Saltando de páxina en páxina nunha tarde de aburrimento atopei este blog, . Os únicos datos que teño do seu autor é que se chama Juan de Jesús e traballa no Centro Montessori de Educación Personalizada de Santo Domingo.No blog podemos atopar:
- Unha colección de webquest preparadas durante o curso 2008/09. O deseño está moi coidado, aínda que a carga é un pouco lenta. Non analicei o contido con calma, pero parece que traballa moito con mapas históricos e álbumes de imaxes.
- Encrucillados de historia, algúns preparados polo autor da páxina e outros atopados en internet.
- Mapas conceptuais
- Presentacións feitas polos seus alumos e alumnas.
- Os 14 libros da serie Historia Universal de Isaac Asimov en formato PDF.




No hay comentarios:
Publicar un comentario