Hoxe é o último día das vacacións de verán. Para aproveitar o bo día que tivemos fun á praia da Frouxeira en Valdoviño. Estivo unha tarde fermosa que aproveitei para tomar o sol e rematar a última novela que estiven lendo esta semana.
Ao final do serán fun tomar un café ao restaurante da praia pensando na volta ao traballo.
Falando co camareiro que me atendeu coméntame: "hoxe remato o traballo. En setembro o restaurante só abre os fins de semana e xa ven pouca xente. Aquí so hai traballo no verán.". É unha boa persoa que sempre me atendeu con moita amabilidade e un sorriso.
Se antes viña algo apesarada polo remate das miñas vacacións, entristecinme máis pensando na paradóxica situación que se da: unhas persoas lamentándonos polo comezo do traballo e outras quedando sen el. E sentín que nos queixamos excesivamente por cousas sen importancia das que tiñamos que estar agradecidas.
Agardo que teña sorte e pronto estea traballando de novo. E os que voltamos mañá vaiamos cun gran sorriso.
lunes, 31 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Agardo que sexa do voso interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario