Onte chamáronme para avisarme de que na televisión galega estaban botando un programa sobre sendeirismo. Trátase de "
Botarse ao monte", programa que vai constar de 13 capítulos duns 25 minutos de duración onde o presentación José Touriñán vai percocorrer rutas da xeografía galega informándonos do seu trazado e aconsellando aos sendeiristas dándolle un toque de humor. Á noite falou da ruta dos bufadouros en Oleiros e para a próxima semana anunciou unha en Pena Trevinca.
O guíón e a dirección do programa é de Xosé Antón Moure e Fran Vello. Vaise emitir os luns ás 21:30.
Espero que o vaian poñendo na
Televisión á carta para poder ver con calma algún detalle das rutas e non andar pendente da hora nestas noites de verán.
Engadido: vexo que xa pode verse o
primeiro capítulo na Televisión á carta. Os programas engádense o día seguínte a súa emisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario