Nationmaster é unha páxina en inglés na que podemos atopar información acerca de calquera país accedendo a súa situación xeográfica, aos seus censos, bandeiras, demografía, etc.
O seu creador di que vendo a páxina da CIA - The World Factbook pareceulle que os datos numéricos non teñen moito significado en si mesmos sen ferramentas que permitan comparalos cos doutros países ou relacionalos coa poboación. Así que buscou ferramentas que permiten extraer datos de distintas fontes e comparalas mediante a creación de gráficos. Na gráfica do exemplo pode verse unha comparativa da cantidade de habitantes nas cidades máis habitadas de cada país. Hai 30 categorías das que se poden ver estatísticas (industria, poboación, educación, mortalidade, xeografía, inmigración...) e en cada unha delas hai varios parámetros.
A páxina tamén ten unha sección dedicada á Educación Primaria e Secundaria cunha colección de lesson plans, indicacións de como usar os recursos da páxina nas clases e unha recopilación das preguntas máis frecuentes dos estudiantes.
Dentro da páxina podemos ver os artigos da Wikipedia na súa versión en inglés mediante un buscador ou un menú de termos relacionados coa temática do sitio, aínda que varios enlaces do menú deron erros cando os probei.
Hai unha barra de ferramentas que se pode instalar no navegador para acceder directamente ás distintas seccións da páxina, pero cando intentei instalala o meu Firefox negouse decindo que as actualizacións non son seguras. Chámame a atención unha característica desta barra: a posibilidade de buscar información no sitio facendo clic co botón dereito do rato en calquera palabra da páxina. Pero parece que vou quedar sen probala.
lunes, 9 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario