Para colocar unha foto pídenos os datos:
- Nome e situación do arquivo no ordenador. Non probei que formatos colle, pero parece que os máis comúns (jpg, gif, png) non dan problemas. O tamaño debe ser menor de 5 Mb, o que quere dicir que case non hai limitación. O orixinal da foto que puxen no exemplo ten pouco máis de 1 a resolución 2300x1700. Decidín reducilo a 500x375 para que a colocación no fotoblog non fose eterna.
- Colocación da imaxe no Google Maps. Pódese facer mediante as coordenadas (lonxitude e latitude do lugar) ou a ollo, facendo clic no mapa. O ideal sería buscar as coordenadas.
- Título do artigo no fotoblog.
- Categoría (tag). Puxen o lugar onde foi sacada a foto (Ancares). Nas fotos que vin hai clasificacións para todos os gustos (nosotros, a familia, excursión...). Pódense utilizar varias categorías.
- Descrición da foto e/ou do lugar.
- Licencia (copyright ou creative commons).
Ao final créase unha entrada nun blog no que se poden ver as fotos e os mapas. O que creei para o exemplo está en http://oblogdesociais.nirudia.com/. Xa solo falta encherlo con máis fotos e ir buscando aplicacións:
- Facer que o alumnado traia unha foto do lugar onde pasou as vacacións e escriba unha descrición do sitio.
- Falar na clase de varios monumentos para que localizen unha imaxe e a sitúen no mapa.
- Rutas literarias, debuxando lugares descritos nun libro, escaneando as imaxes e colocándoas no blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario