O Atlas consta de 6 tomos ou 48 fascículos independentes. O índice toponómico está nun tomo independente. A escala dos mapas é de 1:500000. A partir do ano 2004 o Atlas distribúese como libro electrónico.
Actualmente están desenvolvendo o proxecto SIANE (Sistema de Información del Atlas Nacional de España) para crear unha ferramenta para a xestión, elaboración e publicación automatizada do Atlas. Un dos productos que pretenden obter con este sistema é a publicación na web mediante visualizadores interactivos e proporcionar servizos de geoposicionamento para a elaboración asistida de cartografía temática.
Na web do Atlas Nacional de España temos acceso a unha serie de táboas de datos xeográficos clasificadas en cinco apartados: datos xerais, datos de poboación, espacios naturais, datos de hidrografía e datos de orografía. Hai un enlace para a descarga de mapas temáticos pero non está activo.
Tamén hai dous recursos didacticos relacionados cos mapas:
- A poboación en España, no que mediante cartografías temáticas e gráficos pódese coñecer a realidade da poboación española, a súa distribución e organización, así como a caracterización dos diferentes espacios xeográficos (comunidades autónomas, provincias e principais cidades). Os contidos están organizados para os niveis de primaria, secundaria, bacharelato e universidade.
A miña impresión é que esta páxina non está rematada. Hai moitos materiais, pero é difícil atopar o mapa que necesitamos e faltan textos explicativos e actividades que den unha estructura de unidade didáctica. - España a través dos mapas. Preparado para a ESO e o 2º curso do Bacharelato. Os materiais están organizados en catro bloques: organización territorial, medio ambente, ocupación e procesos territoriais e desequilibrios territoriais. Partindo dun mapa temático faise unha explicación mediante un texto a través do cal pódese acceder aos materiais complementarios: táboas de datos, mapas, gráficos, animacións e actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario