No programa provisional vexo varias conferencias que poden ser interesantes para o profesorado de sociais:
- A Kalipedia. Trátase dunha enciclopedia promovida pola editorial Santillana con contidos adaptados á ESO. Ten apartados de xeografía e historia.
- Análise dos valores nos medios de comunicación, nas aulas de CCSS e Educación para a Cidadanía. Na súa exposición Miguel Vázquez Freire fará unha análise dos valores transmitidos por diversos medios de comunicación e abordará estratexias para poder traballar nas aulas.
- Sistema de información xeográfica: unha ferramenta útil. Manuel Francisco Marey Pérez analizará as súas funcións, razóns e posibilidades da súa utilización.
- Google Earth. Temática abordada por Manuel Francisco Marey Pérez.
- Encerados dixitais. Na conferencia explícase o funcionamento da pizarra Smart Board e as súas aplicacións. Mariló soe poner algún exemplo de uso do Google Earth.
- Ensinar economía, xeografía e estatística co portal educativo do Instituto Galego de Estatística. Neste portal podemos atopar algunha unidade didáctica sobre xeografía como esta sobre o movemento natural da poboación.
- A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial: Un recurso educativo multimedia e interactivo en formato web. Xa falei sobre este traballo hai uns días no artigo sobre as colaboracións galegas no congreso "Internet en el aula".
- Seguimento GPS a través de Internet. Traballos con Google Maps.
- Premios Ediga: demostración dos traballos premiados. Máis actividades para o encerado dixital.
- Obradoiro LIM: LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA. O LIM é un programa para crear actividades como sopas de letras, encrucillados, galerías de imaxes e sons, completar textos... Podemos facernos unha idea do seu funcionamento vendo algunha das actividades da biblioteca, por exemplo, a paisaxe da costa de Cariño ou cidades.
- Proxecto Xogamos?. Recurso para a elaboración de xogos de pregunta-resposta. Como exemplo podedes ver este sobre Galicia.
- Galicia encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Antonio Reigosa Carreiras expoñerá os encantos desta páxina da que xa falei na data 14 de agosto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario