No boletín informativo nº 29 da Consellería de Educación engadiron un cadro que, baixo o título "Traballar coa arte", ofrécenos unha serie de enlaces relacionados coa arte en Galicia. De momento hai catro páxinas vinculadas:
- Pintores de Galicia: dedicada á pintura e aos pintores contemporáneos galegos. Ten un listado dos artistas xunto ao seu lugar de nacemento e as técnicas empregadas. Podemos ver as biografías dalgúns deles. Supoño que pouco a pouco irán colocando as de todos. Tamén hai dúas pequenas seccións de escultores e fotógrafos.
Completan a páxina un listado de museos e fundacións, outro de galerías, información sobre concursos de pintura e unha sección de actualidade. - Colección Caixa Nova: onde podemos ver as obras da colección de arte de Caixa Nova. Pódense buscar por autor, obra, ano ou utilizar un buscador de palabras. Hai unha área didáctica e unha colección de obras preparadas para o seu estudio, pero non puden ver ningunha destas seccións debido ao seu mal funcionamento no Firefox.
- Sección de pintura de Cultura Galega: detallada información sobre artistas contemporáneos.
- Museos de Galicia: páxina do MUGA (Sistema Galego de Museos). Na portada vemos unha clasificación de museos por sectores: arqueolóxicos, arte contemporánea, etnográficos, ciencia e teconoloxía...
Para cada museo temos información sobre localización, horarios, prezo da visita, unha breve reseña da súa historia e o enlace á páxinas web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario