
Na sección de educación de Consumer-Eroski están publicando unha
guía práctica de Museos de Belas Artes. De momento hai catro seccións:
- Os museos un a un, onde temos unha análise de 37 museos: características, servizos, exposicións previstas, información sobre horarios de apertura e prezos... Hai dous museos galegos: o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo de Belas Artes de A Coruña.
- Todas as exposicións, coa información sobre as exposicións en curso. Pódense buscar por mes, museo ou comunidade autónoma, pero estas ferramentas son bastante inútiles por que neste momento só hai catalogadas catro exposicións.
- Mirar, disfrutar e entender a arte, onde se expoñen os obxectivos desta guía.
- Museos de Belas Artes a exame, cunha análise do número de visitantes e prezos dos museos durante os anos 2007 e 2008.
No hay comentarios:
Publicar un comentario