Entre as súas funcións está a formación e actualización dos mapas cartográficos e o mantemento do Sistema de Información Xeográfica Nacional. Para elo manteñen o Atlas Nacional de España, o Rexistro Central de Cartografía e o Nomenclator Xeográfico Nacional.
A Web o IGN é un bo lugar para atopar datos xeodésicos, cartográficos, sísmicos e volcánicos. Entre as ferramentas de esta páxina destacan:
- Acceso ao Atlas Nacional de España, sobre o que publicarei outro artigo próximamente.
- O visor de imaxes Iberpix, co que podemos calcular distancias, superficies e ver información dun lugar coñecendo as súas coordenadas.
- Consulta na base de datos da Cartoteca, lugar onde se conservan uns 100000 documentos: fondos cartográficos nacionais e internacionais, tanto xeográficos como temáticos. Destacan as follas do Mapa Topográfico Nacional en escalas 1:25000 e 1:50000. Tamén se poden consultar outras bases de datos cartográficas: DIGA (Directorio de Información Xeográfica), IDEE (Infraestructura de Datos Espaciais de España) e SIGNA (Sistema de Información Xeográfica Nacional).
- O Museo Virtual, cunha colección de imaxes de instrumentos topográficos, meteorolóxicos, astronómicos, etc. e unha sección de cartografía histórica con documentos entre os séculos XVI e XIX na que podemos buscar mediante tres índices: topográfico, onomástico e de materias.
- Consulta de información sobre terremotos e volcáns.
- Unha serie de cursos para facer online mediante unha plataforma Moodle. Este ano realizáronse este ano os cursos "Cartografía temática", "Infraestructuras de datos espaciais" e "Sistemas de información xeográfica" entre os meses de abril e maio.
- A miña amiga a Terra, unidades didácticas para últimos cursos de primaria e primeiro ciclo de secundaria sobre orientación no espacio, mapas e globos, sistema solar, litosfera, hidrosfera, atmósfera e biosfera (non me funcionaron co navegador Firefox).
No hay comentarios:
Publicar un comentario