domingo, 27 de julio de 2008

Vídeos

En internet podemos atopar multitude de páxina de aloxamento de vídeos. A máis coñecida é Youtube, pero hai moitas máis. Moitos destes vídeos poden aproveitarse nas clases de Ciencias Sociais, pero temos que pasar moito tempo buscando e seleccionando.
En videoseducativos.es facilítannos a tarefa. É un proxecto da empresa Ad Libitum Distribución Audiovisual que se encarga de localizar vídeos educativos, clasificalos por materias e colocalos nun entorno que evite distraccións ao alumnado e nos facilite a descarga. No menú atopamos vídeos de arte (28 no momento de escribir este artigo), historia (33) e xeografía (16).
Tamén podemos atopar documentais completos. En bdmundo podemos velos das cadenas de televisión máis coñecidas: BBC, National Geographic, o progerama Redes de Televisíón Española, as guías Pilot... No menú ten clasificados documentais sobre Ciencias Sociais nas entradas sociedade, historia e viaxar.
Joan Ferrés fálanos de tres formas de utilizar os vídeos nas clases:
  • A video-lección, que pode usarse para transmitir contidos que precisan ser vistos e escoitados ou como apoio as explicacións dadas na aula.
  • O programa motivador, destinado a captar o interese do alumnado cara a un traballo que se fará despois de velo.
  • O video-apoio, empregado para ilustrar o discurso do profesor. Para esto quizais sexa necesario facer transformacións no vídeo orixinal: recortar un trociño, quitar o son...
En próximos artigos falarei das ferramentas que podemos empregar para descargar estes vídeos e facer algunha transformación sinxela.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.