Podemos votar por un dos 14 retos propostos por personalidades do mundo da ciencia e a innovación como Anna Cabré, Margarita Salas, Paulina Beato ou Jane Goodall. A votación está aberta ata 26 de maio e os resultados serán presentados aos ministros de Ciencia e Innovación durante o Consello de Competitividade da UE.
Entre os proxectos presentados están as tecnoloxías para axudar ás persoas maiores, tratamentos médicos personalizados grazas á xenética, cidades máis cómodas, accesibles e ecolóxicas, aproveitar as TIC e internet en beneficio da educación ou unha agricultura menos agresiva co medio ambiente.
Na páxina da axencia podemos ver vídeos onde se explican os retos e materiais para descargar.
Para promover a iniciativa entre os mozos e mozas hai un acceso para escolas onde podemos inscribir a nosa clase. Esta actividade está dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional e pretende a proposta de novos retos e a súa evaluación atendendo ao seu impacto sobre a poboación, factibilidade, coste e importancia social.
Os grupos escolares entrarán no sorteo dunha viaxe de 3 días para unha clase de estudantes de ata 35 persoas a un lugar de España no que se visitará unha grande instalación relacionada coa Ciencia e a Innovación.
Para realizar esta actividade é necesario descargar os materiais:
- Guía Didáctica
- Vídeo Didáctico (ver online)
- Video Retos (ver online: Parte 1 Parte 2)
No hay comentarios:
Publicar un comentario