Ao final do serán fun tomar un café ao restaurante da praia pensando na volta ao traballo.
Falando co camareiro que me atendeu coméntame: "hoxe remato o traballo. En setembro o restaurante só abre os fins de semana e xa ven pouca xente. Aquí so hai traballo no verán.". É unha boa persoa que sempre me atendeu con moita amabilidade e un sorriso.
Se antes viña algo apesarada polo remate das miñas vacacións, entristecinme máis pensando na paradóxica situación que se da:
unhas persoas lamentándonos polo comezo do traballo e outras quedando sen el. E sentín que nos queixamos excesivamente por cousas sen importancia das que tiñamos que estar agradecidas.Agardo que teña sorte e pronto estea traballando de novo. E os que voltamos mañá vaiamos cun gran sorriso.







