Co menú visitas podemos acceder a unhas fichas con información detallada de cada un dos parques: localización, mapa, impresos para solicitar autorizacións, información sobre instalacións e servizos, normas, municipios, patrimonio histórico e cultural, etc.
O apartado visita virtual permite ver imaxes da flora e fauna e coñecer as rutas máis destacadas.
Na páxina hai unha sección de descarga de cartografía na que podemos obter arquivos no formato shp para usar con calquera programa de manexo de información xeográfica, por exemplo o gvSIG. As capas que podemos obter son a zonificación, núcleos de poboación, carreteras, masas de auga, itinerarios de uso público e áreas recreativas.
A páxina complétase con catro xogos para o alumnado máis pequeno: o xogo dos contedores, ¿onde están os Parques?, ¿de que Parque é esta paisaxe? e ¿quen come a quen?
No hay comentarios:
Publicar un comentario