Os museos tratados no artigo son:
- Hermitage Museum: ofrece visitas de 360º de case todas as salas, cunha descrición dalgunha das obras exhibidas. Tamén pódense contemplar vistas dos arredores d0 museo. Pódense facer buscas por tipo de obra, autor e título nunha colección dixital dos fondos do museo con imaxes de alta resolución.
- Louvre: Para as visitas virtuais é necesario ter instalado o programa QuickTime. Ao pasar enriba das obras móstrase unha breve ficha técnica da peza e pulsando nela pódese consultar máis información e ver as imaxes en alta resolución. O visitante pode crear un espazo persoal coas súas obras favoritas.
- Museos Vaticanos: Cada sala pódese visitar coa axuda de ferramentas que permiten xirar, acercar ou ampliar ou seu interior. É posible consultar a lista completa das obras expostas e as fichas descritivas das máis importantes.
- National Gallery: Ten arquivos de son, animacións e vídeos feitos por estudiantes do Central Saint Martin's College of Art and Design inspirándose nalgunha das obras do museo. Tamén hai audio tours e unha coleccion de pezas con imaxes en alta resolución.
- Rijksmuseum: De momento non é posible facer visitas virtuais. Ten unha colección dunha selección de obras do museo con fotos exhaustivas e imaxes das obras, que se poden ordenar seguindo diferentes criterios e ubicalas nunha liña de tempo.
- Thyssen-Bornemisza: facendo clic sobre as obras ábrese unha ficha coa información do catálogo e a biografía do artista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario