulario cós datos.

Para colocar unha foto pídenos os datos:
  • Nome e situación do arquivo no ordenador. Non probei que formatos colle, pero parece que os máis comúns (jpg, gif, png) non dan problemas. O tamaño debe ser menor de 5 Mb, o que quere dicir que case non hai limitación. O orixinal da foto que puxen no exemplo ten pouco máis de 1 a resolución 2300x1700. Decidín reducilo a 500x375 para que a colocación no fotoblog non fose eterna.
  • Colocación da imaxe no Google Maps. Pódese facer mediante as coordenadas (lonxitude e latitude do lugar) ou a ollo, facendo clic no mapa. O ideal sería buscar as coordenadas.
  • Título do artigo no fotoblog.
  • Categoría (tag). Puxen o lugar onde foi sacada a foto (Ancares). Nas fotos que vin hai clasificacións para todos os gustos (nosotros, a familia, excursión...). Pódense utilizar varias categorías.
  • Descrición da foto e/ou do lugar.
  • Licencia (copyright ou creative commons).

Ao final créase unha entrada nun blog no que se poden ver as fotos e os mapas. O que creei para o exemplo está en http://oblogdesociais.nirudia.com/. Xa solo falta encherlo con máis fotos e ir buscando aplicacións:
  • Facer que o alumnado traia unha foto do lugar onde pasou as vacacións e escriba unha descrición do sitio.
  • Falar na clase de varios monumentos para que localizen unha imaxe e a sitúen no mapa.
  • Rutas literarias, debuxando lugares descritos nun libro, escaneando as imaxes e colocándoas no blog.
Máis ideas?

oblogdesociais

domingo, 6 de julio de 2008

Currículos das materias humanísticas do Bacharelato

sábado, 5 de julio de 2008

Iman Maleki


O pintor iraní Imán Maleki, xenio do realismo, galardonado co premio "William Bouguereau e o premio "Chairmanás Choise" na II Competición Internacional del Art Renewal Center é considerado por moitos como o mellor pintor de arte realista do mundo.Nos seguintes enlaces podemos apreciar parte da súa obra marabillosa e links a outros pintores.
Páxina persoal

Boda campesina


Pois durante moitos anos tiven esta imaxe na cabeceira da cama. Alguén lla regalou ao meu pai e rematou alí colgada.
Sempre creín que era propadanda dalgún restaurante e acabo de enterarme de que é unha pintura de Pieter Brueghel o vello.
E é que unha morrerá ignorante por non preguntar polos obxectos que ve a diario.

Unha obra de arte diaria

http://arte.observatorio.info/
É unha web na que cada día se analiza unha obra de arte, destacando os detalles máis representativos e que axudan a súa comprensión. Pódense facer comentarios sobre as obras analizadas.
Tamén deixan colaborar facendo o análise dunha obra de arte. Explícante a ferramenta que usan para destacar os detalles e podes mandar propostas para incluír na páxina.

martes, 1 de julio de 2008

Enseñ-arte

http://aprendersociales.blogspot.com/
Enseñ-arte é un blog do profesor sevillano Juan Diego Caballero adicado á Historia da arte, sobre todoa 2º de Bacharelato. Asociado á páxina hai unha colección de presentacións en Slideshare: http://www.slideshare.net/juandi/slideshows.

Juan Diego ten outro blog adicado ao ensino da Historia: http://estudiarhistoria.blogspot.com/

Cursos de informática aplicada ás Ciencias Sociais

Enlaces a cursos de ferramentas informáticas nos que os autores explican a súas aplicacións nas clases de Ciencias Sociais. Nestes cursos podemos atoparinformación sobre: usos dos buscadores, WebQuest, cazas do tesouro, Power Point, pizarra dixital, gráficas, aprendizaxe por proxectos, etc.

A utilización de internet no ensino da historia de Juan Carlos Ocaña:
http://www.historiasiglo20.org/curso/

Curso de novas tecnoloxías para o profesorado de Ciencias Sociais de Fulgencio Murcia Belmonte: http://www.edukatic.com/curso/

Recursos para traballar con Google Earth

EDUTEKA: Google Earth nas clases de xeografía.
http://www.eduteka.org/GoogleEarth.php

EDUCARED:
Profesores Innovadores, especial setembro de 2006.
http://www.educared.net/ProfesoresInnovadores/especiales/verEspecial.asp?id=22

FORO GAIA:
Foro para compartir lugares, coordenadas e enlaces de Google Earthhttp://www.luisbeltran.com/forogaia/index.php

Proposta de actividades con Google Earth para clase de xeografía
http://www.eduteka.org/GoogleEarth2.php

A cidade da pintura

http://pintura.aut.org/
Pódense buscar cadros por autor, por museo, época ou escribindo un texto. As obras se representan a pantalla completa e pódense ampliar ata o 200%.

Geoeduca

http://www.lopedevega.es/users/juanjoromero/index.htm
Recompilación de recursos de Juanjo Romero, do IES Lope de Vega de Valencia. Están clasificados por cursos e ten un apartado de animacións e outro de técnicas de estudio.
Agardo que sexa do voso interese.