A través dun artigo en Aulablog 21 entérome dun traballo conxunto de Google e a revista Live para publicar na rede o catálogo de fotografías históricas da revista, a maioría non publicadas. Hai fotos desde 1750 ata os nosos días. Ainda que estas imaxes teñen copyright pódense usar libremente con fines educativos.Podemos atopar as fotografías en tres tamaños: miniatura, calidade media e alta calidade. A estas últimas chégase facendo clic na imaxe de calidade media.
Pódese chegar as imaxes mediante a clasificación por décadas da páxina principal ou utilizando a caixa de buscas, que é equivalente a engadir source:life ao buscador de imaxes de Google.
Outros sitios interesantes para buscar imaxes son:
- Biblioteca fotogràfica da Digital Library Project da Universidade de Berkley. Moitas das imaxes teñen copyright, aínda que ao ser varios os autores temos que mirar individualmente cada unha.
- Banco de imaxes do ISFTIC. Un clásico. Na páxina de contido da Xunta tamén hai un banco de imaxes, a maioría delas procedentes dos premios Siega.
- EveryStrockPhoto. É un buscador de imaxes con licencia Creative Commons.
- Photo Gallery. Outro buscador. Con este podemos atopar as imaxes Creative Commons aloxadas en Flickr.




No hay comentarios:
Publicar un comentario