Na súa portada sinálase “o obxectivo desta web é facilitar ás persoas con discapacidade e as súas familias información sobre os diferentes recursos (servizos, centros, prestacións e axudas) dispoñibles nos diversos ámbitos da vida. As distintas opcións de busca permitiranlle identificalos, consultar os seus contidos, coñecer os requisitos de acceso e obter orientación sobre os procedementos e trámites necesarios para beneficiarse de cada un destes recursos”.
Guiadis ofrece catro buscadores:
- Situación do usuario: para facer buscas segundo o tipo de discapacidade (física, mental, intelecutual, auditiva, visual), a porcentaxe de discapacidade ou o grado de dependencia.
- Tipo de recurso: axudas técnicas, becas, beneficios fiscais, outras prestacións, prestacións da Seguridade Social, servizos. Tamén permite buscar segundo o tipo de entidade: administración do estado, comunidades autónomas, concellos, empresas, asociacións, fundacións...
- Área de aplicación: información, educación, saúde, protección económica, emprego, fiscalidade, lexislación, vivenda, movilidade e vida diaria, transporte, accesibilidade, cultura, deporte e turismo, atención e cuidado.
- Centros de atención: asociacións, centro de atención temprana, centro de día, centro de información, orientación e valoración, centro de rehabilitación laboral, centro de rehabilitación psicosocial, centro especial de emprego, centro ocupacional, federación, fundación, piso tutelado, residencia, confederación, administración da Seguridade Social, dirección provincial, información, orientación e prestación de servizos, cooperativa social, aulas de educación especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario