Son mapas nos que as superficies dos países modifícanse para facelas proporcionais a un fenómeno que se quere representar, por exemplo a tasa de natalidade. O país representado mantense recoñecible. Coñezo dous sitios que crean mapas deste tipo. Paréceme unha forma agradable de comprender o que representan os datos estatísticos.
Show®/World . É unha ferramenta presente en internet desde maio do 2008 que toma datos de organizacións como a Unesco, Amnistía Internacional, o Banco Mundial, Unicef... Podemos atopar uns 125 mapas clasificados nas categorías poboación, planeta, traballo, política e vida. Podemos descargar unha imaxe do mapa, unha animación que se pode colocar nun blog ou nunha páxina web ou baixar os datos no formato xls. Nesta animación represéntase o número de usuarios de internet. Pulsa na frecha do centro para que comeze.
Worldmapper . Máis de 300 mapas representando parámetros como a fabricación de coches ou ordenadores, o alumnado dos distintos niveis educativos, medios de comunicación, datos demográficos... A maioría dos datos para estes mapas foron tomados entre os anos 2002 e 2004. Os mapas poden localizarse en orde alfabética (en inglés), por categorías (educación, traballo, producción, relixión...) ou elixindo a miniatura. Pode descargarse unha imaxe nos formatos jpg e tiff ou un arquivo PDF no que podemos ver a imaxe e unha pequena explicación en inglés do representado no mapa. Tamén podemos descargar os datos en formato xls. Como exemplo poño unha gráfica onde se representan os prezos das vivendas
Con este blog pretendo amosar unha pequena selección de recursos, enlaces, acontecementos e novidades que agardo sexan de interese para o traballo na aula. Tamén serve de complemento ao traballo desenvolvido dentro da asesoría. Toda a persoa que queira colaborar pode mandar as súas aportacións a tamar.arias@gmail.com Moitas grazas polas vosas visitas, comentarios e aportacións. Marta Arias López
Emblema
Docente ABP
Emblema
Docente Evaluador
Emblema
Docente activo
Emblema
Emblema PLE docente
Emblema
Emblema MOOCafé
Emblema
Emblema Docente conectado
PLE de Marta
Blog do curso Entornos Personales de Aprendizaje
ARASAAC. Candidatura Premio Píncipe de Asturias 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario