
O
Constructor é unha ferramenta de creación de contidos educativos dixitais creada no marco do
Proxecto Atenea da Junta de Extremadura. Pode xerar 47 modelos de actividades (encrucillados, dictados de palabras ou frases, emparellamentos, composicións musicais, reconstrucción de figuras...) de forma moi sinxela. Na páxina do programa hai un
curso para aprender a crear materiais con esta ferramenta.
Ten
versións para os sistemas Linux e Windows. Para usar os materiais creados non fai falta ter instalado o pro

grama: chega con ter un navegador e o plugin do Flash. Tamén pode ser necesario contar cun programa para descomprimir arquivos porque os materiais quedan empaquetados nun arquivo ZIP.
As actividades creadas co Constructor distribúense cunha licencia
Creative Commons que permite a copia da obra recoñecendo ao autor, sen empregala en usos comerciais e compartindo as modificacións coa mesma licencia.
No
catálogo de materiais podemos atopar actividades para todos os niveis educativos. En secundaria atopo
26 recursos para Ciencias Sociais e en primaria
74 recursos de Coñecemento do Medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario