Entre as categorías Coñecemento do medio natural, social cultural (primaria) e Ciencias sociais, xeografía e historia, arte (secundaria) atopei seis traballos feitos en Galicia:
- Blogs da coordinación TIC e de TIC do CPI Don Aurelio de Cuntis. Podemos atopar moitos recursos para o 3º ciclo da información primaria e recursos TIC.
- Climática, proxecto de educación ambiental para a sociedade das TIC e do cambio climático. Proxecto de educaión ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Consellería de Educación.
- A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial. Proxecto multidisciplinar feito no IES A Sangriña de A Guarda. "Esta web trata da auga, das súas propiedades, estructura, estados, ciclo…; dos ríos e as súas características, cuncas, vales, vertentes, fervenzas…; das máquinas hidráulicas tradicionais, muíños, batáns, ferrarías e serrarías, da súa historia, funcionamento, partes, tecnoloxía...; da literatura popular, acuática, paisaxística; refráns, romances de cego, pintura galega; xeometría…"
- As TIC como experiencia global de participación educativa e comunitaria. O caso do PPDB. O Proxecto Ponte dos Brozos realízase desde o ano 2002 en colexios e institutos de Arteixo por iniciativa da Fundación Amancio Ortega coa colaboracións das administracións local e autonómica.
- Patacablog. Ámbito Lingüístico Social e Orientación para alumnado de PDC (Programa de Diversificación Curricular). Blog que inclúe unha webquest realizado por un grupo de 3º do PDC do IES Auga de Laxe de Gondomar.
- Un taller de actualidade. Experiencia realizada no IES deTeis (Vigo) para reforzar o hábito lector e informativo. Ten fichas de traballo sobre imaxes na prensa, publicidade, dereitos humanos, análise crítico da prensa, selección da actualidade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario