domingo, 30 de noviembre de 2008

Gabriele Basilico. Intercity

Nesta mañá fría, despois de dar unhas voltas pola Muralla, decidín ir a ver a exposición "Intercity" de Gabriele Basilico no Centro Socio Cultural Fundación Caixa Galicia de Lugo e á que poderemos acudir ata o 1 de febreiro.
Gabriele Basilico (Milán 1944) é un fotógrafo italiano con formación de arquitecto que leva máis de 30 anos dedicado a fotografiar a arquitectura, a paisaxe urbana. Segundo o que el manifesta, sinte un especial interese polas marxes, as periferias ou as chamadas "zonas fronterizas".
Gañador, entre outros, do Premio Internacional de Fotografía de Arquitectura 2007 que concede a Fundación Astroc.
A súa obra reflexa a evolución das cidades, o crecemento desmesurado,o seu movemento, a súa diversidade, o cambio, os resultados da globalización e o absurdo da guerra. Toda a obra invita a unha reflexión sobre a fisonomía da paisaxe urbana e á contemplación pausada das cidades a través dos planos picados e contrapicados, do blanco e negro e do gran formato das obras.
A exposición complétase con visitas guiadas, video explicativo e talleres para escolares.
En total 36 fotografías que debemos contemplar.
Podemos atopar máis información nas seguintes páxinas:
No Xornal.com
Biografía
Entrevista
Outras obras

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.