Sigo buscando webquest para unir ao banco de recursos. Hoxe tocoulle o turno ao buscador da Berritzeguneak de Vitoria-Gasteiz. Aquí pódense buscar webquest e cazas do tesouro por área, nivel, idioma e data de incorporación ao buscador. Teñen moitos recursos clasificados nos anos 2004 e 2005, pero despois parece que tiveron un parón. Este ano retomaron o traballo no buscador e están clasificando máis webquest.
Algunhas das que me gustaron son:
- O Camiño Real: Regreso ao Futuro. Estudo da ruta que seguíu o explorador Juan de Oñate polos territorios de México, Texas e Novo México. Gústame a idea de comparar a ruta orixinal coa que se pode facer na actualidade. Antes de usala é necesario actualizar os enlaces: a webquest xa á moi vella (1997) e case todos os vínculos que probei non funcionan.
- O turismo rural. WQ de Ecobachillerato, no que se estudia a oferta de turismo rural. Está pensada para a economía do bacharelato, pero tamén é útil no estudo da xeografía porque tamén se buscan as características das zonas onde se asentas as casas de turismo rural. Na webquest propón o estudo do turismo na zona de Aragón, pero é fácilmente trasladable a Galicia.
- A gastronomía das nosas rexións. WQ para o ciclo superior de restauración no que se propón o estudo da gastronomía das distintas comunidades autónomas. Para aplicalo á xeografía require bastante traballo de relación entre os menús propostos e as características da zona.Pero sobre todo é unha pena perder o traballo de degustación que propón na webquest.
- Peregrinos de Santiago. Estudo do Camiño de Santiago desde os puntos de vista histórico, turístico e cartográfico. É un traballo dun profesor brasileiro para o ensino do español.
- Unha fin de semana en Londres. Propón a organización da viaxe dunha familia para pasar un fin de semana en Londres, tendo en conta a busca de actividades segundo os gustos de cada un dos membros da familia e do presuposto dispoñible. Co mesmo tema das viaxes tamén temos outros a Mallorca, e A Alcarria.
- Web Tour Multicolor. Unha viaxe en favor da tolerancia e o respeto cara outras culturas. WQ para 2º de ESO na que se estudian outras culturas desde cinco puntos de vista: historia, economía, dereitos humáns, arte e actualidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario