
No último boletín de
Eduteka fala
deste proxecto colaborativo preparado por
ePals e traducido ao castelán por Eduteka. Os seus obxectivos son:
- Usar un mapa físico, un climático e un político para reunir información coa finalidade de formular e responder preguntas sobre un sitio determinado.
- Utilizar da mellor maneira os correos electrónicos para facer preguntas e atopar respostas, sobre a súa propia ubicación xeográfica e a de outras persoas.
- Prantexar preguntas sobre xeografía e obter información xeográfica usando unha linguaxe académica e diferentes tipos de mapas.
O proxecto está preparado para traballar nos centros asociados a ePals, pero é fácilmente modificable para adaptalo ás necesidades do noso centro e a outros cos que teñamos relación. Incluso, se non podemos atopar outros centros para facer o traballo, podemos centrarnos nos obxectivos xeográficos e cartográficos aproveitando a idea e os recursos enlazados na páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario